Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 24 de marzo de 2022 Páx. 19589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO de 10 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto, acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto eléctrico denominado LMT cambio de sección FRI808 CT A Igrexa, no concello da Cañiza.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar …», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de pagamento do prezo xusto polas imposicións de servidume de paso para a execución do proxecto eléctrico denominado LMT cambio sección FRI808 CT A Igrexa, no concello da Cañiza, acto que se realizará nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 10 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/716-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT cambio sección FRI808 CT A Igrexa.

Concello: A Cañiza.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

6

Lamaceiros

Hrdos. Manuel Rodríguez Teijeira

22.3.2022

11.00 horas

8

Alameda

MVMC da Igrexa e outros

22.3.2022

11.00 horas