Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2022 Páx. 19072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Celanova

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei:

Expediente

1999/2021

Referencia catastral

32025A503050810000MI

Situación

AL FECHAS Pl:00 Pt:01 Polígono 503 Parcela 5081 Cabanas. Celanova (Ourense)

Expediente

87/2022

Referencia catastral

32025A065000770000QD

Situación

Polígono 65 Parcela 77 Traseiras. Celanova (Ourense)

Expediente

1224/2019

Referencia catastral

32025A243001700000LD

Situación

Polígono 243 Parcela 170 Cortiña. Celanova (Ourense)

Expediente

1224/2019

Referencia catastral

32025A243001740000LE

Situación

Polígono 243 Parcela 174 Cortiña. Celanova (Ourense)

Expediente

1224/2019

Referencia catastral

32025A243001750000LS

Situación

Polígono 243 Parcela 175 Cortiña. Celanova (Ourense)

Expediente

1224/2019

Referencia catastral

32025A508005100000ML

Situación

Polígono 508 Parcela 510 Parcelaria. Celanova (Ourense)

En consecuencia, comunícaselles ás persoas que resulten responsables conforme o artigo 21.ter da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o seu deber de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas, e concedéselles un prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para facelo, co apercibimento e a advertencia de que:

1º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, este concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas, retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

2º. No caso de proceder a execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados, de ser o caso, os traballos. A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

3º. En caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia):

– O Concello de Celanova, nos supostos de incumprimento dos deberes de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas, nas redes de faixas secundarias de xestión da biomasa e ao redor das novas instalacións urbanizacións e edificacións, sempre que se atopen en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.

– A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en todos os demais casos (solo rústico).

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Celanova, 9 de marzo de 2022

Antonio Puga Rodríguez
Alcalde