Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 18985

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT207E).

BDNS (Identif.): 615842.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas autónomas ou xurídicas que estean constituídas como produtoras independentes no momento de presentaren a solicitude e sexan residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

Segundo. Finalidade

Aprobar as bases que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución de 8 de marzo de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras, en régimen de concurrencia competitiva, para la concesión de subvenciones a la creación audiovisual para la promoción del talento audiovisual gallego, y se convocan para el año 2022 (código de procedimiento CT207E).

Cuarto Importe

Para a concesión das subvencións destínase un crédito global de 194.000 euros, correspondente ás aplicacións seguintes dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais, que irán repartidas, 66.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 2021.10.A1.432B.480.0. da anualidade 2022 e 128.000 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, distribuídos en dúas anualidades: 15.000 euros da anualidade 2022 e 113.000 euros da anualidade 2023.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais