Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2022 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Campus Tecnolóxico Cortizo e se declara a súa utilidade pública para os efectos expropiatorios, así como das disposicións normativas contidas nel.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2022 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Campus Tecnolóxico Cortizo e se declara a súa utilidade pública para os efectos expropiatorios, que se recolle como anexo I a esta resolución.

Así mesmo, de conformidade co establecido no artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, publícanse como anexo II a esta resolución as disposicións normativas do citado proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

De acordo co exixido no artigo 32 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, facilítase a seguinte información:

• Mediante o Anuncio do 11 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (publicado no DOG núm. 39, do 26 de febreiro), fíxose público o informe ambiental estratéxico do citado proxecto sectorial, formulado pola dita dirección xeral mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2021.

• O citado proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, debidamente dilixenciado para facer constar a súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia, estará á disposición do público no seguinte enderezo da internet: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-industriais

Contra o devandito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2022

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO I

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2022 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Campus Tecnolóxico Cortizo e se declara a súa utilidade pública
para os efectos expropiatorios

Feitos:

1. O 19.5.2020 a empresa Aluminios Cortizo, S.A.U. presentou ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, DXPERN) a solicitude de declaración de incidencia supramunicipal do proxecto sectorial do Campus Tecnolóxico Cortizo, que se implantará nos concellos de Padrón e Rois (A Coruña), para os efectos de iniciar o procedemento de aprobación deste, previsto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, acompañada dunha memoria xustificativa da declaración de incidencia supramunicipal e adecuación aos criterios establecidos no artigo 4 do dito decreto.

2. Por proposta do Igape, o Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa xuntanza do 12.6.2020, declarar como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do Campus Tecnolóxico Cortizo, promovido pola empresa Aluminios Cortizo, S.A.U. Conforme o disposto no artigo 44.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a existencia dunha declaración de iniciativa empresarial prioritaria determinará a concorrencia de razóns de interese público para os efectos da tramitación de urxencia dos procedementos relacionados con tales iniciativas, polo que, unha vez declarada a tramitación de urxencia polo órgano competente de acordo co establecido polo artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os prazos establecidos para o procedemento ordinario reduciranse á metade, agás os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

3. O 22.5.2020 a DXPERN, para os efectos de iniciar ou non a tramitación como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal conforme o disposto no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, solicitou ao Igape, pola súa condición de axencia adscrita a esta consellería para o desenvolvemento económico de Galicia, informe sobre a procedencia de declarar o citado proxecto sectorial como de incidencia supramunicipal. O 4.8.2020 o Igape emitiu o informe de valoración da contribución ao desenvolvemento económico de Galicia do referido proxecto sectorial, en que se conclúe o seguinte: «[...] o proxecto sectorial do Centro Tecnolóxico Cortizo terá un impacto positivo en termos económicos e sociais na súa contorna, sen efectos negativos sobre a sustentabilidade [...]».

4. O 20.8.2020 a DXPERN solicitou á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (en diante, DXOTU) o informe previo á declaración de incidencia supramunicipal do referido proxecto sectorial, exixido no artigo 13.1 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo. O 16.10.2020 a DXOTU emitiu o seu informe ao respecto, no cal se conclúe o seguinte: «Analizada a documentación remitida, considérase que o obxecto do proxecto sectorial para o Campus Tecnolóxico Cortizo no concello de Padrón responde ás finalidades que para estes instrumentos de ordenación do territorio se sinalan tanto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, como no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, concorrendo os supostos de incidencia supramunicipal que se recollen nos citados textos legais». O 18.2.2021 a DXOTU, por requirimento da DXPERN, enviou por correo electrónico a relación de organismos que hai que consultar no procedemento de aprobación do proxecto sectorial, en que se inclúen os competentes nas seguintes materias: patrimonio cultural, montes, planificación hidrolóxica e suficiencia de recursos hídricos, competencias estatais, telecomunicacións, minaría, estradas de Galicia, paisaxe, planificación enerxética, patrimonio natural, suficiencia de subministracións e medio rural.

5. O 12.11.2020 o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial do Campus Tecnolóxico Cortizo. Así mesmo, acordou a aplicación da tramitación de urxencia ao procedemento para a súa aprobación, o que implica a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario (agás os relativos á presentación de solicitudes e recursos), conforme o disposto no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. O 21.10.2020 a DXPERN requiriulle ao promotor a presentación da solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica, xunto co borrador do proxecto sectorial e o documento ambiental estratéxico. O 16.11.2020 o promotor presentou a solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica, acompañada do documento ambiental estratéxico (datado en novembro de 2020) e do proxecto sectorial (datado en novembro de 2020).

7. O 19.11.2020 a DXPERN solicitou á Dirección Xeral de Avaliación Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (en diante, órgano ambiental) o inicio da avaliación ambiental estratéxica do referido proxecto sectorial. O 24.11.2020 o órgano ambiental cursou requirimento de documentación complementaria (documentos asinados dixitalmente e información cartográfica en formato shp), que a DXPERN trasladou ao promotor con data do 27.11.2020, quen presentou contestación con data do 2.12.2020, e que a DXPERN trasladou ao órgano ambiental con data do 4.12.2020. O órgano ambiental ditou resolución con data do 10.2.2021 pola que formulou o informe ambiental estratéxico (IAE) do citado proxecto sectorial (anuncio publicado no DOG do 26.2.2021), que remitiu á DXPERN o 11.2.2021, xunto cos informes dos organismos que emitiron informe durante o período de consultas (Augas de Galicia, Concello de Padrón e Instituto de Estudos do Territorio).

8. O 15.2.2021 a DXPERN requiriulle ao promotor a presentación do proxecto sectorial en que se recollan as medidas previstas no IAE e nos informes dos organismos que emitiron informe durante o período de consultas, así como un escrito indicando para cada unha das medidas que hai que incorporar no proxecto sectorial a epígrafe e a páxina en que se incluíron. Con data do 30.6.2021 e do 8.7.2021 o promotor contestou a este requirimento, presentado a seguinte documentación: un novo proxecto sectorial (datado en xuño de 2021), a solicitude de declaración de utilidade pública (datada en xuño de 2021), escrito explicativo dos cambios feitos no proxecto sectorial e o xustificante de pagamento da taxa administrativa correspondente ao procedemento de aprobación dos proxectos sectoriais.

• Segundo consta nesta documentación técnica, por requirimento da AXI foi necesario ampliar a superficie do ámbito delimitado do proxecto sectorial, incorporando suficiente solo para permitir a implantación dunha vía de acceso e enlace do Campus coa estrada AC-301, de tal xeito que resultan afectados terreos de dous propietarios particulares. En consecuencia, o ámbito deste novo proxecto sectorial abrangue unha superficie de 91.633,05 m² (o 94,14 % pertencen ao concello de Padrón e o 5,86 % ao concello de Rois), coa seguinte distribución de titularidades:

Titular

Superficie (m²)

Superficie ( %)

Campos de Golf Santiago, S.A.

1.316,28

1,44

Mª Teresa Mene Rey

824,30

0,90

Dominio público estradas

1.936,84

2,11

Aluminios Cortizo, S.A.U.

87.555,63

95,55

Total

91.633,05

100,00

• No proxecto sectorial e na solicitude de utilidade pública figura a relación de bens e dereitos afectados (RBDA), na cal se inclúen as parcelas de titularidade particular que non pertencen a Aluminios Cortizo, S.A.U. e que será necesario expropiar (Campos de Golf Santiago, S.A. e Mª Teresa Mene Rey).

9. Mediante a Resolución do 15 de xullo de 2021, da DXPERN, sometéronse a información pública as solicitudes de aprobación do referido proxecto sectorial e da súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios, por un prazo de 15 días desde a última das publicacións. Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 3 de agosto de 2021, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 26 de xullo e no xornal La Voz de Galicia do 28 de xullo, e tamén se expuxo nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Padrón e Rois). Simultaneamente, a DXPERN deulles audiencia aos concellos afectados (Padrón e Rois) e practicou as notificacións individuais aos titulares das parcelas afectadas que figuran na RBDA publicada.

• En canto ao trámite de audiencia aos concellos afectados, obtivéronse os seguintes informes:

Concello

Normativa

Informe

1

Padrón

• Audiencia ao concello segundo o artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

– Certificación conforme se cumpriu co trámite de audiencia (recibido o 9.9.2021).

2

Rois

– Informe sen observacións, emitido o 2.8.2021 polo arquitecto técnico municipal (recibido o 22.9.2021).

• Durante o período en que se someteu a información pública o devandito proxecto sectorial presentáronse os seguintes escritos de alegacións en relación coa declaración de utilidade pública, e que a DXPERN trasladou ao promotor o 24.9.2021 para que presentase a súa contestación a elas:

Data entrada

Alegante

Resumo alegacións

6.8.2021

Campos de Golf Santiago, S.A.

Oposición á expropiación da parcela porque está destinada a aparcadoiros

10. En canto á petición dos informes sectoriais, o 15.7.2021 a DXPERN solicitou informe ás entidades indicadas pola DXOTU (dándolles a metade do prazo establecido na súa normativa sectorial) co resultado sinalado na seguinte táboa (exceptuáronse as empresas subministradoras –saneamento e abastecemento de auga, electricidade, telecomunicacións e gas– cuxos informes ou xustificantes de petición xa figuran no anexo nº 2 do proxecto sectorial):

Entidade

Normativa

Informe

1

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

• Artigo 34.2 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

• Informe favorable (recibido o 24.8.2021), indicando que non afecta ningún elemento patrimonial.

2

Dirección Xeral de Ordenación Forestal

• Artigo 66 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

• Pendente

3

Augas de Galicia

• Artigo 39 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

• Artigo 25.4 do Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

• Artigo 23.7 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia

• Requirimento de documentación (recibido o 5.11.2021), para que poidan emitir informe.

4

Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma-competencias estatais

• Disposición adicional 2ª.4 da Lei 13/2003, do 23 de maio, reguladora de concesión de obras públicas.

• Informe favorable (recibido o 22.10.2021), indicando que non afecta os seus bens.

5

Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación

• Artigo 35 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

• Pendente

6

Servizo de Enerxía e Minas-Xefatura Territorial da Coruña

• Artigo 14.1 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

• Artigo 23.7 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

• Informe favorable (recibido o 6.9.2021) con condicionados respecto de liñas eléctricas.

• Pendente informe de minas.

7

Deputación Provincial da Coruña

• Artigo 23.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

• Informe favorable (recibido o 15.10.2021), indicando que non afecta as súas estradas.

8

Axencia Galega de Infraestruturas

• Artigo 23.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

• Artigo 23.7 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

• Informe desfavorable (recibido o 27.8.2021), indicando unha serie de correccións que hai que facer no proxecto sectorial, do que se lle dará traslado novamente para informe.

9

Instituto de Estudos do Territorio

• Artigo 7.2 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

• Informe favorable (recibido o 13.9.2021)

10

Enagás, S.A.

• Artigos 68 e 106 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural.

• Informe (recibido o 20.8.2021) no cal indican que non hai gasodutos afectados e, en canto á subministración de gas, esta deberase solicitar a Nedgia para que esta solicite a Enagás a ampliación da posición de transporte.

11

Área de Industria e Enerxía-Subdelegación do Goberno da Coruña

• Artigos 68 e 106 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural.

• Pendente

12

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

• Artigo 59.3 do anexo II (Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia) do Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, e o artigo 6 da Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais da fauna e flora silvestres.

• Pendente

13

Consellería do Medio Rural

• Artigo 23.7 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

• Informe favorable (recibido o 15.10.2021) con condicionados sobre MVMC e xestión de biomasa.

11. Con data do 24.9.2021 e do 8.11.2021 a DXPERN xeral deu traslado ao promotor dos informes sectoriais recibidos, para os efectos de que elaborase e presentase un novo proxecto sectorial no cal se atendesen as observacións sinaladas neles. O 16.11.2021 o promotor presentou un novo proxecto sectorial (datado en novembro de 2021), integrado por dous documentos (Memoria e planos e anexos) en que se atenderon as observacións sinaladas nos distintos informes sectoriais, acompañado dun documento no cal se analizan os aspectos corrixidos. O 17.11.2021 esta dirección xeral deulle traslado desa documentación á AXI e a Augas de Galicia (entidades que fixeron requirimento de documentación) para os efectos de obter o seu informe. Ese mesmo día, o promotor presentou un novo documento, Memoria e planos, debido a uns cambios feitos por indicación da AXI con posterioridade á presentación feita o día anterior, e que a DXPERN trasladou á AXI e Augas de Galicia ese mesmo día. En canto aos informes definitivos emitidos por estas dúas entidades, hai que indicar o seguinte:

• AXI: emitiu informe con data do 26.11.2021 (remitido á DXPERN o 29.11.2021), de carácter favorable, pero condicionado á realización das correccións indicadas nas epígrafes a) e b) da epígrafe informe.

• Augas de Galicia: emitiu informe con data do 3.12.2021 (remitido á DXPERN coa mesma data), de carácter favorable, pero condicionado á resolución favorable da concesión en tramitación no expediente de clave DH.A15.81566, sempre que se teñan en conta as prescricións sinaladas neste informe.

12. O 7.12.2021 a DXPERN deu traslado ao promotor destes informes (AXI e Augas de Galicia), e requiriulle a presentación da seguinte documentación, para os efectos de continuar coa tramitación: un novo proxecto sectorial en que se recollan as observacións sinaladas nos informes favorables da AXI e de Augas de Galicia, e se recolla a RBDA definitiva (explicando e xustificando as variacións sufridas respecto da que foi obxecto de información pública), así como as fichas catastrais definitivas; un novo documento en que se analicen os aspectos corrixidos no proxecto sectorial como consecuencia da atención das observacións recollidas en todos os informes sectoriais, indicando como se atenderon e a epígrafe onde se incorporaron estas correccións; un novo documento de solicitude de declaración e utilidade pública coa RBDA definitiva (explicando e xustificando as variacións sufridas respecto da que foi obxecto de información pública), e a contestación ao escrito de alegacións presentado durante o trámite de información pública pola entidade Campo de Golf Santiago, S.A.

13. Con data do 10.12.2021 e do 13.12.2021 o promotor, como contestación ao requirimento da DXPERN, presentou a documentación definitiva seguinte: un novo proxecto sectorial integrado por dous documentos: Memoria e planos (asinados o 13.12.2021) e Anexos (asinados o 10.12.2021). Tamén xunta os planos en formato dwg (para Urbanismo); un escrito explicativo dos aspectos corrixidos no proxecto en atención ás observacións contidas nos informes sectoriais (asinado o 10.12.2021); un novo documento de solicitude de declaración de utilidade pública (asinado o 13.12.2021), explicando as modificacións respecto do documento sometido a información pública, e a contestación ao escrito de alegacións presentado por Campos de Golf Santiago, S.A., durante o trámite de información pública, a respecto da declaración de utilidade pública (asinado o 13.12.2021).

• Segundo consta nesta documentación técnica, por requirimento da AXI foi necesario utilizar o trazado oficial do dominio público da estrada AC-301 en lugar do trazado grafado nos planos catastrais, o que deu lugar a un reaxuste das superficies do sector de actuación e á aparición dun novo propietario (Concello de Rois). Ademais, durante este tempo, o promotor chegou a un acordo para a adquisición da parcela afectada dun particular (Mª Teresa Mene Rey). En consecuencia, o ámbito deste novo proxecto sectorial abrangue unha superficie de 92.944,06 m² (o 94,13 % pertence ao concello de Padrón e o 5,87 % ao concello de Rois), coa seguinte distribución de titularidades:

Titular

Superficie (m²)

Superficie ( %)

Campos de Golf Santiago, S.A.

1.303,67

1,40

Concello de Rois

84,31

0,09

Dominio público estrada AC-301

2.069,78

2,23

Aluminios Cortizo, S.A.U.

89.486,30

96,28

Total

92.944,05

100,00

• No proxecto sectorial e na solicitude de utilidade pública figura a relación de bens e dereitos afectados (RBDA), en que se inclúen as parcelas de titularidade privada que non pertencen a Aluminios Cortizo, S.A.U. e que será necesario expropiar (Campos de Golf Santiago, S.A).

14. O 14.12.2021 a DXPERN trasladoulle á DXOTU o expediente completo para os efectos de obter o seu informe preceptivo, conforme o exixido no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, con carácter previo á proposta que, se é o caso, se faga ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial e a súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios.

15. O 28.1.2022 a DXOTU emitiu o seu informe, de carácter favorable, pero coa exixencia de atender unha serie de observacións no proxecto sectorial antes de sometelo á aprobación do Consello da Xunta de Galicia. O 1.2.2022 a DXPERN deu traslado ao promotor deste informe, requiríndolle a presentación dun novo proxecto sectorial en que se atendan as observacións sinaladas. O 7.2.2022 o promotor contestou a este requirimento, achegando un novo proxecto sectorial (datado en febreiro de 2022) en que se atenderon as observacións sinaladas no referido informe da DXOTU.

16. O 7.2.2022 a DXPERN emitiu informe sobre a tramitación realizada, indicando que procede facer a proposta ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial e a súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 25.4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 13.4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites do procedemento establecido na normativa de aplicación, conformada pola Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, a Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, o informe da DXOTU emitido con carácter previo á declaración de incidencia supramunicipal, a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e a Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1952 e o seu regulamento.

Tanto a Lei 10/1995, do 23 de novembro, como o Decreto 80/2000, do 3 de marzo, seguen sendo de aplicación para este procedemento, por terse formulado o IAE con anterioridade á entrada en vigor da nova Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 1/2021, do 8 de xaneiro), conforme o disposto na disposición transitoria primeira desta nova lei.

3. Á vista do escrito de alegacións nº 1 presentado durante o trámite de información pública, da contestación do promotor a estas alegacións e do resto da documentación que consta no expediente, hai que indicar que non se aceptan as pretensións do alegante de desafección do predio nº 2, con base nas seguintes argumentacións:

• Esta superficie é necesaria para a execución da vía de acceso e enlace do Campus Tecnolóxico Cortizo coa estrada Agronovo-Seira e a estrada AC-301. A incorporación deste terreo é imprescindible debido ao requirimento da AXI de implantar o dito enlace na posición prevista, co obxecto de lograr unha maior seguridade e fluidez do tráfico xerado polo novo acceso e o seu enlace coa estrada AC-301.

• Tras a información pública, debido a requirimentos da AXI, incorporouse ao proxecto sectorial o trazado oficial das liñas do dominio público da estrada AC-301, o que provocou unha redución de 12,61 m² da superficie afectada do predio nº 2, pasando a ser de 1.303,67 m² (distribuída en dúas porcións: 31,31 e 1.272,36 m²).

• Segundo documentación gráfica achegada polo promotor na súa contestación, esta superficie afectada non está destinada a zona de aparcadoiro, senón que se trata dunha zona baldía sen ningún uso e distanciada da zona de aparcadoiro. En todo caso, a valoración económica da afección proposta substanciarase na fase de determinación do prezo xusto, dentro do procedemento expropiatorio, en que se determinará a indemnización que corresponda e na cal o afectado poderá presentar a súa folla de valoración en que concretará o valor que considera que lle corresponde polos prexuízos que se lle ocasionen, co fin de que o Xurado de Expropiación de Galicia poida determinar o prezo xusto.

4. En canto ás modificacións feitas na RBDA definitiva (que se empregará no procedemento expropiatorio) a respecto da publicada no trámite de información pública, cómpre manifestar o seguinte:

• En relación co predio nº 1, da RBDA publicada, o promotor chegou a un acordo de compravenda, polo que se exclúe da RBDA definitiva.

• En relación co predio nº 2, da RBDA publicada, produciuse unha redución de 12,61 m² da superficie afectada, pasando de 1.316,28 m² a 1.303,67 m², debido á incorporación ao proxecto sectorial do trazado oficial das liñas do dominio público da estrada AC-301, por requirimento da AXI.

• Recóllese como anexo a RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio e que figura na seguinte documentación presentada polo promotor: solicitude de declaración de utilidade pública (asinada o 13.12.2021) e proxecto sectorial (datado en febreiro de 2022).

5. Informe da DXOTU, do 28.1.2022, emitido conforme o exixido no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, de carácter favorable (epígrafe 6) para propoñer ao Consello da Xunta de Galicia a aprobación definitiva do proxecto sectorial e a súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios, pero coa exixencia de atender unha serie de observacións (epígrafe 5) con carácter previo á dita proposición:

• Na súa epígrafe 5 recóllense as observacións (8) que hai que atender no proxecto sectorial, cuxo contido resumido é o seguinte:

1. Cómpre establecer no número 8.6 da memoria descritiva, ademais do prazo de execución, un prazo para o inicio e remate das obras.

2. Suprimirase o uso rústico recollido no artigo 13 da normativa, así como a súa regulación recollida no artigo 16.

3. No artigo 27 da normativa, a altura máxima de referencia entre a cara superior da placa e o nivel de rasante para a consideración dunha planta como semisoto ou como planta baixa debe establecerse en 1 m.

4. Suxírese que as definicións incluídas na normativa se suxeiten ás correspondentes do anexo I do RLSG (Regulamento da Lei do solo de Galicia).

5. Engadirase como normativa de obrigado cumprimento a Orde VIV/561/2010, do 1 de febreiro.

6. No número 10.8.5 da memoria descritiva, aínda que se calcula o aproveitamento que correspondería a cada concello, non se fai referencia ao solo en que se pretende situar, polo que cómpre aclarar se se pretende a súa substitución pola súa valoración en metálico, tal e como posibilitan os artigos 29 da LSG e 43 do RLSG.

7. Os artigos 43 e 48 da sección 1ª do capítulo III da normativa están erroneamente numerados, correspondéndolles os números 17 e 22.

8. Eliminarase o anexo 8, en que se recollen os informes sectoriais obtidos durante a tramitación do proxecto sectorial.

• Na súa epígrafe 6 conclúese, de xeito literal, o seguinte:

«6.1. Analizada a documentación achegada e ao abeiro da disposición transitoria primeira da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, constátase que se seguiron os trámites establecidos no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, previos á aprobación definitiva polo Consello da Xunta do proxecto sectorial do Campus Tecnolóxico Cortizo, nos concellos de Padrón e Rois.

6.2. En atención ao exposto e de conformidade co disposto no artigo 61 da antedita Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, unha vez atendidas as observacións contidas no número 5 deste informe, e logo da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta, deberá remitirse a este centro directivo un exemplar en soporte dixital do proxecto sectorial debidamente dilixenciado, facendo constar expresamente a súa aprobación, para proceder á súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia».

6. Informe da DXPERN, do 7.2.2022, indicando que procede facer a proposta ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial e a súa declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios, de conformidade co disposto no artigo 25.4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, e no artigo 13.4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

7. A continuación recóllense os datos básicos do proxecto sectorial:

• Promotor: Aluminios Cortizo, S.A.U.

• Obxecto: o obxecto do proxecto sectorial é implantar un centro punteiro de I+D+i, que ampliará nun 30,38 % as instalacións actuais que a empresa ten localizadas no Polígono Cortizo próximo, para adquirir novos coñecementos nos produtos do aluminio necesarios para o crecemento internacional da empresa. O proxecto sectorial fixa as condicións urbanísticas para crear un solo urbanizable industrial que englobe as novas instalacións, o que precisa dunha cualificación urbanística do solo adecuada. O Campus Tecnolóxico Cortizo proxéctase como un centro punteiro no sector do deseño de sistemas de aluminio e PVC, que disporá dun conxunto de tres edificios dedicados á investigación e desenvolvemento, máis un cuarto bloque destinado a aparcadoiro.

• Concellos afectados: Padrón e Rois (A Coruña).

• Ámbito territorial: o ámbito territorial do proxecto sectorial sitúase sobre terreos dos municipios de Padrón (94,13 %) e Rois (5,87 %), nas proximidades das actuais instalacións do Polígono Cortizo (a unha distancia aproximada de 200 m), na contorna do núcleo de Lamas, nunha parcela de terreo que se estende ao longo da estrada AC-301 desde a cal se pretende acceder ao Campus. Este ámbito abrangue unha superficie de 92.944,06 m², da que o 96,28 % pertence a Aluminios Cortizo é o resto (3,72 %) a varios propietarios (o 2,23 % ao dominio público de estradas, o 1,40 % a un propietario particular e o 0,09 % ao Concello de Rois).

O complexo contará cunha explanada (1.947,64 m²) vinculada ao edificio laboratorio e unha superficie construída de 31.599,41 m² distribuídos entre 3 grandes edificios (edificio social de 5.540,22 m² e edificio investigación de 8.113,88 m², ambos con 2 alturas, e edificio laboratorio de 4.267,14 m² e con 1 altura ) e un carto bloque destinado en exclusiva a aparcadoiro (de 13.678,17 m², con 2 alturas e para 327 prazas); o resto da superficie destínase a vías, aparcadoiro, zonas libres e equipamento.

• Creación de emprego estimado: 300 postos de traballo directos (titulados superiores), que representa un incremento do 9,36 % sobre a totalidade de empregados da empresa en Galicia (3.205) e, ademais, 100 postos de traballo indirectos.

• Investimento estimado: 40.000.000 € (edificacións: 30.786.700 €; urbanización: 4.713.300 €; equipamentos: 4.500.000 €).

• Prazo de execución estimado: 2 anos.

De acordo con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Campus Tecnolóxico Cortizo.

2. Declarar a utilidade pública do dito proxecto sectorial para os efectos expropiatorios, que implicará a declaración de utilidade pública das obras, instalacións e servizos previstos de maneira concreta, así como a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución recollidos na RBDA.

3. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12.11.2020, polo que se declara a incidencia supramunicipal do devandito proxecto sectorial, os planeamentos dos concellos de Padrón e Rois (A Coruña) quedan vinculados ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO I

RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio derivado da declaración de utilidade pública do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Campus Tecnolóxico Cortizo

Predios

Afección

Nº predio

Referencia catastral

Localización

Municipio

Uso principal

Superficie (m²)

Propietario

Superficie que se expropiará

%

2

15075A124003000000IY

Lg. Seira

Rois

Deportivo

224.278

Campo de Golf Santiago, S.A.

0,5813

1.303,67

ANEXO II

Disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Campus Tecnolóxico Cortizo

CAPÍTULO I

Determinacións de carácter xeral

Sección 1ª. Disposicións xerais

Artigo 1. Natureza e ámbito de aplicación

a) O presente documento contén a regulación detallada dos usos pormenorizados, características técnicas e funcionais, condicións de deseño e de adaptación ao ambiente das infraestruturas, dotacións e instalacións obxecto do proxecto sectorial Campus Tecnolóxico Cortizo, segundo se establece no artigo 10 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

b) As ordenanzas e normativas serán de aplicación no ámbito do proxecto sectorial Campus Tecnolóxico Cortizo, sitas en Lamas, Padrón, e delimitado no plano de ordenación nº O-02.

Artigo 2. Marco legal

O presente proxecto sectorial redactouse segundo as disposicións contidas:

• Na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia (LOTG).

• Na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

• No Regulamento da Lei do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG).

• No Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (DPPSIS).

• Na lexislación e normativa sectorial vixente.

Artigo 3. Efectos

a) As determinacións contidas no presente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente dos municipios de Padrón e Rois (DPPSIS, artigo 11).

b) Os municipios de Padrón e Rois deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido do proxecto sectorial, na primeira revisión ou modificación do seu plan municipal (DPPSIS, artigo 11.2).

Artigo 4. Vixencia e modificacións

a) A vixencia do presente proxecto sectorial será indefinida, sen prexuízo do recollido na lexislación vixente sobre esta caducidade. Entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa aprobación definitiva por parte do Consello de la Xunta.

b) A súa modificación poderase realizar en calquera momento, seguindo o procedemento establecido nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000 (DPPSIS).

Sección 2ª. Réxime urbanístico do solo

Artigo 5. Definición

O título I da LSG será de aplicación no referente ás facultades do dereito de propiedade, relativas ao uso do solo, subsolo e voo, e en especial a súa urbanización e edificación.

Artigo 6. Clasificación do solo

1. De acordo co establecido no artigo 11.2 do DPPSIS, «os municipios de Padrón e Rois deberán adaptar o seu plan urbanístico ao contido do proxecto sectorial», en consecuencia, no ámbito de aplicación do presente proxecto sectorial, a clasificación do solo que deberán establecer os plans dos municipios de Padrón e Rois será de solo urbanizable industrial con ordenación detallada (SUZ) e solo rústico (SR).

2. Segundo se indica no artigo 107 do RLSG 2/2016, os sistemas xerais situaranse en calquera das clases de solo establecidas polo planeamento, sen que a súa cualificación poida interpretarse como unha clase de solo distinta. As áreas de SR sobre as que se sitúan os accesos ao ámbito cualifícanse como sistema local viario e cederanse ao municipio de Rois.

3. Unha vez aprobado definitivamente o proxecto sectorial e executadas as obras de urbanización, parte do solo adquirirá a condición de solo dotacional, con uso de aparcadoiro público, equipamento deportivo e solo destinado a zona verde e espazos libres. Excluíndo o solo rústico, o dotacional e o sistema xeral, o resto do ámbito adquire a condición de solo urbano industrial con uso terciario. A parcela delimitada polo ámbito do proxecto sectorial terá a consideración de edificable nas condicións que sinale o presente documento.

Artigo 7. Ordenación do solo do proxecto sectorial

O presente documento establece a ordenación detallada e pormenorizada do solo comprendido no ámbito delimitado polo proxecto sectorial mediante:

a) A zonificación do ámbito en zonas de ordenanzas.

Establécense ordenanzas pormenorizadas e detalladas que regulan as condicións dos usos e dispoñen normas de edificación, as cales serán de aplicación ás obras e construcións permitidas no ámbito do sector por aplicación desta normativa.

b) Condicións de adaptación ao ambiente e integración paisaxística.

En aplicación do artigo 52.1 da LSG, inclúense as determinacións necesarias para que as construcións e instalacións cumpran as condicións de adaptación ao ambiente establecidas no artigo 91 LSG. A partir do estudo de paisaxe realizado, inclúense normas de integración paisaxística derivadas do dito estudo.

Sección 3ª. Execución do proxecto sectorial

Artigo 8. Elección do sistema de actuación

Para a obtención dos terreos afectados polo proxecto sectorial establécese como sistema de actuación o de expropiación. A expropiación será aplicable a todos aqueles terreos incluídos no ámbito delimitado e nos cales non sexa posible un acordo cos propietarios.

Artigo 9. Proxectos de urbanización

a) Os proxectos de urbanización son proxectos de obras que teñen por finalidade executar as dotacións e servizos públicos establecidos no planeamento.

b) Os proxectos de urbanización non poderán modificar as previsións do planeamento que desenvolven, sen prexuízo de que poidan efectuar as adaptacións exixidas pola execución material das obras, respectando, en todo caso, as condicións de accesibilidade.

c) O proxecto de urbanización executarase nunha soa fase.

d) En virtude do disposto no artigo 96.6 da LSG, a obriga da conservación da urbanización correrá por conta do municipio.

Artigo 10. Estudos de detalle

Tras a aprobación definitiva do proxecto sectorial, poderán redactarse estudos de detalle co obxectivo de:

• Completar ou reaxustar as aliñacións e rasantes establecidas no proxecto sectorial.

• Ordenar volumes edificables de acordo coas especificacións contidas nas ordenanzas que sexan de aplicación.

• Concretar as condicións estéticas e de composición das edificacións complementarias do planeamento.

CAPÍTULO II

Normas xerais dos usos

Artigo 11. Ámbito de aplicación

No presente capítulo establécese a regulación dos usos globais e pormenorizados das actividades e edificacións que, por medio do presente proxecto sectorial, se poden implantar no ámbito de aplicación do proxecto sectorial.

• Cando nun terreo ou edificación coincidan varios usos por seren compatibles entre si, cada un deles debe cumprir as condicións que lle corresponda por aplicación desta norma.

• As determinacións fixadas nestas normas de uso son de aplicación tanto a obras de nova planta como nas de ampliación ou reforma.

• En edificios existentes poderanse realizar cambios de uso sen necesidade do cumprimento das dotacións de reserva de aparcadoiro, sempre que se cumpran as seguintes condicións:

a) Que o novo uso sexa admitido pola norma.

b) Que o cambio de uso non reduza a dotación existente de aparcadoiro.

• Esta regulación de usos establécese sen prexuízo do que poida determinar a lexislación sectorial aplicable e a que emane dos órganos competentes das administracións públicas.

Artigo 12. Clasificación dos usos segundo o seu réxime de relación

Uso global:

a) É o uso xenérico asignado ao ámbito do proxecto sectorial.

b) Para efectos das presentes normas, ao ámbito do proxecto sectorial asígnaselle o uso global industrial terciario.

Usos pormenorizados:

a) Constitúen un sistema de usos que detallan o uso global.

b) Os usos pormenorizados divídense en:

Usos permitidos: aqueles que se axustan ás previsións da normativa.

Usos prohibidos: aqueles que son incompatibles cos usos permitidos.

Usos compatibles:

Son os usos que poden coexistir no mesmo edificio ou terreo.

Uso característico:

É aquel uso global ou pormenorizado que caracteriza unha zona de ordenanza por ser o de maior implantación no dito ámbito.

Artigo 13. Clasificación dos usos segundo as súas características funcionais

No proxecto sectorial establécense dous tipos de usos subdivididos nas seguintes clases:

Uso industrial terciario. Pormenorízase nas seguintes clases:

a) Clase industria compatible.

b) Clase oficinas e investigación.

c) Servizos empresariais e sociais.

d) Clase comercial.

e) Clase garaxe-aparcadoiro.

Uso dotacional. Pormenorízase en tres clases:

a) Clase aparcadoiro público.

b) Clase equipamento deportivo.

c) Clase zona verde e espazos libres.

Artigo 14. Uso industrial terciario.

1. Definición.

Para os efectos deste proxecto sectorial, defínense como uso industrial terciario as actividades que complementan a actividade industrial propiamente dita (procesos produtivos), incluíndo o desenvolvemento e produción de sistemas informáticos, audiovisuais e outros similares independentemente de cal sexa a súa tecnoloxía, formación, oficinas, auditorios, salas de reunión ou exposición, actividade comercial con almacenamento e distribución vinculados, control de calidade, laboratorio, ensaios e investigación, así como garaxes, con posibilidade de execución en edificio destinado a uso exclusivo de aparcadoiro para servizo das actividades industriais terciarias.

Tamén se definen como uso industrial as actividades complementarias da actividade industrial terciaria: gardarías, ximnasios, salas de descanso, cafetarías, cociñas, restaurantes, vestiarios, aseos, salas de máquinas, salas técnicas, e instalacións, control de calidade, laboratorios, ensaios, etc., incluídas en edificios de uso predominante ou exclusivo industrial, en calquera das súas categorías.

2. Clasificación.

Dentro do uso industrial terciario distinguiremos as seguintes clases e categorías:

a) Clase industria compatible.

• Categoría 1ª: actividades realizadas en locais dentro dun edificio ou en edificio exclusivo, que se desenvolven para verificar produtos elaborados ou semielaborados, o seu control de calidade, ensaios, laboratorio, mostraxe, salas técnicas, vestiarios e aseos, desenvolvidos en edificio exclusivo sen provocar emisións de gases, po, cheiros, ruídos ou outros prexuízos que poidan afectar a veciñanza. Tampouco poden dar lugar a almacenamento de calquera tipo ao aire libre.

• Categoría 2ª: actividades que se desenvolven para manipular produtos acabados listos para a súa venda, mesmo operacións de reparación de produtos, embalaxe, exposición e comercialización.

• Categoría 3ª: actividades relativas ao mantemento de instalacións, instalacións, cuartos de máquinas, salas técnicas, salas de control ou produción de enerxías. En locais dentro dun edificio ou en edifico exclusivo.

b) Clase oficinas e investigación.

b.1) Comprende as actividades destinadas á prestación de servizos de carácter administrativo, comercial, financeiro, formativo, técnico, de información e aquelas baseadas en novas tecnoloxías, cuxo obxecto de produción é o manexo de información, cálculo e proceso de datos, desenvolvemento de software e de sistemas informáticos, audiovisuais e outros similares, e, en xeral, centros de investigación, innovación, formación e transferencia tecnolóxica, baseados en novas tecnoloxías (I+D+i), dirixidos a empresas, particulares ou á Administración.

b.2) Distínguese unha categoría:

• Categoría 1ª. Oficinas: actividades en locais, en edificio de uso predominante (polo menos 75 % uso) ou uso exclusivo, en construción exenta ou integrada noutra construción. Refírese a actividades de tipo oficina, cuxo obxecto sexa o manexo de información, investigación, innovación, deseño, soporte técnico, etc., baseado en sistemas tradicionais ou en novas tecnoloxías de calquera tipo, actividades financeiras, administrativas, dirección de empresas, xestión e formación impartida a grupos inferiores a 50 persoas.

c) Clase servizos empresariais e sociais.

c.1) Comprende as actividades destinadas á prestación de servizos de carácter administrativo, financeiro, formativo, técnico, comercial, informativo, educativo, cultural, recreativo, etc., relacionados con empresas, particulares ou coa Administración.

c.2) Distínguese unha categoría:

• Categoría 1ª. Servizos empresariais: actividades en locais, edificio de uso predominante (polo menos 75 %) ou de uso exclusivo, en construción exenta ou integrada noutra construción. Refírese a actividades relacionadas preferentemente co ámbito empresarial en calquera das súas variedades, comerciais, administrativas, financeiras, formativas, técnica, cultural, social, impartidas en auditorios, salas de reunión ou formación, mesmo actividades complementarias destinadas ao benestar dos traballadores e a conciliación familiar, como gardarías, cafetarías, restaurantes, ximnasios, salas de descanso, etc.,e locais auxiliares, como cuartos de seguridade, salas técnicas, de proxección, camerinos, vestiarios, aseos.

d) Clase comercial.

d.1) Comprende actividades realizadas en locais dentro dun edificio ou en edificio exclusivo, que se desenvolven para expoñer, comercializar, embalar produtos acabados, incluso o almacenamento vinculado a estas actividades.

d.2) Establécese unha categoría:

• Categoría 1ª. Comercial en planta baixa e primeira.

e) Clase garaxe-aparcadoiro.

e.1) Comprende esta clase os garaxes ou aparcadoiros implantados en locais dentro dun edificio ou en edificio de uso exclusivo destinados ás estadías de vehículos e vinculados ao uso do Campus Tecnolóxico.

e.2) Establécense dúas categorías:

• Categoría 1ª. Aparcadoiro en planta baixa, semisoto ou soto.

