Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento administrativo BS210A (expediente LU-0000044826 e doce máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois dos intentos da notificación realizados sen que fose posible efectuala por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación dos acordos de inicio ditados nos procedementos de reintegro de prestacións relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou as persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade de Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Tras a notificación por comparecencia, as persoas interesadas poderán presentar ante a persoa instrutora cantas alegacións, documentos e informes consideren convenientes en relación co acordo de inicio, de conformidade co Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e a Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 7 de febreiro de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000044826

X0209957J

Acordo de inicio

29.6.2021

LU-0000021813

33721662M

Acordo de inicio

26.5.2021

LU-0000044919

76607920A

Acordo de inicio

29.6.2021

LU-0000042976

33725233B

Acordo de inicio

31.8.2021

LU-0000046536

32496500F

Acordo de inicio

25.11.2021

LU-0000050855

33799606W

Acordo de inicio

5.11.2021

LU-0000046864

03040811G

Acordo de inicio

5.11.2021

LU-0000045275

33778375T

Acordo de inicio

19.11.2021

LU-0000049786

76577254L

Acordo de inicio

3.9.2021

LU-0000040618

14339561G

Acordo de inicio

28.6.2021

LU-0000032091

10534012N

Acordo de inicio

25.6.2021

LU-0000034772

35424830T

Acordo de inicio

19.11.2021

LU-0000048437

33036032M

Acordo de inicio

19.11.2021