Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 28 de marzo de 2022 Páx. 20285

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de varias prazas de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal dun técnico superior para o proxecto Silencios e de 1 titulado/a superior e 1 técnico/a ciclo formativo superior para o proxecto Pescando 4.0.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 22 de marzo de 2022

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente del Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar