Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4165/2021, 4166/2021, 4169/2021, 4171/2021, 4176/2021, 4027/2022, 4029/2022, 4030/2022, 4034/2022, 4035/2022 e 4037/2022, interpostos contra a Orde do 30 de setembro de 2021 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Ponteareas.

Neste centro directivo recibíronse oficios da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos 4165/2021, 4166/2021, 4169/2021, 4171/2021, 4176/2021, 4027/2022, 4029/2022, 4030/2022, 4034/2022, 4035/2022 e 4037/2022, interpostos contra a Orde do 30 de setembro de 2021, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Ponteareas, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo