Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (Diario Oficial de Galicia número 2, do 4 de xaneiro de 2022).

O día 4 de xaneiro de 2022, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

Segundo o establecido no punto 6 do artigo 13 da citada orde todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nesta notificación os beneficiarios serán informados de que se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, medida 8.2 do PDR de Galicia e a súa selección segundo os criterios establecidos no artigo 1, concorrencia non competitiva.

De conformidade co establecido no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpoñelos; ademais, reflectirá que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e o eixe prioritario do programa de desenvolvemento rural de que se trata.

En virtude do artigo 2 da Orde do 17 de novembro de 2015 sobre delegación de competencias en diversos órganos da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 223, do 23 de novembro), o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ACORDA:

A publicación do contido da Resolución do 9 de marzo de 2022 das axudas concedidas con cargo ao código de proxecto 14.03.713 B.770.0, CP 2016 00208, e tamén daquelas desestimadas ao abeiro da Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea; foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión
(http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

A orde estableceu unha liña de axuda obxecto de subvención, a cal se corresponde coa medida 8.2 (establecemento e mantemento de sistemas agroforestais), prioridade 4 do PDR 2014-2020:

O anexo I relaciona a listaxe daquelas axudas solicitadas que foron concedidas e o anexo II presenta aquelas axudas desestimadas coa indicación das causas da desestimación. Estas listaxes atópanse na páxina web da Consellería do Medio Rural.

As axudas concedidas, dispostas no anexo I, deberán:

1. Presentar cada ano (2022, 2023 e 2024) coa solicitude única da Política Agraria Común (Orde anual pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control), a solicitude de pagamento e a xustificación dos traballos, e xunto coa seguinte documentación deberá achegar, segundo o disposto no artigo 15 da dita orde de axudas:

A. Os xustificantes de gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) de acordo co indicado no anexo VI da orde.

B. No caso de cesión do dereito de cobranza da axuda cun terceiro:

– Comunicación de cesión do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo V desta orde. No caso de que o cesionario do dereito de cobramento sexa unha CMVMC, o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade, pero deberá constar o certificado do/da secretario/a da comunidade en que indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente para asinar a dita cesión de cobramento.

– Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público, xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

– Copia do DNI/NIF/NIE en vigor da persoa cesionaria, só no caso de denegar expresamente a súa verificación.

– Copia do NIF en vigor da entidade cesionaria, excepto autorización para a súa obtención á Administración.

C. Declaración de non ter concedidas ou solicitadas outras axudas ou, de telas, indicación de cales son.

2. A prima definitiva será a resultante da comprobación final realizada por funcionarios da consellería competente no medio rural. Por mor desa comprobación, deberase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente sempre que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

Contra a resolución que se publica cabe a interposición de recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO I

Listado axudas concedidas

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

17270164/2022

***1976**

Olga Álvarez González

1.416,00 €

Desagregación dos traballos aprobados

Ano

Especie

Superficie

Importe subvencionado

2022

B28

1,18 ha

472,00 €

2023

B28

1,18 ha

472,00 €

2024

B28

1,18 ha

472,00 €

Parcela

Referencia Sixpac

Campaña Sixpac

Superficie actuación

Especie

1

27036 00 00 018 00060 001

2016

1,18 ha

B28

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

17270165/2022

***1582**

María Luz González López

1.200,00 €

Desagregación dos traballos aprobados

Ano

Especie

Superficie

Importe subvencionado

2022

B28

1,00 ha

400,00 €

2023

B28

1,00 ha

400,00 €

2024

B28

1,00 ha

400,00 €

Parcela

Referencia Sixpac

Campaña Sixpac

Superficie actuación

Especie

1

27047 00 00 007 00461 001

2016

1,00 ha

B28

ANEXO II

Listado axudas desestimadas

Expediente

CIF/NIF

Solicitante

Motivo desestimación

17150036/2022

***4486**

Finca Capeáns, S.L.

Non cumpre cos requisitos establecidos para ser beneficiario (artigo 3.1)

17270006/2022

***2890**

CMVMC Gándaras de Castro, Coutado e Campela

Non cumpre cos requisitos establecidos para ser beneficiario (artigo 3.1)