Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 24 de marzo de 2022 Páx. 19605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de modificación das bases de selección dunha praza de traballador/a social.

No BOP nº 28, do 10 de febreiro de 2022, figuran as bases do proceso de selección dunha praza de traballador/a social do Concello da Guarda, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición libre, aprobadas por Resolución da Alcaldía núm. 2022-0053, do 24 de xaneiro de 2022.

Presentada impugnación ás bases polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e estimada esta, para recoller como mérito a valoración da formación impartida por colexios profesionais, e non téndose iniciado o prazo de presentación de instancias, modifícase o número 1.a) da base oitava, que quedaría redactado como segue:

«1. Concurso:

a) Formación na praza obxecto da convocatoria, cun máximo de 8 puntos, nos seguintes termos:

Pola participación, como asistente ou docente, en cursos de formación e perfeccionamento relacionados coa praza a que se opta organizados ou homologados polas administracións públicas, escolas oficiais da administración pública e/ou universidades, INEM, colexios profesionais, formación continua do AFCA (Acordo de formación continua para as administracións públicas) ou formación ocupacional segundo o baremo seguinte: (non serán obxecto de valoración os cursos impartidos por academias privadas se non se xustifica a homologación):

– Cursos de 20 horas a 39 horas: 0,10 puntos.

– Cursos de 40 horas a 59 horas: 0,20 puntos.

– Cursos de 60 horas a 99 horas: 0,35 puntos.

– Cursos de 100 horas a 149 horas: 0,50 puntos.

– Cursos de máis de 150 horas: 1 puntos».

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte ( 20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do último anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia ou no BOE.

O texto íntegro das bases modificadas publicarase na sede electrónica do Concello da Guarda www.aguarda.sedelectronica.gal

A Guarda, 3 de marzo de 2022

Antonio Lomba Baz
Alcalde