Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ponteceso (expediente-e IN407A 2021/239-1).

Expediente-e: IN407A 2021/239-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Lestimoño.

Concello: Ponteceso.

1. Características técnicas:

• Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.372 m, coa orixe no PAS que se vai realizar no apoio existente 9NE0QG22//25 da LMTA CBA805, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, e final no CT proxectado.

• Centro de transformación prefabricado no lugar de Lestimoño, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 7 de marzo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/239-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Lestimoño.

Concello: Ponteceso.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Lestimoño, parcela: 19, polígono: 175.

Cultivo: labor/labradío secaño.

Propietario: José Fondo Pastoriza.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: centro transformación.

• m2: 20,12.