Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 28 de marzo de 2022 Páx. 20282

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións en Lendoiro-A Barcala.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 9 de marzo de 2022 aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións en Lendoiro-A Barcala, redactado pola entidade Oficina de Planeamiento, S.A., o que se fai público para xeral coñecemento.

Tanto este instrumento de planeamento como o seu expediente se someten a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo contado a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Cambre, 11 de marzo de 2022

Óscar A. García Patiño
Alcalde