• Categoría 2ª. Aparcadoiro en edificio exclusivo.

3. Condicións.

• As condicións que deben cumprir as construcións destinadas ao uso industrial terciario establécense na correspondente ordenanza reguladora da presente normativa.

• A posición da reserva de prazas de aparcadoiro privado (1 praza cada 100 m² edificados ou fracción), xustificarase nos proxectos de edificación, podendo descontarse das prazas existentes no edificio de uso exclusivo aparcadoiro, destinado ao uso do Campus.

• A reserva de prazas para discapacitados, cando sexa exixible, axustarase ao indicado na lexislación de aplicación.

• En todas as clases, os locais que aloxen actividades complementarias ou auxiliares da actividade característica, terán unha altura libre mínima acabada de 2,50 metros.

• A dotación de aseos e vestiarios axustarase ao disposto na lexislación de seguridade e hixiene no traballo.

• A clase industria compatible axustarase á regulamentación específica de medio ambiente e outras disposicións sectoriais ou específicas de aplicación.

• Na clase garaxe-aparcadoiro queda prohibido todo almacenamento de materiais de calquera clase, combustible ou non. Cumpriranse as condicións establecidas no CTE para o uso garaxe-aparcadoiro.

• O edificio garaxe-aparcadoiro poderá destinar a cuartos técnicos, salas de máquinas, de mantemento e instalacións ata nun 50 % da súa superficie distribuíndoa entre calquera planta. A ocupación maior en planta deberá ser xustificada tecnicamente.

• Os garaxes-aparcadoiros poderán comunicarse coa escaleira, ascensor, cuartos de máquinas e usos autorizados no inmoble, nas condicións fixadas no CTE.

• Os auditorios, salas de formación, salas múltiples, gardarías e ximnasios cumprirán a normativa específica que regula o uso e construción de cada unha desas actividades.

• Para a protección contra incendios aplicarase a regulamentación vixente para establecementos de uso industrial regulada no Decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais, así como o DB-SI do CTE, ou lexislación específica, para os establecementos e actividades en que sexa de aplicación.

• As normas de seguridade de uso aplicables ás edificacións e construcións rexeranse polo contido do DB-SUA do CTE ou norma que o substitúa.

• Os edificios destinados ao uso industrial terciario en calquera das súas clases, ademais de cumpriren a normativa que fixe a lexislación vixente, cumprirán a Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (LASB), así como o Regulamento que a desenvolve, Decreto 35/2000 (RASB).

Artigo 15. Uso dotacional

1. Definición.

O uso dotacional, para os efectos deste proxecto sectorial, refírese ao uso do solo, edificios ou construcións destinados a servizos administrativos, sociais, asistenciais, recreativos, deportivos, docentes, de reunión, culturais, relixiosos, sanitarios e á implantación de infraestruturas de aparcadoiros e servizos urbanos públicos.

2. Clasificación.

Dentro do uso dotacional distinguiremos as seguintes clases:

a) Clase: aparcadoiro público.

a.1) O uso dotacional aparcadoiro público compono o espazo destinado á estadía temporal de vehículos en áreas de aparcadoiro. Inclúe as súas zonas axardinadas.

a.2) Establécese unha soa categoría:

• Categoría 1ª. Aparcadoiro público.

b) Clase: equipamento.

b.1) O uso equipamento compóñeno aqueles espazos, edificios ou construcións destinados a actividades administrativas, sociais, asistenciais, recreativas, deportivas, docentes, de reunión, culturais, relixiosas, sanitarias ou institucionais destinadas á comunidade e de uso público.

b.2) Establécese unha soa categoría:

• Categoría 1ª. Equipamento deportivo. Prohíbese especificamente a edificación.

c) Clase: zonas verdes e espazos libres.

c.1) O uso zonas verdes e espazos libres compóñeno aqueles espazos destinados a actividades recreativas, deportivas ou de ocio, dedicados á comunidade e de uso público, e que no proxecto sectorial teñen funcións de mellora ambiental, ao localizárense lindando co núcleo de poboación próximo.

c.2) Establécese unha soa categoría:

• Categoría 1ª. Zonas verdes e espazos libres. Prohíbese especificamente a edificación.

3. Condicións.

• As condicións que deben de cumprir os espazos, construcións ou instalacións destinadas ao uso aparcadoiro, equipamento deportivo e zonas verdes establécense na correspondente ordenanza reguladora da presente normativa.

• No uso dotacional non se permite a edificación permanente. Calquera tipo de implantación e actividade debe contar coas autorizacións do organismo sectorial competente.

• Ademais da normativa vixente que lles sexa de aplicación cumprirán:

– A Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia (LAG), e o Regulamento vixente en materia de accesibilidade e Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro (RASB), que os desenvolve.

– O Real decreto 316/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código técnico da edificación (CTE).

CAPÍTULO III

Normas xerais de edificación

Sección 1ª. Disposicións xerais

Artigo 16. Definición

As disposicións xerais son as condicións a que se suxeitará a edificación polas súas propias características e pola súa relación coa contorna.

Artigo 17. Ámbito e normativa de aplicación

1. As normas contidas no presente capítulo serán de aplicación ás edificacións e construcións existentes, así como ás novas edificacións ou construcións permitidas no ámbito do sector.

2. Nas obras de reforma, rehabilitación e nas construcións de nova planta serán de aplicación:

• A Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreras na Comunidade Autónoma de Galicia (LASB), e o Regulamento que a desenvolve, Decreto 35/2000 (RASB).

• O Real decreto 316/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código técnico da edificación (CTE).

• A regulamentación e normativa vixente que sexa de aplicación.

Artigo 18. Tipo de obras de edificación

As obras de edificación que se poidan realizar no ámbito do sector integraranse nalgún dos seguintes grupos:

• Obras de nova planta.

• Obras en edificios existentes (reforma, consolidación, rehabilitación, etc.).

• Obras de demolición (total ou parcial).

Artigo 19. Clase de condicións

A edificación cumprirá as condicións que se detallan nos artigos seguintes, referentes aos seguintes aspectos:

a) Condicións da parcela edificable, posición da edificación e ocupación da parcela.

c) Condicións de volume e forma dos edificios.

d) Condicións de seguridade e accesibilidade nos edificios.

e) Condicións estéticas dos edificios.

Sección 2ª. Condicións de parcela edificable, posición da edificación e ocupación da parcela

Artigo 20. Parcela edificable

É aquela que, estando cualificada nunha zona en que se permita a edificación e coas limitacións derivadas da lexislación sectorial aplicable nas zonas de protección, servidume ou afección, reúne os requisitos de distancias, posicións da edificación, ocupación e edificabilidade que estas normas establezan.

Artigo 21. Posición da edificación

A posición da edificación no interior da parcela establécese mediante:

1. Liña de edificación.

Liña de intersección do plano de fachada da edificación co terreo ou pavimento.

2. Aliñacións.

Son as liñas que delimitan a separación entre o espazo privado e o espazo público. Establécense no correspondente plano de ordenación O-02, Ordenanzas e aliñacións.

3. Recuamento.

• Separación mínima das liñas da edificación aos lindeiros da parcela, medida perpendicularmente a eles.

• Se existen voos maiores de 100 cm consideraranse estes para a medición do recuamento.

4. Dentro da parcela edificable, pódese dispoñer un ou varios edificios ou construcións sempre que se cumpran as determinacións e/ou limitacións fixadas pola normativa.

5. Dentro da parcela non se considera a separación entre edificacións e poden acaroarse.

6. A posición da edificación con respecto a vías municipais será a distancia mínima medida sobre unha recta perpendicular, trazada desde as liñas de edificación ata o eixe da vía.

7. A posición da edificación con respecto á vía autonómica AC-301 cumprirá co establecido na lexislación sectorial de aplicación.

Artigo 22. Rasante

É o perfil lonxitudinal dunha vía ou do terreo actual, se é o caso.

1. Rasante do terreo.

Utilízase a expresión rasante do terreo para referirse ao perfil do terreo actual. Para a medición de alturas de edificación tomarase como referencia a rasante do pavimento ou do terreo en contacto coa edificación, segundo sexa o caso.

2. Cota de rasante dunha vía.

A cota de rasante dunha vía medirase en puntos do eixe desta.

Artigo 23. Ocupación da parcela

1. Superficie ocupada.

• Superficie ocupada é a comprendida dentro dos límites da proxección vertical sobre o plano horizontal das liñas externas do plano da fachada da construción. Os voos maiores de 100 cm computarán ao 50 % de ocupación.

• Para os efectos destas normas, as construcións subterráneas consideraranse excluídas do cómputo da superficie ocupada.

• Os estanques, balsas ou alxibes situados en superficie ou soterrados non computan ocupación.

• As pérgolas ou marquesiñas de protección en xardíns ou prazas de aparcadoiros, pechadas por tres lados, non computan ocupación. Se teñen catro ou cinco lados pechados computan ao 50 % de ocupación (considéranse lados: solo, peche lateral, teito).

• Superficie de parcela destinada a campos de paneis fotovoltaicos ou similares, computan ocupación.

2. Ocupación máxima da parcela.

• É a máxima superficie de parcela ocupable pola edificación, establécese mediante o coeficiente de ocupación.

– Coeficiente de ocupación.

O coeficiente de ocupación expresa a relación entre a superficie que pode ser ocupada pola edificación e a superficie total da parcela. Esta contía fíxase en porcentaxe (%).

3. Espazo libre de parcela.

É a parte neta de parcela unha vez excluída a superficie ocupada pola edificación.

• Esta superficie poderase destinar a explanadas, prazas, exposición de produtos, elementos publicitarios, vías, aparcadoiros, zonas verdes e xardíns, mantendo as distancias regulamentarias que sexan de aplicación, derivadas da normativa e afeccións sectoriais.

Sección 3ª. Condicións de volume e forma dos edificios

Son aqueles que limitan a dimensión e a forma das edificacións. Concrétanse na norma zonal de aplicación, nas normas do uso correspondentes e son de aplicación a todo tipo de obras de nova edificación e de reforma.

Artigo 24. Volume da edificación

1. Edificabilidade e superficie construída.

– Edificabilidade.

a) É a superficie de edificación permitida en cada parcela. Pode establecerse pola cifra absoluta do total de metros cadrados edificables que se distribuirán entre as superficies construídas computables de todas as plantas dos edificios e construcións, ou o coeficiente de edificabilidade que expresa os metros cadrados construídos respecto de cada metro cadrado de superficie de parcela.

b) Para os efectos do cálculo de edificabilidade, computarán as superficies construídas calquera que sexa o seu uso, salvo sotos e semisotos con uso almacén, aparcadoiro ou instalacións.

c) Non computan edificabilidade os elementos estruturais e/ou funcionais tipo lamas ou vidros, que conforman as fachadas e as pasarelas de mantemento destas, ata un máximo de 170 cm de voo. Se exceden esta dimensión, computarán ao 50 % de edificabilidade.

d) Nas cubertas, as saídas de escaleira, cuartos de ascensores e instalacións, paneis fotovoltaicos ou similares non computan edificabilidade.

e) No uso aparcadoiro, admítese este uso en cuberta, non computando edificabilidade se as prazas son descubertas ou pechadas por tres lados con elementos exteriores tipo pérgola, marquesiñas ou similar. Se están pechadas por catro ou cinco lados computarán ao 50 % (considéranse lados: solo, peche lateral, teito).

f) No uso aparcadoiro, os cuartos técnicos, de instalacións, máquinas, etc., situados en planta distinta á de cuberta, computan o 50 % de edificabilidade.

– Superficie construída.

a) Por planta.

É a comprendida entre as liñas exteriores da edificación nesta planta, deducindo os ocos.

b) Total.

É a resultante da suma das superficies construídas en todas as plantas.

2. Alturas da edificación.

a) Altura é a dimensión vertical da parte da edificación que sobresae do terreo.

b) Na edificación distínguense tres tipos de alturas.

b.1) Altura de cornixa.

É a distancia vertical que pasa polo punto medio da fachada, medida desde o pavimento ou terreo en contacto coa edificación, ata a intersección entre o plano que constitúe a cara superior da cuberta e o plano vertical correspondente á cara exterior da fachada.

b.2) Altura máxima ou altura de coroación.

É a distancia vertical que pasa polo punto medio da fachada, medida desde o pavimento ou terreo en contacto coa edificación ata a cumieira ou punto máis alto do edificio.

b.3) Número de plantas.

Contabilizaranse as plantas de piso e planta baixa. Non se contabilizará o semisoto.

b.4) Construcións por encima da altura máxima.

Por encima da altura máxima só se permitirán corpos de ascensores, chemineas, antenas, instalacións de climatización, depósitos e similares, relacionados coas instalacións do edificio. Os rótulos corporativos tamén se permiten integrándoos na composición estética do edificio.

c) A medición de alturas respectará conxuntamente os valores das alturas e o número de plantas permitidos.

