Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2022 Páx. 19360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 8 de marzo de 2022 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 79 do polígono 22, do termo municipal de Brión (CFA 025/2021).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 8 de marzo de 2022, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 79 do polígono 22, do termo municipal de Brión. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe favorable de impacto ambiental foi emitido con data do 7 de marzo de 2022.

A resolución está dispoñible para a súa consulta na sede electrónica desta Consellería do Medio Rural, a que se pode acceder a través da ligazón seguinte: https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios

A Coruña, 11 de marzo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña