Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022 polo que se dá publicidade da declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo por cesamento.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial. Os altos cargos do Consello de Contas de Galicia, por remisión do artigo 12.7 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, están incluídos na mesma obriga e deben facelo no modelo que aprobe o Pleno da institución.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa sesión do 27 de xaneiro de 2016, aprobou como anexos I, II, III e IV os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 44, do 4 de marzo).

En virtude do Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 1 de febreiro de 2022, Begoña Villaverde Gómez cesou no cargo de conselleira do Consello de Contas de Galicia e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de altos cargos do Consello de Contas de Galicia.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu cesamento, e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación da declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2022

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas

ANEXO

Declaración por cesamento

• Titular do cargo: Begoña Villaverde Gómez.

• Cargo público orixe da declaración: conselleira.

• Motivo da declaración: cesamento.

• Declaración de bens:

I. Activo:

a) Bens inmobles (segundo o seu valor catastral): 70.972,89 €.

b) Valor total doutros bens: 66.718,36 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 2.592,78 €.