Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 9 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2021/0328-4 e un máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelos no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2021/0328-4.

Acta: I362012000050830.

Empresa: Francisco J. Cajiao Barroso.

Enderezo: avda. Virxinia Pereira Renda, 15, Pontevedra.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 12, 34.9 e 35 do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lei 2/2015, do 23 de outubro, e artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Preceptos sancionadores: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 14.2.2022.

Resolución: multa de 626 €.

Expediente: RL 2021/0338-4.

Acta: I362021000050729.

Empresa: Francisco J. Cajiao Barroso.

Enderezo: avda. Virxinia Pereira Renda, 15, Pontevedra.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigo 12.1.a), 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 14.2.2022.

Resolución: multa de 2.046 €.

Vigo, 9 de marzo de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra