Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18914

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa

ANUNCIO do 10 de decembro de 2021 polo que se convocan bolsas de investigación internacional.

A Fundación Barrié comunica a apertura do prazo de inscrición da segunda convocatoria do Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa de bolsas de investigación internacional durante o verán, co obxectivo de que estudantes universitarios galegos poidan adquirir experiencia en institucións de referencia internacional, incrementar os seus coñecementos e orientar a súa carreira profesional.

Datas do prazo de inscrición: do 2 de xaneiro de 2022 ao 21 de marzo de 2022. Bases e inscrición en www.fbarrie.org

Así mesmo, convócase a primeira edición do Postdoctoral Fellowship Program para investigadores galegos na área de ciencias da vida.

Datas do prazo de inscrición: do 10 de decembro de 2021 e sen data de peche.

Bases e inscrición en www.fbarrie.org

A Coruña, 10 de decembro de 2021

Juan Antonio Rioboo Lata
Interventor xeral da Fundación
Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa