Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria das bases dos procesos selectivos convocados para a cobertura de 22 prazas de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A1), C.E. 2/21, e 17 prazas de técnico/a medio/a de xestión (subgrupo A2), C.E. 3/21.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 249, do 31 de decembro de 2021, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de decembro de 2021, relativas ás seguintes convocatorias:

– 22 prazas de ténico/a de Administración xeral (subgrupo A1), C.E. 2/21.

– 17 prazas de técnico/a medio/a de xestión (subgrupo A2), C.E. 3/21.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 7 de marzo de 2022

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior