Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2022 Páx. 18236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 19/2022, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 211, do 6 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 19/2022, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública