Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 16 de marzo de 2022 de notificación no procedemento disciplinario 1/2022, prego de cargos.

Unha vez tentada sen éxito a notificación administrativa no domicilio da persoa interesada e na sede electrónica, nos termos dos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, logo de acreditación da súa identidade ou da representación conferida mediante calquera medio válido dos admitidos no ordenamento xurídico, durante o prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, nas dependencias do Servizo de Apoio Técnico (planta baixa) da Secretaría Xeral da Presidencia, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Considerarase efectuada a notificación a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Segundo o disposto no artigo 30.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o prazo de dez (10) días para contestar a este prego de cargos, establecido no artigo 23 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario do persoal funcionario, computarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Expediente disciplinario DIS 1/2022.

Persoa interesada: 34892125K.

Acto de notificación: prego de cargos.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2022

Eva María Sanín Mariño
Instrutora