Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convoca a asemblea para a constitución da Xunta Xestora do monte de varas Montedollos, do concello do Irixo.

De conformidade co establecido no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócase para o día 9 de abril de 2022, ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda convocatoria, á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte de varas Montedollos (O Irixo), que terá lugar na Capela de San Marcos, lugar de Coucieiro, no Irixo, e de acordo coa seguinte orde do día:

1. Acordo de constitución da xunta xestora e aprobación de estatutos.

2. Elección dos membros integrantes da xunta xestora.

3. Rogos e preguntas.

A información relativa á dita asemblea estará dispoñible, para a súa consulta, nas oficinas municipais do Concello do Irixo.

Presentación de candidaturas para a constitución da xunta xestora:

• Prazo: ata o día 8 de abril de 2022.

• Lugar de presentación: oficinas municipais do Concello do Irixo.

De conformidade co establecido no artigo 45.5 da citada Lei 7/2012, a xunta xestora estará composta por un número impar de persoas, todas elas coa condición de propietarios, cun mínimo de tres e un máximo de sete.

Ourense, 4 de marzo de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense