Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18647

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de marzo de 2022 pola que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo, así como pola adaptación ás escalas e especialidades dos corpos da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia recollidos na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e a incardinación en áreas funcionais conforme o recollido na Orde do 10 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, se aproba o modelo e se ditan instrucións para cubrilo (Diario Oficial de Galicia núm. 90, do 11 de maio).

En consecuencia, por proposta da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de marzo de 2022, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primero. Aprobar a relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación das relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

MA.K19.10.000.15001.001

XEFATURA SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA NA CORUÑA

Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou

inspección administrativa da Xunta de Galicia.

MA.K19.10.000.27001.001

XEFATURA SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA EN LUGO

Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou

inspección administrativa da Xunta de Galicia.

MA.K19.10.000.32001.001

XEFATURA SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA EN OURENSE

Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou

inspección administrativa da Xunta de Galicia.

MA.K19.10.000.36001.001

XEFATURA SERVIZO PROVINCIAL DA AXENCIA EN PONTEVEDRA

Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou

inspección administrativa da Xunta de Galicia.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de marzo de 2022, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file