Artigo 25. Tipoloxía das edificacións

Dependendo da súa relación con outras edificacións, as edificacións poden adoptar as seguintes tipoloxías:

• Edificación exenta: é aquela edificación en que os seus paramentos non lindan con ningunha outra edificación.

• Edificación acaroada: aquela cuxos paramentos lindan con algunha outra edificación.

Artigo 26. Definicións de plantas dos edificios

Planta: é toda superficie acondicionada para desenvolver nela unha actividade. Os edificios poden estar constituídos polas seguintes plantas:

1. Planta soto.

• Enténdese por soto a totalidade ou parte da planta da edificación situada por baixo doutra planta, en que a cara inferior do forxado que forma o seu teito queda por baixo do nivel da rasante do pavimento ou terreo en contacto coa edificación, en calquera punto das súas fachadas, excluíndo o punto en que se sitúe o acceso, e sempre que a súa fronte non ocupe máis do 50 % da fachada.

• A altura libre entre pavimento e teito acabados será polo menos 2,50 m, salvo que se especifique na ordenanza correspondente.

• Nos sotos admítese a aparición dunha fachada non enterrada.

• Os sotos non se poden utilizar como locais de traballo de persoas, salvo xustificación de condicións de ventilación, iluminación, accesibilidade, evacuación, seguridade e normativa correspondente que permitan a actividade solicitada.

• Os sotos non computan edificabilidade.

• Admítese máis dun soto.

2. Planta semisoto.

• Planta da edificación situada por baixo da planta baixa, en que a distancia vertical desde a cara superior do forxado que forma o seu teito ata o nivel da rasante do pavimento ou terreo en contacto coa edificación é igual ou inferior a un metro (1,00 m) en calquera punto das súas fachadas, excluíndo o punto en que se sitúe o acceso.

• As plantas nas cales a distancia anteriormente definida exceda 1 metro consideraranse planta baixa e computarán edificabilidade.

• Os semisotos pódense dedicar a locais de traballo, computando edificabilidade, e se as súas condicións de ventilación e iluminación cumpren coa normativa de aplicación, cun mínimo de:

– Iluminación: 1/8 da superficie útil da planta ou local.

– Ventilación: 1/3 da superficie de iluminación.

• Os semisotos non computan edificabilidade cando se destinen a uso almacén, garaxe ou instalacións.

• A altura libre entre pavimento acabado e teito acabado será polo menos de 2,50 metros, salvo que se especifique na ordenanza correspondente.

3. Planta baixa.

• É a planta inferior do edificio onde a distancia vertical entre a cara superior do seu forxado de solo e o nivel da rasante do pavimento ou terreo en contacto coa edificación, situada por baixo daquel, non exceda os 100 cm, sen prexuízo do exposto no punto anterior.

• Nos usos específicos gardaría, ximnasio, aulas, auditorios, etc., a planta baixa definirá a súa altura en función das necesidades da actividade, non sendo inferior a 3 metros.

• Nos usos complementarios e auxiliares situados en planta baixa de calquera uso, a altura libre entre pavimento acabado e teito acabado non será inferior a 2,50 metros.

• En edificio aparcadoiro, a altura mínima será de 2,20 metros.

• As plantas baixas computarán edificabilidade en todos os casos, mesmo en edificio exclusivo aparcadoiro.

• Os espazos e locais destinados a instalacións, cuartos técnicos, de mantemento, control e similares non computan edificabilidade en calquera uso.

4. Plantas de piso.

• Son as plantas situadas por encima da planta baixa.

• A altura libre entre pavimento acabado e teito acabado non será inferior a 2,50 metros.

• As plantas de piso computan edificabilidade en todos os casos, con dedución de ocos.

• Os espazos e locais destinados a instalacións, cuartos técnicos, de mantemento, control e similares non computan edificabilidade en calquera uso.

Sección 4ª. Condicións de accesibilidade e seguridade nos edificios

Artigo 27. Accesibilidade nos edificios

• As edificacións de nova planta ou reforma en que sexa de aplicación deberán cumprir os requisitos da normativa vixente sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas recollidas na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (LASB), e no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras da Comunidade Autónoma de Galicia (RASB).

• Cumpriranse, igualmente, as especificacións sobre seguridade de utilización e accesibilidade contida no DB-SUA do CTE.

• Cumprirase toda normativa específica dunha actividade ou sectorial que sexa de aplicación.

Artigo 28. Seguridade de utilización nos edificios

• As edificacións de nova planta ou reforma en que sexa de aplicación deben someterse ás disposicións da normativa do CTE sobre seguridade e accesibilidade (DB-SUA) co fin de garantir a prevención de danos persoais e materiais aos seus usuarios.

• Cumprirase toda normativa específica dunha actividade ou sectorial que sexa de aplicación.

Artigo 29. Seguridade en caso de incendio

• As edificacións de nova planta ou reformas en que sexa de aplicación deben someterse ás disposicións da normativa do CTE sobre protección contra incendios que se establecen no DB-SI, seguridade en caso de incendio.

• Cumprirase, no que resulte aplicable, o contido do número 1 do DB SI-5 do CTE, para as condicións de aproximación á contorna dos edificios.

• Cumprirase toda normativa específica dunha actividade ou sectorial que sexa de aplicación.

Sección 5ª. Condicións de adaptación ambiental e estéticas dos edificios

Artigo 30. Ámbito de aplicación

Estas condicións aplicaranse ás obras de nova planta ou reformas, así como aos cerramentos de parcela incluídos na delimitación do ámbito do proxecto sectorial.

Artigo 31. Adaptación ao ambiente de construcións e instalacións

En aplicación do artigo 216 do RLSG, as construcións e instalacións deberán adaptarse ao ambiente en que estean situadas. Para ese efecto, o artigo 91 da LSG establece unhas normas con carácter xeral e con independencia da clasificación do solo.

• As edificacións e instalacións que se van construír no ámbito do proxecto sectorial localizaranse nunha contorna con tipoloxías e usos diversos: residencial, industrial, recreativo. Os edificios previstos ofrecerán unha imaxe de singularidade e conxunto, con amplas zonas axardinadas e espazos libres. O seu uso terciario actuará como un gradiente de uso entre o uso industrial do Polígono Cortizo e os outros usos non industriais existentes na contorna inmediata.

• Na zona de fluxo preferente e zonas inundables só se admitirán os usos e construcións permitidos polas lexislacións sectoriais.

Artigo 32. Cerramentos de parcela

• Os cerramentos da parcela correspondente ao ámbito delimitado terán unha altura máxima de 2,00 metros medidos desde a rasante do terreo sobre o cal se asente e serán opacos como máximo ata unha altura de 1,00 metro, salvo maiores restricións de normativa sectorial.

• Por motivos de seguridade debidamente xustificados, o peche poderá ser opaco en toda a súa altura, salvo restricións de normativa sectorial.

Artigo 33. Condicións estéticas das edificacións e integración paisaxística

• As fachadas dos edificios presentarán un acabamento estético de calidade arquitectónica, ofrecendo unha imaxe homoxénea e de conxunto, acorde coa súa función.

• As novas edificacións, con acabamentos e aspecto singular, serán un fito referencial xerando unha fachada cara á estrada AC-301. A integración paisaxística conséguese coa reserva de espazo libre axardinado e de uso peonil, interpoñendo este entre os bloques edificatorios e o núcleo de Lamas. Os grandes espazos verdes libres, cara á parte posterior favorecen a integración paisaxística do conxunto e achegan a escala ao ámbito humano.

• As construcións deseñaranse con todos os paramentos tratados como fachadas.

• En todas as construcións os materiais empregados como acabamentos serán resistentes aos axentes atmosféricos e de calidade suficiente.

• Cumpriranse as medidas de integración paisaxística de aplicación, incorporadas no capítulo VII. Medidas de integración paisaxística da presente ordenanza arboredo.

• Aplicarase o disposto no artigo 39, Mantemento e acondicionamento de arboredo e zonas verdes, así como a alínea b) do artigo 50, Prevención e defensa contra propagación de incendios forestais.

• Realizarase a plantación de, polo menos, 1 árbore cada 500 m² de superficie do sector ou fracción.

CAPÍTULO IV

Normas de urbanización

Sección 1ª. Condicións xerais

Artigo 34. Obxecto e características xerais dos proxectos de urbanización

1. Para os efectos deste planeamento, os proxectos de urbanización teñen por obxecto a definición técnica precisa para a realización das obras de urbanización e a execución das determinacións da ordenación contida no proxecto sectorial, nos espazos de dominio público municipal.

2. Os proxectos de urbanización non poderán modificar as previsións do planeamento que executan (sen prexuízo de que poidan efectuarse adaptacións de detalle, exixidas pola execución material das obras) nin, en ningún suposto, conter determinacións sobre ordenación e réxime do solo ou da edificación.

3. Os proxectos de urbanización poderán abordar obras dos seguintes grupos:

– Apertura de vías, aparcadoiro en superficie e espazos libres.

– Pavimentación de vías.

– Xardinaría e acondicionamento de espazos libres e aparcadoiro.

– Redes de distribución de auga e electricidade.

– Redes de evacuación de augas pluviais e residuais.

– Electricidade e iluminación.

– Telefonía e telecomunicacións.

– Outros.

4. Os proxectos de urbanización deberán resolver adecuadamente a ligazón dos servizos urbanísticos do ámbito cos sistemas xerais existentes no termo municipal a que se conectan; para iso xustificarase que estes teñen a suficiente dotación ou capacidade para absorber os aumentos polos que poidan verse afectadas as obras proxectadas.

5. O proxecto de urbanización executarase nunha soa fase.

6. En virtude do disposto no artigo 96.6 da LSG, a obrigación da conservación da urbanización correrá por conta do municipio.

Artigo 35. Contidos dos proxectos de urbanización

1. Os proxectos de urbanización estarán constituídos polos documentos sinalados no artigo 223 do RPLSG e no artigo 96 da LSG, co detalle e complementos que requira a completa definición executiva das obras comprendidas.

2. Os proxectos estarán redactados de modo que permitan a persoas distintas aos autores realizar a dirección e execución das obras, de forma que o seu funcionamento sexa completo.

3. O proxecto deberá ir datado e asinado por facultativo competente, sobre o cal recaerá a responsabilidade do proxecto.

Artigo 36. Aprobación dos proxectos de urbanización

Os proxectos de urbanización tramitaranse e aprobaranse conforme o artigo 96 da LSG.

Sección 2ª. Condicións particulares

Artigo 37. Prescricións sobre contaminación lumínica

Teranse en conta, na redacción dos proxectos de iluminación pública, as prescricións técnicas que deben satisfacer as instalacións e aparellos de iluminación para evitar a contaminación lumínica, considerando, se é o caso, o uso ou a zona lumínica en que vaian ser empregados, así como os límites máximos de fluxo do hemisferio superior aplicable, conforme o establecido polo Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior e as súas instrucións técnicas complementarias EA-01 a EA-07.

– O número, disposición, separación e altura dos puntos de luz deberá calcularse para cumprir os criterios lumínicos e de eficiencia enerxética que fixa o Real decreto 1890/2008, segundo o tipo de iluminación e a clasificación das vías.

– Todas as instalacións de potencia nominal superior a 5 kW se dotarán de sistemas de aforro enerxético por redución de fluxo, preferiblemente estabilizadores/redutores de fluxo en cabeceira.

– Reflectiranse cantos cálculos e razoamentos se precisen para xustificar a instalación de iluminación adoptada e xustificarase a súa economía de funcionamento e conservación.

– As tapas de conexións e mecanismos dos soportes terán un mecanismo de peche controlable. Os puntos de luz estarán protexidos por materiais irrompibles e os postes serán de materiais inoxidables.

– A iluminación ambiental de áreas con arboredo realizarase de modo que sexa compatible con este.

Artigo 38. Utilización de augas depuradas

Deberase cumprir coas características de calidade exixidas para a reutilización dos efluentes depurados para a rega, así como as augas pluviais, conforme o indicado no Real decreto 1620/2007, do 7 de decembro, polo que se establece o réxime xurídico da reutilización das augas depuradas, así como as correspondentes autorizacións administrativas establecidas na citada lei.

Artigo 39. Mantemento e acondicionamento de arboredo e zonas verdes

No mantemento das zonas verdes do ámbito estableceranse preferentemente os seguintes criterios co obxectivo da racionalización das doses de pesticidas que se utilicen (herbicidas, fertilizantes e funxicidas), así como as necesidades de irrigación:

– O proxecto de urbanización correspondente ás áreas libres e zonas verdes xustificará o sistema de rega elixida, a rede de iluminación que incorpore e os elementos do mobiliario urbano, seleccionando preferentemente os que precisen un menor custo de mantemento e conservación.

– Nas plantacións que se realicen no ámbito utilizaranse especies vexetais autóctonas ou adaptadas ao substrato e climatoloxía da zona.

– As superficies horizontais deberán ser permeables e estar drenadas ou, noutro caso, evacuar a auga superficial.

– Empregaranse cultivos que exixan baixas doses de auga e fertilizantes para o seu establecemento, así como resistentes aos principais fungos patóxenos presentes nas nosas latitudes, co fin de reducir o uso destes.

– A achega de fertilizantes realizarase sempre mediante fertilizantes de liberación controlada encapsulados, desta forma aseguramos a óptima nutrición das plantas en todas as fases de cultivo con mínimas achegas.

– Na medida do posible, utilizarase, baixo a dirección dun experto na materia ou empresa de xardinaría especializada, a achega de acondicionadores orgánicos coa finalidade de protección máxima de acuíferos e ríos, xa que non conteñen ningún tipo de axentes químicos.

– Para a rega das zonas verdes será preferente a utilización de augas pluviais e/ou augas rexeneradas.

– As especies que se planten cumprirán o especificado na alínea b) do artigo 50, Prevención e defensa contra propagación de incendios forestais.

CAPÍTULO V

Cumprimento de normativa sobre ruído e acondicionamento acústico

Artigo 40. Obxectivos de calidade acústica do ámbito

O presente proxecto sectorial implantarase nun ámbito do territorio con predominio do uso industrial nunha contorna residencial que se determina de acordo coa Lei 37/2007, de ruído, analizando os usos. Establécese como obxectivo de calidade acústica a non superación do valor de aplicación da táboa A do anexo II do Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro.

Obxectivos de calidade acústica indicados pola táboa A do anexo II do Real decreto 1367/2007.

Tipo de área acústica

Índices de ruído

L d

L e

L n

e

Sectores do territorio con predominio de solo de uso sanitario, docente e cultural que requira unha especial protección contra a contaminación acústica.

60

60

50

a

Sectores do territorio con predominio de solo de uso residencial.

65

65

55

d

Sectores do territorio con predominio de solo de uso terciario distinto do previsto en c).

70

70

65

c

Sectores do territorio con predominio de solo de uso recreativo e de espectáculos.

73

73

63

b

Sectores do territorio con predominio de solo de uso industrial.

75

75

65

f

Sectores do territorio afectos a sistemas xerais de infraestruturas de transporte, ou outros equipamentos públicos que os reclamen (1).

(2)

(2)

(2)

(1) Nestes sectores do territorio adoptaranse as medidas adecuadas de prevención da contaminación acústica, en particular mediante a aplicación das tecnoloxías de menor incidencia acústica de entre as mellores técnicas dispoñibles, de acordo coa alínea a) do artigo 18.2 da Lei 37/2003, do 17 de novembro.

(2) No límite perimetral destes sectores do territorio non se superarán os obxectivos de calidade acústica para ruído aplicables ao resto de áreas acústicas lindeiras con eles.

Os valores de índices de inmisión sonora que se aplicará ao sector serán:

• Ld (índice diario): 75 dBA.

• Le (índice de tarde): 75 dBA.

• Ln (índice nocturno): 65 dBA.

Estes valores non serán de aplicación ata o total desenvolvemento do sector.

Artigo 41. Execución de obras e nivel sonoro na contorna de estradas autonómicas

Para a execución de obras e instalacións na contorna das estradas autonómicas, establécese como requisito previo ao outorgamento de licenza municipal, a realización dos estudos necesarios para a determinación dos niveis sonoros esperables, así como para o establecemento das limitacións á edificabilidade ou da obrigatoriedade de dispoñer dos medios de protección acústica necesarios, en caso de superárense os limiares recomendados, segundo o establecido na normativa básica estatal en materia de ruído ou na correspondente normativa autonómica de desenvolvemento.

CAPÍTULO VI

Normas de protección do ambiente e sustentabilidade ambiental

Artigo 42. Normativa de aplicación

As actividades, obras, edificios ou instalacións cumprirán coa lexislación vixente en materia de sustentabilidade ambiental e protección do medio, en todos e cada un dos aspectos que lle sexan de aplicación.

Artigo 43. Protección do solo

Medidas de protección.

• A estrutura viaria e as plataformas de solo, adaptaranse ao terreo na medida do posible para optimizar o movemento de terras.

• As operacións deberanse realizar preferentemente fóra dos períodos de choivas, coa finalidade de impedir que os arrastres cheguen ás augas superficiais.

• Nos movementos de terras compensaranse as escavacións cos recheos para evitar sobrantes de terreo que transportarán a vertedoiro adecuado.

• Nos movementos de terras, procurarase facer provisión da capa de terra fértil para a súa reutilización posterior nas zonas de axardinamento, ou na restauración das zonas vexetais afectadas temporalmente polas obras.

• Nas explanadas de aparcadoiro utilizaranse solos permeables que favorezan a drenaxe das augas pluviais.

• Evitarase a degradación do solo por verteduras, residuos ou substancias contaminantes provenientes da execución das obras, polo que se prestará especial atención á circulación dos vehículos de obra, o seu estacionamento e a provisión ou almacenamento de materiais de obra, co obxecto de reducir as superficies alteradas e evitar as proximidades do curso de auga existente no ámbito.

Artigo 44. Protección dos recursos hídricos

Medidas de protección.

• Nas infraestruturas, edificacións e instalacións implementaranse medidas de optimización dos recursos hídricos e de xestión racional da auga, para conseguir un uso eficiente e sustentable deste recurso, de acordo coa Directiva 2000/60CE e a planificación hidrolóxica.

• Valorarase a utilización de pavimentos drenantes que faciliten a recarga dos recursos hídricos.

Regacho Meixos e proximidades do río Sar.

• Non se permitirá lavar no regacho ou no río Sar materiais, maquinaria e utensilios empregados para executar as distintas actuacións. Ademais, non se invadirá o leito coa maquinaria utilizada para levar a cabo as obras.

• Non se depositará na zona de servidume nin en lugares próximos, materiais residuais ou calquera outro que se poida incorporar ao regacho e poida afectar as augas ou a capacidade hidráulica do leito.

• Calquera operación de asfaltado/formigonado próxima a calquera leito do curso de auga deberase realizar en condicións estancas, evitando en todo momento o contacto ou o derramamento do material.

• Os traballos deberanse realizar preferentemente fóra dos períodos de choivas, coa finalidade de impedir que os arrastres cheguen ás augas do regacho Meixos. En caso de fortes choivas, tomaranse as medidas necesarias para evitar o arrastre e vertedura de materiais no regacho.

• A franxa verde existente arredor do leito do regacho Meixos deséñase como un medio de protección do curso de auga.

Auga de consumo.

• Para consumo humano disporase de auga da rede municipal de abastecemento, garantindo así as condicións sanitarias e de calidade exixidas para este fin.

Artigo 45. Protección da atmosfera

Medidas de prevención.

Movementos de terras.

• Nos movementos de terras, transporte e achegas de materiais, obras de demolición e todas aquelas actividades que poidan producir a emisión de partículas á atmosfera tomaranse medidas preventivas que limiten no posible esta emisión.

Actividades industriais.

• As industrias e instalacións que desenvolvan actividades potencialmente contaminantes da atmosfera, adoptarán as medidas e prácticas adecuadas que permitan reducir a contaminación atmosférica, implementando, no posible, melloras técnicas e o uso de combustibles menos contaminantes.

• Respectaranse sempre os niveis de emisión exixidos.

• As operacións susceptibles de producir emanacións en xeral deberanse desenvolver en locais acondicionados para este uso.

• Creación de espazos arborizados no ámbito que compensen as emisións de CO2.

Artigo 46. Protección contra a contaminación acústica e vibracións

Medidas de prevención.

• A contaminación acústica derivada da circulación de vehículos atenuarase coa incorporación de especies arbóreas e arbustivas como barreiras vexetais entre as vías perimetrais e o ámbito do proxecto. Esta barreira tamén atenuará os ruídos emitidos desde a zona industrial cara ao exterior.

• Como medida xeral, a redución de ruídos e vibracións en calquera ámbito (máquinas, procesos industriais, paramentos, actividades…) conseguirase coa atenuación da fonte emisora, para o que se empregarán as melloras técnicas dispoñibles encamiñadas á redución das emisións do foco acústico ou da transmisión das vibracións.

• As medidas propostas para mitigar os efectos producidos polo ruído baséanse en diminuílo na súa orixe, dificultar a súa transmisión e na protección dos medios receptores.

• As medicións periódicas dos niveis de ruído nas obras, instalacións, etc. realizaranse naquelas ocasións en que os traballos que se realicen poidan ocasionar niveis de ruído non aceptables.

Artigo 47. Normas para a xestión de residuos

• Prohíbese o abandono, vertedura ou eliminación inadecuada de calquera tipo de residuo procedente das obras de execución.

• Toda actividade relativa á xestión de residuos levará a cabo coas adecuadas medidas de seguridade e saúde, sen poñer en risco nin a saúde humana nin o ambiente.

• Os residuos industriais debidamente seleccionados depositaranse en contedores adecuados que eviten a súa dispersión.

• Os residuos perigosos almacenaranse de modo independente dos residuos non perigosos.

• A retirada de residuos levarase a cabo por medio de transporte e xestor autorizados, garantindo así o seu adecuado tratamento e mesmo a súa reutilización, se é posible.

• A xestión e a recollida de residuos asimilable a urbanos realizarase mediante o servizo de recollida de residuos municipal.

Artigo 48. Sustentabilidade dos recursos enerxéticos e auga

1. Medidas de aforro e eficiencia enerxética.

• Implementaranse, na medida do posible, as medidas establecidas no Plan de aforro e eficiencia enerxética 2011-2020, para o sector industria, consistentes en:

– Auditorías enerxéticas: esta medida é un instrumento que posibilita o estudo detallado e exhaustivo dos procesos produtivos e, máis concretamente, dos principais equipos consumidores de enerxía. Con iso, poderase coñecer o consumo de enerxía das instalacións, determinar os parámetros enerxéticos fundamentais do proceso e os seus equipamentos, así como coñecer as desviacións respecto ao estándar enerxético do sector.

– Mellora da tecnoloxía de equipos e procesos: nesta medida atópanse integradas as medidas de implantación das MTD (mellores tecnoloxías dispoñibles) enerxético-ambientais e a implantación de novas tecnoloxías e utilización de residuos, cos seguintes fins:

- Minimizar o impacto sobre o consumo enerxético.

- Incorporar novas tecnoloxías, tanto de aforro de enerxía como de utilización de novas materias primas e procesos produtivos. Prevese a reutilización de residuos dentro da coherencia coa normativa en materia de residuos.

- Facilitar a viabilidade económica dos investimentos do sector industria en aforro enerxético.

– Implantación de sistemas de xestión enerxética: incorporando, de forma xeneralizada, elementos de medición e control, así como sistemas de análises das variables dos procesos produtivos.

• Segundo o Plan de aforro e eficiencia enerxética 2011-2020, o sector edificación e equipamentos comprende os servizos con maior peso para efectos de consumos enerxéticos: instalacións térmicas de calefacción, climatización, ventilación e produción de auga quente sanitaria, as instalacións de iluminación interior, así como o resto de equipamento habitual en función dos sectores de actividade (electrodomésticos, frío comercial e industrial, ofimática, etc.). Adoptaranse as medidas aplicables encamiñadas a conseguir edificios, construcións, instalacións e equipamentos de alta cualificación enerxética e de reducido consumo de enerxía.

• Promoverase entre os traballadores o aforro enerxético motivando e facilitando esta práctica.

• Os edificios construiranse baixo estándares Leed e/ou Breeam nas súas categorías máis altas, o que garante unhas maiores prestacións de calidade ambiental, eficiencia enerxética e de consumo.

• As enerxías renovables utilizadas cumprirán coas normativas específicas.

2. Medidas de minimización dos impactos ambientais.

Os edificios resultantes do proceso construtivo, así como as infraestruturas necesarias para favorecer a súa accesibilidade e funcionamento, ocupan e transforman o medio sobre o que se implantan. Así mesmo, a fabricación de materiais de construción comporta o consumo de materias primas e o esgotamento de recursos non renovables (gas natural, petróleo, carbón). Tanto durante o proceso de construción como na vida útil dos edificios e implantacións industriais xéranse residuos que deben de ser tratados adecuadamente. Para minimizar o impacto producido por estes factores actuarase sobre:

– O control do consumo de recursos.

– A redución das emisións contaminantes.

– A minimización e a correcta xestión dos residuos que se xeran ao longo do proceso construtivo.

• Para conseguir unha mellora ambiental e un desenvolvemento sustentable, durante o proceso construtivo seguiranse os seguintes principios:

– Utilización de enerxías renovables e medidas encamiñadas a conseguir unha alta eficiencia enerxética e redución de consumos de enerxía.

– Prevención das emisións contaminantes e uso de materiais renovables, reutilizables ou non contaminantes.

– Correcta xestión dos residuos.

– Emprego de técnicas construtivas ambientalmente sustentables tendentes a evitar o emprego de materiais contaminantes.

– Protección e conservación do terreo onde se implante a construción e o seu medio circundante.

• Os edificios construiranse baixo estándares Leed y/ou Breeam nas súas categorías máis altas, o que garante unhas maiores prestacións de calidade ambiental, eficiencia enerxética e de consumo.

3. Medidas para mellorar a sustentabilidade do recurso auga.

Para mellorar a sustentabilidade do recurso auga adoptaranse todas aquelas medidas e recomendacións que impliquen o seu uso de forma máis racional e eficaz. Estas consideracións aplicaranse ás instalacións e redes de nova creación e trataranse de implementar progresivamente nas redes existentes, co obxecto de conseguir unha instalación de alta eficiencia e baixo custo de explotación, mantemento e reparación. Para mellorar a sustentabilidade e eficiencia adoptaranse as seguintes recomendacións:

• Emprego de materiais sustentables nas novas canalizacións e progresiva actualización das antigas.

• Detección de fugas nas redes existentes.

• Instalación de equipamentos de medida para controlar o consumo e as fugas.

• Utilización de sistemas de redución de consumo (billas temporizadas, sanitarios con dobre descarga...), reutilización de augas pluviais ou grises...

• Promover a recollida e reutilización de augas pluviais e grises para rega, limpeza e usos admitidos.

• Establecer un protocolo de mantemento e monitoraxe das redes de distribución.

• Os edificios construiranse baixo estándares Leed e/ou Breeam nas súas categorías máis altas, o que garante unhas maiores prestacións de calidade ambiental, eficiencia enerxética e de consumo.

Artigo 49. Control da dispersión de especies exóticas invasoras (EEI)

• Como medida preventiva, previamente aos movementos de terras dentro do propio sector, persoal cualificado efectuará un recoñecemento visual, con obxecto de detectar a posible presenza dalgunha especie invasora.

• Na medida do posible evitarase a achega de terras non procedentes do propio sector.

• Con obxecto de evitar a dispersión de especies exóticas invasoras, derivadas dos movementos de terras ou achegas de materiais para a urbanización do ámbito, de acordo co Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, e de acordo co artigo 10, Medidas de loita contra especies exóticas invasoras do catálogo, se é o caso, adoptaranse as medidas de xestión, control e erradicación das especies incluídas no catálogo.

• Se é necesaria a aplicación de produtos fitosanitarios para a erradicación de especies invasoras, atenderase ao especificado no Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir o uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

Artigo 50. Prevención e defensa contra propagación de incendios forestais

a) Será obrigatorio para as persoas que resulten responsables conforme o artigo 21 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais en Galicia, xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados nesta lei e a súa normativa de desenvolvemento nunha franxa de 50 metros, medidos desde as construcións executadas no ámbito do proxecto sectorial.

b) Con obxecto de previr incendios forestais, as especies que se planten non será ningunha das recollidas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, coas excepcións consideradas nesta disposición.

Especie

Nome común

Pinus pinaster

Piñeiro galego, piñeiro do país

Pinus sylvestris

Piñeiro silvestre

Pinus radiata

Piñeiro de monterrei

Pseudotsuga menziesii

Piñeiro de oregón

Acacia dealbata

Mimosa

Acacia melanoxylum

Acacia negra

Eucalyptus spp

Eucalipto

Calluna vulgaris

Queiroga comín

Chamaespartium tridentatum

Carqueixa

Cytisus spp

Xesta

Erica spp

Urces

Genista spp

Piorno

Pteridium aquilinum

Fento común

Rubus spp

Silva

Ulex europaeus

Toxo

Artigo 51. Protección da escribenta das canaveiras

Previamente á execución de calquera tipo de obra que implique movemento de terra ou actuación sobre as áreas superficiais do terreo, verificarase a parcela con prospección de campo, con obxecto de detectar a presenza de niños ou hábitats que puidesen estar a ser utilizados pola escribenta das canaveiras, para tomar as medidas de salvagarda da especie.

CAPÍTULO VII

Medidas de integración paisaxística

Artigo 52. Integración de cores e materiais de acabamentos das edificacións

• O cromatismo debe ser homoxéneo en todos os cerramentos das edificacións, empregando os mesmos conxuntos de cores nos distintos edificios da urbanización. Así mesmo, os patróns compositivos de fachada serán homoxéneos e congruentes entre os distintos edificios.

• Prohíbese a utilización en fachadas ou cubertas de materiais con acabamentos de alto brillo, sempre que estes superen o 5 % da superficie total do cerramento. Empregaranse preferentemente acabamentos mate ou, na súa falta, acabamentos satinados.

• Prohíbese a instalación de superficies reflectoras ou materiais cunha elevada reflexión luminosa, coa excepción de paneis solares instalados en cubertas ou outros compoñentes de instalacións técnicas que, pola súa funcionalidade, deban contar necesariamente con este tipo de acabamento. Os acristalamentos empregados en fachadas contarán cunha reflexión de luz visible exterior inferior ao 18 %.

• As fachadas contarán cun peto dotado do mesmo acabamento de fachada, para a ocultación da cuberta. As instalacións que excedan a altura do peto ocultaranse mediante un cerramento vertical que imite o deseño, cores e/ou acabamentos de fachada.

Artigo 53. Integración de cubertas e cerramentos das edificacións

• Instalaranse cubertas vexetais naqueles edificios dotados de cuberta plana, sempre que a superficie requirida para instalacións en cuberta o permita e non exista unha causa xustificada que o desaconselle.

• Non se dispoñerá de peches para a delimitación dos terreos do ámbito de actuación respecto aos terreos lindeiros, salvo que por condicións de seguridade resulte imprescindible. Procederase á plantación de árbores en ringleira para delimitar o ámbito do núcleo de Lamas e, dentro do ámbito, dispoñerase de pantallas vexetais para a delimitación visual entre a zona de uso público e a zona de uso privado.

Artigo 54. Pavimentos en espazos privados e públicos

• As zonas de urbanización pavimentadas do espazo privado previstas para a circulación de persoas entre os distintos edificios dispoñerán de pavimento permeable por xunta, á marxe de que se decida instalar adicionalmente unha rede de saneamento de augas pluviais.

• O aparcadoiro da zona de uso público dispoñerá dun pavimento non selante, permeable, que proporcione unha adecuada drenaxe e cun acabamento que garanta unha correcta integración na contorna. Por outra banda, o pavimento debe garantir a estabilidade e o tránsito de vehículos en situacións de inundación. Consideraranse apropiados para estes efectos os pavimentos permeables por xunta.

Artigo 55. Vexetación e arboredo

• Conservarase toda a vexetación existente na zona natural próxima ao regacho de Meixos. No caso de que fose imprescindible retirar algún exemplar para a creación dalgún dos accesos ao ámbito, replantarase nunha zona adxacente. Se a replantación non é posible, plantaranse novos exemplares da mesma especie. Non se permite a limpeza de vexetación nin corta de especies en espazos pertencentes á Rede Natura 2000, situados na contorna inmediata do río Sar.

• Para ampliar a extensión e reforzar o valor paisaxístico da zona natural asociada ao regacho de Meixos, procederase á plantación de novos exemplares de especies autóctonas en zonas adxacentes, constituíndo unha zona natural de bosque de ribeira máis extensa e frondosa. No que se refire ás especies, darase preferencia ás existentes na zona e, en todo caso, tratarase de especies autóctonas.

Artigo 56. Senda fluvial do regacho Meixos

• A senda fluvial do regacho de Meixos supoñerá unha intervención mínima sobre a zona natural. Executarase con terra compactada ou, alternativamente, con laxas irregulares de pedra instaladas sobre o terreo natural, a modo de pegada, cunha separación mínima entre si de 25 cm. O seu trazado limitarase a unha serie de carreiros que se aproximan ao regacho, situados no límite da zona de servidume deste, e que parten da senda peonil artificial das zonas verdes axardinadas nos puntos en que esta se distancia do regacho. A senda fluvial do regacho de Meixos non dispoñerá de iluminación artificial, co fin de non alterar o hábitat das especies asociadas á contorna do regacho.

Artigo 57. Mobiliario urbano

• Prohíbese a instalación en exteriores de papeleiras, contedores e outros elementos de mobiliario urbano que estean fabricados en materiais plásticos, tanto nas zonas de uso público como nas zonas de uso privado.

• No caso de que se instalen contedores de residuos no exterior dos edificios, estes ocultaranse mediante cerramentos verticais con materiais, acabados e cores similares ás empregadas nas fachadas dos edificios ou, alternativamente, ocultos mediante pantallas vexetais que acheguen a suficiente opacidade.

Artigo 58. Instalacións, iluminación e luminarias

• Con carácter xeral, todas as instalacións e subministracións discorrerán enterradas, para evitar os efectos negativos das instalacións aéreas sobre a paisaxe. Os armarios de regulación, contadores, etc. instalaranse preferentemente no interior de edificios ou integraranse nas fachadas. No caso de que resulte imprescindible instalar armarios, cadros, casetas de instalacións, centros de transformación, etc. como elementos illados no frontal da parcela, ben por requisitos das compañías subministradoras ou por prescricións da normativa vixente, estes ocultaranse mediante cerramentos verticais dos mesmos materiais, cores e acabamentos utilizados nas fachadas ou, alternativamente, mediante pantallas vexetais. A súa localización e dimensións seleccionaranse de modo que se minimice o impacto paisaxístico.

• A iluminación da zona de aparcadoiro de uso público cumprirá os parámetros recomendados na Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos, segundo os cales se establece un valor máximo da iluminación media de 15 lux e unha uniformidade media do 0,4 %.

• Prohíbese a instalación de luminarias cuxo feixe de luz estea orientado cara arriba, tanto na zona de uso público como na zona de uso privado.

CAPÍTULO VIII

Ordenanzas

Artigo 59. Ámbito de aplicación

As determinacións contidas neste documento serán de aplicación en cada unha das zonas de ordenanza en que se divide o ámbito de intervención.

Artigo 60. Tipos de ordenanzas

No ámbito do proxecto sectorial establécense as seguintes zonas de ordenanzas:

• Ordenanza 1. Solo industrial terciario (CTC).

• Ordenanza 2. Aparcadoiro público (AP).

• Ordenanza 3. Equipamento deportivo (EQD).

• Ordenanza 4. Espazo libre y zona verde públicos (ZV).

• Ordenanza 5. Solo rústico de protección de augas (SRPAU).

• Ordenanza 6. Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPIN).

• Ordenanza 7. Sistema local viario (VR).

Artigo 61. Ordenanza 1. Solo industrial terciario (CTC)

1. Ámbito de aplicación.

Esta ordenanza corresponde ao sector de solo destinado á implantación das edificacións que compoñen o Campus Tecnolóxico Cortizo. Aplicarase ao ámbito do proxecto sectorial grafado coas siglas CTC no plano de ordenación nº O-02, Ordenanzas e aliñacións.

2. Condicións dos usos.

Usos permitidos:

– Industria compatible en todas as súas categorías.

– Oficinas en todas as súas categorías.

– Servizos empresariais e sociais en todas as súas categorías.

– Comercial en todas as súas categorías.

– Garaxe-aparcadoiro en todas as súas categorías.

Usos prohibidos: todos os demais.

3. Condicións da edificación.

As novas edificacións, reformas ou ampliacións, xurdidas por aplicación da presente normativa cumprirán as seguintes condicións:

1) Tipoloxía.

Admítense edificacións exentas, acaroadas e integradas.

2) Recuamentos mínimos.

– Distancia de peche a vía de titularidade non municipal: a establecida pola lexislación sectorial.

– Distancia mínima desde peche de parcela a vía municipal: 10 metros a eixe da vía.

– Liña de edificación á vía AC-301: a establecida pola lexislación sectorial.

– Distancia mínima da edificación a vía municipal: 15 metros ao eixe da vía.

– Recuamento mínimo de edificación a lindeiros e aliñacións: 15 metros.

En todo caso, as distancias de construcións e peches a infraestruturas públicas respectarán as afeccións e distancias establecidas pola lexislación sectorial que sexa de aplicación, se é máis restritiva.

3) Ocupación máxima: 30 % da parcela neta (parcela tras cesións dotacionais).

4) Edificabilidade máxima: 0,45679 m²/m².

5) Altura máxima e número de plantas.

Por encima da altura total admitida permítense corpos de ascensores, instalacións de climatización, chemineas, depósitos e elementos relacionados coas instalacións do edificio.

– Clase industria compatible.

• Altura máxima en plantas: B+2P.

• Altura de cornixa: 17,00 m.

• Altura máxima ou de cumieira: 20,00 m.

• Os servizos automatizados ou domotizados de distribución, almacéns intelixentes ou similares poderán implantar a actividade en toda a altura, mesmo sotos.

• Tanto a planta baixa como a planta primeira poderán conter actividades complementarias da actividade produtiva ou de almacén (vestiarios, aseos, comedor, control de calidade, exposición…).

• Por necesidades xustificadas, admitirase maior altura que a máxima permitida.

– Clase oficinas, clase servizos empresariais e sociais e clase comercial.

• Altura máxima en plantas : B+2P.

• Altura de cornixa: 17,00 m.

• Altura máxima ou de cumieira: 20,00 m.

• Altura libre mínima solo a teito acabados en plantas baixa e de pisos: de 2,50 m.

• Admítese cuberta plana.

• En planta baixa admítese o uso comercial de exposición de produtos da industria coas características dadas nas condicións xerais da ordenanza.

• Por necesidades xustificadas admitirase maior altura que a máxima permitida.

– Clase garaxe-aparcadoiro.

• Altura máxima en plantas : B+2P.

• Altura de cornixa: 17,00 m.

• Altura máxima ou de cumieira: 20,00 m.

• Altura mínima libre de calquera planta: 2,20 m. Admítese unha altura crítica puntual de 2,00 m.

• Por necesidades xustificadas, admitirase maior altura que a máxima permitida.

• A cuberta poderá destinarse ao uso aparcadoiro, non computando edificabilidade se é descuberta. Se se incorporan elementos de cubrición tipo pérgolas ou similar pechados por dous ou tres lados, computarán ao 50 %. O elemento de cubrición non se considera lado.

6) Dimensións das prazas de aparcadoiro na clase garaxe-aparcadoiro.

– As dimensións mínimas das prazas e rúas de manobra nos aparcadoiros serán as mesmas que as definidas para a ordenanza 4. Aparcadoiro público, no artigo 63 desta normativa.

– Cando sexan exixibles prazas de aparcadoiro adaptadas para discapacitados, a súa contía, itinerario e dimensións serán as establecidas na lexislación de aplicación.

7) Petos, rótulos, tótems, monólitos.

– Os petos, rótulos e paneis corporativos incorporados aos edificios non superarán a altura máxima ou de cumieira. Poderán superar esta altura se xustifican a ocultación de elementos permitidos por encima de altura máxima. Intégranse esteticamente na composición da fachada.

– Na parcela permítense monólitos, tótems, paneis ou elementos publicitarios ou informativos de tipo corporativo e carácter singular, con altura máxima de 15 metros. Alturas superiores xustificaranse.

4. Outras condicións.

1) Cumpriranse as condicións contidas en CTE na sección SI-5 Intervención dos bombeiros, nas súas epígrafes Condicións de aproximación e contorna e Accesibilidade por fachada, que sexan de aplicación.

2) Nos edificios de nova planta adoptaranse medidas pasivas de autoprotección para os efectos de previr a propagación de incendios.

3) As prazas de aparcadoiro exixidas a razón de 1 praza de aparcadoiro cada 100 m² construídos ou fracción poderanse descontar das previstas no edificio aparcadoiro.

4) O regacho Meixos, tanto no seu curso a leito aberto como entubado estará sometido á lexislación sectorial de aplicación, coas proteccións e servidumes estimadas polo organismo competente.

5) O solo afectado pola servidume da vía de titularidade non municipal a que dá fronte o ámbito deberá cumprir coa lexislación sectorial de aplicación, coas limitacións, proteccións e servidumes estimadas polo organismo competente.

6) O solo afectado polas servidumes e zonas de policía do regacho Meixos e o río Sar deberá cumprir coa lexislación sectorial de aplicación, coas limitacións, proteccións e servidumes estimadas polo organismo competente.

7) As novas edificacións cumprirán as condicións de seguridade, accesibilidade e de integración ambiental e estética contidas nas seccións 4ª e 5ª do capítulo III desta normativa.

8) A cuberta dos edificios poderá destinarse á localización de sistemas de enerxía renovable, tipo paneis ou similares.

9) A implantación na parcela de instalacións destinadas á obtención de enerxías renovables non computará edificabilidade, pero si ocupación. Ás construcións vinculadas a estas instalacións aplicaráselles a presente ordenanza e o relativo á clase industria compatible.

10) Cumpriranse as medidas de integración paisaxística de aplicación, incorporadas no capítulo VII. Medidas de integración paisaxística, da presente ordenanza.

Artigo 62. Ordenanza 2. Equipamento deportivo (EQD)

1. Ámbito de aplicación.

Esta ordenanza será de aplicación á zona integrada no ámbito do proxecto sectorial, grafada no plano de ordenación nº O-02, Ordenanzas e aliñacións, coa denominación EQD. Incluirá as zonas axardinadas derivadas da implantación do dito equipamento.

2. Condicións dos usos.

Usos permitidos: clase equipamento deportivo sen edificabilidade.

Usos prohibidos: todos os demais.

3. Condicións da edificación.

• Non se establece edificabilidade. Non se permiten edificacións nin instalacións permanentes.

• Os usos e implantacións regularanse polas limitacións, servidumes e autorizacións establecidos na lexislación sectorial de aplicación (Lei de augas de Galicia).

4. Outras condicións.

1) A urbanización cumprirá as condicións de seguridade, accesibilidade contidas nas seccións 4ª e 5ª do capítulo III desta normativa. Empregaranse pavimentos permeables que faciliten a infiltración da auga de chuvia ao terreo.

2) As zonas axardinadas cumprirán as condicións contidas nos artigos 39 e 55 desta normativa (mantemento e acondicionamento de arboredo e zonas verdes e integración paisaxística).

3) Cumpriranse as limitacións derivadas das lexislacións sectoriais de aplicación.

Artigo 63. Ordenanza 3. Aparcadoiro público (AP)

1. Ámbito de aplicación.

Esta ordenanza será de aplicación á zona integrada no ámbito do proxecto sectorial, grafada no plano de ordenación nº O-02, Ordenanza e aliñacións, coa denominación AP. Incluirá as vías interiores e as zonas axardinadas, derivadas da implantación da área de aparcadoiro.

2. Condicións de uso.

Usos permitidos: clase aparcadoiro público.

Usos prohibidos: todos os demais.

3. Outras condicións.

1) Dimensións.

• Aparcadoiros en cordón: 2,20 m × 4,50 m.

• Aparcadoiros en batería ou espiña: 2,40 m × 4,50 m.

• Aparcadoiros discapacitados: 3,50 m × 5,00 m.

• Ancho mínimo da rúa de manobra aos aparcadoiros: 6 metros.

2) Prazas adaptadas.

• A contía de prazas adaptadas, os itinerarios e espazos anexos cumpriran as condicións establecidas no artigo 37 da base 3 do Código de accesibilidade, contido no Regulamento de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (RASB), e as prescricións do CTE.

3) Pavimentos.

• Empregaranse pavimentos permeables non selantes que faciliten a infiltración da auga de chuvia ao terreo.

4. Será de obrigado cumprimento a Orde VIV/561/2010, do 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados.

Artigo 64. Ordenanza 4. Zona verde e espazos libres públicos (ZV)

1. Ámbito de aplicación.

Esta ordenanza será de aplicación á zona integrada no ámbito do proxecto sectorial, grafada no plano de ordenación nº O-02, Ordenanza e aliñacións, coa denominación ZV. Incluirá os espazos libres e zonas verdes contiguas á área de aparcadoiro.

2. Condicións de uso.

Usos permitidos: clase zona verde e espazos libres públicos.

Usos prohibidos: todos os demais.

3. Outras condicións.

1) As zonas axardinadas cumprirán as condicións contidas no artigo 39 (mantemento e acondicionamento de arboredo e zonas verdes) e aqueles que sexan de aplicación do capítulo VII. Medidas de integración paisaxística, da presente ordenanza.

2) Nestes espazos respectarase a vexetación arbórea que poida existir e poderanse tratar con sendas, acondicionamento vexetal e mobiliario urbano, cando a lexislación sectorial o autorice.

3) Cumpriranse as limitacións derivadas das lexislacións sectoriais de aplicación.

Artigo 65. Ordenanza 5. Solo rústico de protección das augas (SRPAU)

1. Ámbito de aplicación.

Esta ordenanza asígnase á franxa de terreo que segue o leito do regato Meixos, grafada nos planos correspondentes coa denominación SRPAU e delimitada por unha liña paralela á liña exterior do leito, a unha distancia de 5 metros.

Aplícase esta ordenanza aos sectores de solo grafados coas siglas SRPAU no plano de ordenación nº O-02, Ordenanzas e aliñacións.

2. Usos e actividades.

As facultades, usos e actividades permitidos aos propietarios deste tipo de solo serán os regulados pola Lei 2/2016, do solo, e o seu regulamento.

As facultades, usos e actividades indicados nos devanditos articulados enténdense co alcance que sexa compatible co réxime de protección a que a lexislación sectorial que resulte de aplicación suxeite os terreos, e nas condicións e coas limitacións que nela se establezan.

En todo caso, no solo rústico de especial protección será necesario obter a autorización ou informe favorable do órgano que desempeñe a competencia sectorial correspondente con carácter previo á obtención do título habilitante municipal ou autorización autonómica nos casos en que esta fose preceptiva segundo o disposto no artigo 36.2 da LSG.

Artigo 66. Ordenanza 6. Solo rústico de protección de infraestruturas (SRPIN)

1. Ámbito de aplicación.

Esta ordenanza asígnase á franxa de terreo anexa á estrada AC-301, grafada nos planos correspondentes coa denominación SRPIN e delimitada pola liña límite de edificación, consistente nunha liña paralela á aresta exterior da calzada (liña branca), trazada a unha distancia de 15 metros.

Aplícase esta ordenanza aos sectores de solo grafados coas siglas SRPIN no plano de ordenación nº O-02, Ordenanzas e aliñacións.

2. Usos e actividades.

As facultades, usos e actividades permitidos aos propietarios deste tipo de solo serán os regulados pola Lei 2/2016, do solo, e o seu regulamento.

As facultades, usos e actividades indicados nos devanditos articulados enténdense co alcance que sexa compatible co réxime de protección a que a lexislación sectorial que resulte de aplicación suxeite os terreos, e nas condicións e coas limitacións que nela se establezan.

En todo caso, no solo rústico de especial protección será necesario obter a autorización ou informe favorable do órgano que desempeñe a competencia sectorial correspondente con carácter previo á obtención do título habilitante municipal ou autorización autonómica nos casos en que esta fose preceptiva segundo o disposto no artigo 36.2 da LSG.

3. Condicións de parcelación e segregación.

1) As parcelacións e segregacións de parcelas lindeiras coas estradas de titularidade autonómica só se poderán autorizar cando o acceso rodado de todas as novas parcelas xeradas se resolva a través doutras vías públicas que non sexan de titularidade autonómica.

2) Será requisito para a realización de parcelacións e segregacións nas zonas de servidume e afección das estradas de titularidade autonómica a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas ou do órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.

4. Condicións de posición.

A. Posición da edificación.

1) Entre as estradas de titularidade autonómica e a liña límite de edificación, segundo se establece na lexislación sectorial en materia de estradas autonómicas, prohíbese calquera tipo de construción de nova planta, por encima ou por debaixo da rasante do terreo. Non se admitirán voos sobre as liñas límites de edificación que dan fronte ás estradas autonómicas.

2) Será requisito para o outorgamento da correspondente licenza municipal para a execución de todo tipo de edificacións e outras construcións nas zonas de servidume e afección das estradas autonómicas a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas ou do órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.

B. Posición dos cerramentos.

1) A posición dos cerramentos de parcelas nas marxes das estradas de titularidade autonómica rexerase pola lexislación e normativa sectorial aplicable en materia de estradas.

2) Será requisito para a obtención da correspondente licenza municipal para a execución de cerramentos nas zonas de servidume e afección das estradas de titularidade autonómica a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas ou do órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.

5. Condicións de acceso.

Será requisito para o establecemento de accesos ás estradas autonómicas a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas ou do órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.

A obtención da autorización de acceso mencionada anteriormente será requisito previo para a obtención da correspondente licenza municipal para realizar calquera tipo de edificación na parcela, excepto no caso no que se dispoña dun acceso alternativo que non se realice a través da estrada autonómica.

Artigo 67. Ordenanza 7. Sistema xeral viario (VR)

1. Ámbito de aplicación.

Aplícase esta ordenanza aos sectores de solo grafados coas siglas VR, no plano de ordenación nº O-02, Ordenanzas e aliñacións.

Comprende os espazos destinados ao sistema de vías públicas do ámbito, constituídos polas vías de ligazón e acceso ao ámbito do Campus Tecnolóxico Cortizo. Esta conexión constitúe a única vía de dominio e uso público prevista no proxecto sectorial con destino á circulación de vehículos. Será urbanizada polo promotor e cedida obrigatoria e gratuitamente á Administración titular competente (Concello de Rois).

2. Condicións de trazado e execución.

O trazado e execución da vía de ligazón e acceso desenvolverase mediante o correspondente proxecto de obra de conexión e ligazón coa vía Agronovo a Seira. Parte deste trazado desenvolverase sobre terreos do dominio público de estradas e unha vía preexistente de acceso ao Club de Golf de Rois. Completada a tramitación da solicitude de transferencia de dominio realizada polo Concello de Rois á AXI e obtida a restante superficie necesaria para o adecuado trazado do acceso mediante sistema de expropiación, procederase á execución da vía. Tras a súa execución, a vía de acceso será cedida ao Concello de Rois. O trazado e proxecto deberá ser autorizado polo organismo sectorial competente.