Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico, o estudo de impacto ambiental e a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Serra do Farelo, situado nos concellos de Agolada, na provincia de Pontevedra, e Antas de Ulla, na provincia de Lugo, e promovido por AV Serra do Farelo, S.L. (expediente IN661A DXIEM-01/11).

Mediante a Resolución do 28 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, someteuse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico, o estudo de impacto ambiental e a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Serra do Farelo, situado nos concellos de Agolada na provincia de Pontevedra e Antas de Ulla na provincia de Lugo e promovido por AV Serra do Farelo, S.L. (expediente IN661A DXIEM-01/11).

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 27 de xullo de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Por este motivo, a citada información pública fíxose polo prazo 15 días.

Vista a Sentencia nº 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está a ser obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese de novo a información pública por un prazo de 30 días a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico, o estudo de impacto ambiental e a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Serra do Farelo, situado nos concellos de Agolada na provincia de Pontevedra e Antas de Ulla na provincia de Lugo e promovido por AV Serra do Farelo, S.L. (expediente IN661A DXIEM-01/11).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 do decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante/promotora: AV Serra do Farelo, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Serra do Farelo.

Concellos afectados: Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo).

Potencia que se vai instalar: 18 MW.

Produción neta anual estimada: 71.596 MWh/ano.

Orzamento total (execución por contrata): 18.207.00,22 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Serra do Farelo

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

A

582.275,20

4.737.785,57

B

585.956,45

4.737.785,57

C

588.443,34

4.735.485,57

D

583.875,20

4.733.785,57

As coordenadas dos aeroxeradores e do centroide e a envolvente da subestación (SUB) son:

Aeroxerador/SUB

Parque eólico Serra do Farelo

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

SF01

583.431,46

4.737.496,2

SF02

583.497,07

4.737.003,26

SF03

583.817,5

4.736.520,57

SF04

583.915,25

4.736.209,19

SF05

584.012,99

4.735.897,82

SUB (Centroide)

583.413

4.736.235

SUB

583.375,18

4.736.235,34

SUB

583.428,84

4.736.269,68

SUB

583.451,61

4.736.234,09

SUB

583.397,96

4.736.199,75

As coordenadas da torre meteorolóxica son:

Torre

Parque eólico Serra do Farelo

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

TM

583.540,15

4.737.167,92

Características técnicas recollidas no proxecto:

• 2 aeroxeradores modelo V150 de 4,2 MW cunha altura de buxeiro de 105 m do fabricante Vestas, diámetros de rotor de 150 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 5.150 kVA e relación de transformación de 0,72/30 kV.

• 3 aeroxeradores V136 de 3,3 MW (2 ud) e V136 3,0 MW (1 ud) cunha altura de buxeiro de 112 m do fabricante Vestas, diámetros de rotor de 136 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 3.600 kVA e relación de transformación de 0,72/30 kV.

• Redes soterradas de media tensión (30 kV) para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,72/30 kV e a subestación transformadora 30/132 kV.

• Subestación transformadora 30/132 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 30/37,5 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,4 kV, equipos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm2.

• 1 torre meteorolóxica de 112 m de altura.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, proxecto de interese autonómico e relación de bens e dereitos afectados, a cal figura no anexo que se insire a esta resolución.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía das xefaturas territoriais de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 39), e de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 88 90 87/982 29 46 66); así como nos concellos de Agolada (Pontevedra), Antas de Ulla (Lugo) e tamén na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5 , 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79 e 981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas e os propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, poidan examinar os documentos indicados anteriormente e presentar as alegacións que xulguen oportunas no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Anexo

Relación de bens e dereitos afectados. Parque eólico Serra do Farelo e conexión de evacuación

Predio

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Titularidade proposta

Datos catastrais

PD: pleno domino

SP: servi. de paso

SV: servi. voo

OT: ocupac. temp. (acopios)

Pol.

Parc.

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Cim.

Plat.

Torre met.

Subest.

Vial

Gabia

Concello de Agolada (Pontevedra)

1

Blanco González Celsa e outros

504

212

36020J50400212

Monte Cerrado

Matogueira

 

 

 

 

1.701

228

 

 

2

Fernández Grela Jaime

504

213

36020J50400213

Monte Cerrado

Matogueira

 

 

 

 

500

92

 

 

3

Fernández Blanco García-Gesfor, S.L.

504

214

36020J50400214

Monte Cerrado

Matogueira

 

 

 

 

1.380

213

 

 

4

Varela Casares Ofelia

504

215

36020J50400215

Monte Cerrado

Matogueira

 

 

 

 

848

97

 

 

5

Pumar Sieiro Ángel

504

216

36020J50400216

Monte Cerrado

Matogueira

 

1.477

 

 

706

245

 

 

6

Negro Rivas Emilio

504

217

36020J50400217

Monte Cerrado

Matogueira

 

636

 

 

 

81

 

 

7

Pérez Castro Eusebio

504

218

36020J50400218

Monte Cerrado

Matogueira

 

984

 

 

 

135

 

 

8

Buján Pereiro Isidro José (Hdros.)

504

219

36020J50400219

Monte Cerrado

Matogueira

 

1.126

 

 

 

154

749

 

9

Pereriro Calvo Jesús (Hdros.)

504

220

36020J50400220

Monte Cerrado

Matogueira

233

4.356

 

 

 

226

2.639

 

10

Fraga Vázquez José (Hdros.)

504

221

36020J50400221

Monte Cerrado

Matogueira

278

986

 

 

 

31

2.062

 

11

Buján Costa Juan

504

222

36020J50400222

Monte Cerrado

Matogueira

 

30

 

 

 

 

2.839

 

12

Costa Lorenzo Alfredo (Hdros.)

504

223

36020J50400223

Monte Cerrado

Matogueira

 

 

 

 

 

 

2.429

 

13

MVCM Trabancas (Pdte. José Luis Glez. Casares)

504

211

36020J50400211

Traspalleiro

Matogueira

525

9.127

 

 

577

3.091

13.366

 

14

Axencia Galega de Desenvovemento Rural

503

169

36020J50300169

A Forte

Matogueira

 

 

 

3446

1.041

164

 

 

15

Sieiro Varela Mª del Carmen (Hdros.)

503

167

36020J50300167

A Forte

Matogueira

 

 

 

791

 

 

 

 

16

MVCM Trabancas (Pdte. José Luis Glez. Casares)

503

166

36020J50300166

A Forte

Monte alto

511

4.347

 

 

3.277

879

3.127

 

17

Hernández Egido Juan José

503

164

36020J50300164

A Forte

Monte alto

 

130

 

 

2.373

363

3.182

 

18

Seco Montouto José Manuel

503

163

36020J50300163

A Forte

Monte alto

 

 

 

 

4.682

41

 

 

19

Oro Rodríguez Dolores

503

162

36020J50300162

A Forte

Monte alto

 

 

 

 

4.399

 

 

 

Concello de Antas de Ulla (Lugo)

20

MVMC Facha (Pdte. Javier Blanco)

59

470

27003A05900470

Costa da Pena

Piñeiral madeirable

511

11.327

121

 

14.944

2.141

10.606

 

21

López Guerreiro Sonia María e outro

59

130

27003A05900130

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

1

 

 

 

22

Diéguez Télez Jesús

59

131

27003A05900131

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

212

 

 

 

23

José Antonio Méndez Val (Hdros.)
Rpte.: Hermitas Sánchez Carballo

59

132

27003A05900132

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

655

 

 

 

24

Dolores Val Agromartín (Hdros.)
Rpte.: Hermitas Mosquera

59

133

27003A05900133

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

649

3

 

 

25

Ángela Télez García (Hdros.)
Rpte.: Saludina Télez Otero

59

134

27003A05900134

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

737

236

 

 

26

José Mosquera Vázquez (Hdros.)/Rpte. Concepción Fdez. Cabanas

59

135

27003A05900135

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

589

360

 

 

27

Rey Diéguez María

59

136

27003A05900136

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

657

75

 

 

28

Varela Méndez M. Manuela

59

137

27003A05900137

Costa da Pena

Matogueira

 

4

 

 

613

69

 

 

29

Méndez Pereiro M. Engracia

59

138

27003A05900138

Costa da Pena

Matogueira

 

940

 

 

589

98

 

 

30

José Varela García (Hdros.)
Rpte.: Javier Seijas Varela

59

139

27003A05900139

Costa da Pena

Matogueira

 

1.629

 

 

360

95

 

 

31

Castro Lamela María

59

140

27003A05900140

Costa da Pena

Matogueira

 

1.463

 

 

324

59

 

 

32

Severino Rivas Fraga (Hdros.)
Rpte.: Jesús e Ermesinda Rivas Quinteiro

59

141

27003A05900141

Costa da Pena

Matogueira

 

485

 

 

306

59

 

 

33

García Val Olandina

59

142

27003A05900142

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

270

50

 

 

34

Ángela Blanco Negro (Hdros.)
Rpte.: Mercedes Fernández Varela

59

143

27003A05900143

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

336

59

 

 

35

M. Manuel Vázquez Villaramid (Hdros.)

59

144

27003A05900144

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

298

55

 

 

36

Emilio Blanco Blanco (Hdros.)
Rpte.: Ramiro Méndez Val

59

145

27003A05900145

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

314

56

 

 

37

García Blanco José

59

146

27003A05900146

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

330

57

 

 

38

Varela Seijas Javier

59

147

27003A05900147

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

361

58

 

 

39

García Sánchez Eulogio

59

148

27003A05900148

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

421

61

 

 

40

García Blanco José

59

149

27003A05900149

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

451

64

 

 

41

Constantino García Méndez (Hdros.)
Rpte.: Fausto García Piñeiro

59

150

27003A05900150

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

375

57

 

 

42

Rey Diéguez María

59

151

27003A05900151

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

476

68

 

 

43

Mourelle Piñeiro Carmen

59

152

27003A05900152

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

501

64

 

 

44

Carballo Mosquera Carmen
Carballo Mosquera Hermitas

59

153

27003A05900153

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

551

61

 

 

45

Calvo Pazos José

59

154

27003A05900154

Costa da Pena

Matogueira

 

 

 

 

766

72

 

 

46

MVMC Fonfría (Rpte. José Imerio Viñas Fernández)

59

413

27003A05900413

Costa da Pena

Matogueira

496

10.360

 

 

31.334

3.109

2.117

 

47

Calvo Seijas Abel

59

496

27003A05900496

Monte Mañón

Matogueira

 

 

 

 

115

 

 

 

PD: afeccións en pleno dominio.

– Zapata do aeroxerador.

– Cimentación: cimentación do aeroxerador.

– Plataforma: plataforma de montaxe do aeroxerador.

– Torres meteorolóxicas.

– Subestación (subest.): subestación eléctrica.

SP: afeccións por servidume de paso.

– Vial.

– Gabia.

SV: afeccións por servidume de voo.

OT: afeccións por ocupación temporal durante as obras.