De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña:
«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.
Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º, da Coruña.
Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Planificación e Xestión Educativa do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.
Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente.
No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».
A Coruña, 4 de febreiro de 2022
Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
NIF: 58038877X.
Importe: 260,00 euros.
Curso: 2019/20.
Causa: 1.10.
NIF: 44848066K.
Importe: 375,24 euros.
Curso: 2019/20.
Causa: 1.10.
NIF: 53716362T.
Importe: 260,00 euros.
Curso: 2019/20.
Causa: 1.10.
NIF: 54158390Z.
Importe: 2.213,55 euros.
Curso: 2019/20.
Causa: 1.10.
NIE: X7103687E.
Importe: 2.227,53 euros.
Curso: 2019/20.
Causa: 1.1.
NIF: 33556615Y.
Importe: 2.187,53 euros.
Curso: 2020/21.
Causa: 16.1.