Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2022 Páx. 18906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de incoación de execución subsidiaria por incumprimento da orde de execución de limpeza de predios (expediente 1122/2021-URB 37/21).

En ausencia de domicilio coñecido para efectos de notificacións, faise público o inicio da execución subsidiaria por incumprimento de orde de execución.

Ditada orde de execución de limpeza de predios, ao abeiro do previsto no artigo 22 da Lei 3/2007, polo Decreto 482/2021, contra varios propietarios de parcelas no polígono 11 da Serra Seca, Viladesuso (Oia), e rematado o prazo concedido para a limpeza, quince (15) días hábiles, compróbase o incumprimento polo que respecta ás parcelas 151 e 153 do polígono 11 da Serra Seca, Viladesuso, en informe técnico municipal do 30 de novembro de 2021, que propón o inicio da execución subsidiaria, de acordo co 22.4 da Lei 3/2007, con cálculo dos custos que se repercutirán aos titulares.

En uso das facultades que me confire a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da orde de execución imposta polo Decreto 482/2021, do 6 de outubro, contra os titulares que seguen, polas parcelas referidas, calculándose os custos que xerará a limpeza:

Nº expediente

Referencia catastral

Data publicación

Parroquia

Lugar/polígono/parcela

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa

Data de constatación do incumprimento

Persoa responsable

1122/21-URB/37/21

36036A011001510000QA

BOE do 13.9.2021

DOG do 15.9.2021

Viladesuso

A Serra Seca/11/151

0,0343

135,69 €

13.10.2021

José Granja Rodríguez

1122/2021-URB/37/21

36036A011001530000QY

BOE do 13.9.2021

DOG do 15.9.2021

Viladesuso

A Serra Seca/11/153

0,0405

160,22 €

13.10.2021

José Cerqueira

Segundo. Esta resolución constitúe liquidación provisional en voluntaria dos custos que deberán aboar os obrigados, cos prazos de pagamento previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de corta e roza.

Terceiro. Identificar, como interesados no expediente o/os seguinte/s propietario/s:

José Cerqueira, parcela 153 (36036A011001530000QY).

José Granja Rodríguez, parcela 151 (36036A011001510000QA).

Cuarto. Ordenar a publicación de anuncio desta resolución no BOE e no DOG, que substituirá a notificación persoal, por ser descoñecidos os enderezos dos titulares.

Este acordo pon fin á vía administrativa, polo que pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non quere exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ademais, e polo que respecta á liquidación en voluntaria, requíreselle o pagamento mediante ingreso na conta bancaria municipal aberta a nome do Concello de Oia en Abanca, número ES86/2080/5080/4130/4000/1001, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 de mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de impagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Oia, 24 de febreiro de 2022

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa