Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira da praza de inspectora de urbanismo e medio ambiente.

A concellería de goberno delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante a Resolución do 9 de febreiro de 2022, nomeou funcionaria de carreira deste concello a:

– Paula María Casal Vázquez, con DNI ***3600**, para ocupar unha praza de inspector/a de urbanismo e medio ambiente da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre.

O devandito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 7 de marzo de 2022

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura