Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 25 de marzo de 2022 Páx. 19745

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Pleno, do 6 de outubro de 2021, polo que se aproban as bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos.

Con data do 25 de outubro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 205) a Resolución do 14 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade ao Acordo do 6 de outubro de 2021, do Pleno do Consello de Contas, polo que se aproban as bases comúns para a convocatoria de concursos específicos de méritos no Consello de Contas de Galicia.

Porén, advertidos erros na páxina 52058, resulta necesario que se corrixa a palabra «control» do penúltimo parágrafo da base terceira, letra f) «experiencia profesional específica (6 puntos) 1ª Postos de fiscalización e auditoría, pola palabra «xestión».

Así, onde di: «Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de experiencia desenvolvendo funcións en postos con funcións de control económico-financeiro do sector público do mesmo ou superior nivel do posto a que se aspira: 0,1 puntos», debe dicir: «Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de experiencia desenvolvendo funcións en postos con funcións de xestión económico-financeira do sector público do mesmo ou superior nivel do posto a que se aspira: 0,1 puntos».

Con data do 19 de novembro de 2021 publicouse no DOG nº 223 unha corrección de erros á Resolución do 14 de outubro, tras advertir erros relativos á configuración dos anexos, figurando na páxina 56859 o anexo III (certificado de funcións e tarefas) polo que, así mesmo, resulta necesario proceder á corrección do anexo III (certificado de funcións e tarefas) do seguinte xeito:

Na devandita páxina, na sexta e sétima liñas do cadro a) Postos de fiscalización e auditoría, onde di:

Funcións de control económico-financeira do sector público do mesmo ou superior nivel do posto a que se aspira

Postos vinculados á xestión económico-financeira do sector público de inferior nivel do posto a que se aspira

Debe dicir:

Xestión económico-financeira do sector público do mesmo ou superior nivel do posto a que se aspira

Xestión económico-financeira do sector público de inferior nivel do posto a que se aspira