Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 24 de marzo de 2022 Páx. 19608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 39, do 25 de febreiro de 2022, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de técnico de Administración xeral (rama xurídica), pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, nivel 27, código RPT 01.00.00.03, a través do proceso selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 25 de febreiro de 2022

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde