Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de marzo de 2022 polo que se notifica a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/128/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 3 de febreiro de 2022, incoar expediente de reposición sancionador e de restitución e reposición da legalidade por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes nas obras de construción de muro de peche, piscina cuberta, soleira, edificación residencial e edificación auxiliar, no lugar de Espiñeiro, no termo municipal da Illa de Arousa, provincia de Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares dos documentos nacionais de identidade número 35397838-X e 35420293-V, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, no caso de que non tivesen por certos os feitos descritos nesta resolución, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 211.8 do Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas, e no artigo 77 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística