Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante a Resolución de Alcaldía nº 2022-0333, do 14 de marzo de 2022, o Concello da Estrada resolveu o seguinte:

Primeiro. Nomear a Aarón Javier Cabado Vázquez, con DNI **8258**, funcionario de carreira deste concello para ocupar en propiedade unha praza de auxiliar de biblioteca, integrada no grupo C1, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais.

Segundo. Publicar o nomeamento no DOG, de conformidade co disposto no artigo 60.c) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Terceiro. Trasladar a resolución ao interesado, que deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no DOG, indicándolle que, en caso que non o faga, poderá ser declarado en situación cesante e, consecuentemente, decaído no seu dereito.

A Estrada, 14 de marzo de 2022

José C. López Campos
Alcalde