Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos:

a) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.336.1196, remate da rede de saneamento en Pereiras, Mos (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.21030.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 7.735,00 euros. Importe total: 9.359,35 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 5.938,16 euros. Importe total: 7.185,17 euros.

Empresa contratista: Aquática Ingeniería Civil, S.L.

b) Título: gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica OH.336.1196, remate da rede de saneamento en Pereiras, Mos (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.21031.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en ingeniería civil.

Orzamento base: importe neto: 14.334,30 euros. Importe total: 17.344,50 euros.

Prazo de execución: 5 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.300,00 euros. Importe total: 17.303,00 euros.

Empresa contratista: Ingenia, Actividades de Ingeniería y Obra Civil, S.L.U.

c) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.227.681 mellora da rede de abastecemento de auga de Castro de Rei, fase 2, Castro de Rei (Lugo).

Clave do expediente: GA.21113.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 11.602,50 euros. Importe total: 14.039,03 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 7.503,45 euros. Importe total: 9.079,17 euros.

Empresa contratista: Ibersys Seguridad y Salud, S.L.

3. Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuacións referidas no punto 2 anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2022

Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia