Antecedentes:
Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 15 de marzo de 2022, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción da senda na AC-524 (concello de Frades), de clave AC/21/133.06, no municipio de Frades (A Coruña).
A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos. Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.
A actuación prevista no proxecto comprende a creación dun itinerario peonil e ciclista pola marxe esquerda da estrada AC-524, entre os puntos quilométricos (pp.qq.) aproximados 7+820 e 8+590, que permita a conexión entre el núcleo rural de Pibideira e os núcleos do Pazo e Sobre dos Campos, conectando coa senda existente na travesía de Abellá. Ademais das obras de pavimentación, levarase a cabo a execución do sistema de drenaxe de augas pluviais e a reposición daqueles servizos afectados pola execución das obras.
Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.
Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.
Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Frades (rúa Cimadevila, 10, 15685 Frades, A Coruña).
Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2022
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción
Senda na AC-524 (concello de Frades), de clave AC/21/133.06
Concello de Frades.
Nº |
Ref. catastral |
Polígono |
Parcela |
Titular |
DNI |
Clasificación NN.SS. |
Uso |
Situación básica do solo |
Superficie total |
Superficie afectada |
001 |
15039B50300035 |
503 |
35 |
Marzoa Otero, José Manuel |
***5938** |
Solo rústico de protección de infraestruturas |
Agrario |
Rural |
16.207 |
262,36 |