Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18843

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a de grupo de Calidade, convocado mediante a Resolución do 18 de novembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 2 de decembro).

Convocada mediante Resolución do 18 de novembro de 2021 (DOG nº 232, do 2 de decembro) a provisión do posto de xefe de grupo de Calidade, esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe de grupo de Calidade, convocado mediante a Resolución do 18 de novembro de 2021 (DOG nº 232, do 2 de decembro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo I desta resolución.

Terceiro. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, o no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos del Servizo Galego de Saúde, nun prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Denominación do posto: xefe de grupo de Calidade.

Nome e apelidos: Edicta Rodríguez García.

DNI: ***0364** (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.