Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17820

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022 pola que se resolve a publicación do emprazamento a todas as persoas que solicitaron concorrer ás probas selectivas convocadas pola Resolución do 15 de xullo de 2021, para cubrir prazas da escala auxiliar, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal funcionario (procedemento abreviado número 9/2022).

Mediante a Resolución reitoral do 3 de marzo de 2022 procederase a remitir ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado nº 9/2022, interposto por María Consolación Jacob Real contra a Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se convocan probas selectivas para cubrir prazas da escala auxiliar, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal funcionario (DOG do 29.7.2021); e ao emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que puidesen resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días, contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no antedito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela