Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18520

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2022 pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2021 (DOG núm.140, do 23 de xullo) convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

1. A base IV da convocatoria establece «rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo».

Durante este prazo as persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados na resolución de convocatoria, modificada pola Resolución do 12 de agosto (DOG núm. 159, do 19 de agosto), aos cales se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

A solicitude de postos de traballo deberá presentarse electronicamente, segundo o establecido na base II de Tramitación electrónica.

Entenderase que renuncian a participar no concurso todas aquelas persoas que formulasen unha solicitude de participación pero non presenten unha solicitude de elección de postos de traballo.

2. A base VI da convocatoria do concurso establece que os méritos e os requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso, isto é, o 13 de setembro de 2021, de acordo coa Resolución do 12 de agosto de 2021.

Así mesmo, establece os prazos para a xustificación da posesión dos méritos e requisitos e describe o procedemento que se debe seguir para a súa acreditación.

3. Os prazos habilitados para a presentación das solicitudes de participación e a xustificación dos méritos e requisitos comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e detállanse no seguinte cadro resumo:

Descrición

Prazo

Período

Observacións

Presentación das solicitudes de elección de postos

15 días hábiles

Desde o 21.3.2022
ata o 8.4.2022

Base IV da convocatoria do concurso

Xeración do impreso de emenda de méritos

15 días hábiles

Desde o 21.3.2022
ata o 8.4.2022

Base VI.2 da convocatoria do concurso

Expedición do certificado de méritos

45 días hábiles

Desde o 21.3.2022
ata o 25.5.2022

Base VI.2 da convocatoria do concurso

Presentación do certificado de méritos

50 días hábiles

Desde o 21.3.2022
ata o 1.6.2022.

Base VI.2 da convocatoria do concurso

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública