Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 24 de marzo de 2022 Páx. 19456

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo), modificada pola Resolución do 8 de setembro de 2021 (DOG núm. 176, do 13 de setembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, adoptar o seguinte acordo:

Convócanse as persoas aspirantes das especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, para a realización do terceiro exercicio do proceso selectivo o día 28 de marzo 2022, ás 16.00 horas, en chamamento único, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pode consultarse no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2022

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal