Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21251

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022, reservadas a promoción interna (CPI2022F), e rectificación da Resolución presidencial 2022001969, que aproba a dita convocatoria.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 57, do 23 de marzo de 2022, publícase a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022, reservadas a quenda interna (CPI2022F):

1. Dez prazas de técnica/o media/o en educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media e integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna.

2. Dúas prazas de oficial condutor maquinista, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, grupo C1, quenda de promoción interna.

3. Dúas prazas de técnica/o de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala técnica, e integradas no grupo A1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna

No Boletín Oficial da provincia núm. 60, do 28 de marzo de 2022, publicouse a rectificación da dita convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica da Deputación e no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 28 de marzo de 2022

A presidenta da Deputación de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL