Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador.
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida.
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 45231300-8 (traballos de construción de tubaxes para auga e augas residuais).
4. Código NUTS do lugar principal das obras: ES114 Valga (Pontevedra).
5. Descrición do obxecto da licitación: obra de melloras da rede de abastecemento de auga potable en distintos lugares do concello de Valga 2019. Valga (Pontevedra). Clave do expediente: OH.236.1183.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 151.535,97 euros. Importe total: 183.358,52 euros.
8. Valor estimado do contrato: 151.535,97 euros.
9. Prazo de execución do contrato: 2 meses.
10. Criterios de adxudicación.
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 15 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 10 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10%), programa de construción da obra (ponderación 8 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 2 de novembro de 2021.
12. Número de ofertas recibidas.
12.1. Ofertas totais: 13.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 12.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 19 de novembro de 2021.
14. Empresa contratista.
14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Vázquez y Reino, S.L.
14.2. NIF: B15618598.
14.3. Enderezo: avda. de Razo, 22, baixo, 15100 Carballo (A Coruña).
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Teléfono: 981 75 57 88.
14.6. Fax: 981 75 55 32.
14.7. Correo electrónico: construc@vazquezyreino.com
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 134.591,33 euros. Importe total: 163.291,11 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.
A actuación poderá ser susceptible de financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20 «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de investimento 13.i «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; obxectivo específico 20.1.4 «Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde»; actuación 20.1.4.5 «Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).
A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise propostas na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).
O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do Fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.
Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.
17. Servizo de que se pode obter información sobre o contrato formalizado.
17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 30 de marzo de 2021.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 2 de novembro de 2021.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 19 de novembro de 2021.
Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 22 de novembro de 2021.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2022
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia