Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2021-00004269 e doce máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos de conformidade co establecido na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021.

Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través da persoa que as represente legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, as cales terán á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e que contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer o recurso de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2021-00004269

79340861S

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00005466

54159591L

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00006058

Y8136645H

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00006397

Y2426927G

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00010862

76733584H

Resolución do 1.12.2021

BS403B-2021-00011292

71021601Q

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00011912

77418672M

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00012373

53172401N

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00012374

32721376N

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00012460

Y8004707P

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00012477

53185363W

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00012627

76583200P

Resolución do 12.1.2022

BS403B-2021-00012756

36163682T

Resolución do 12.1.2022