Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21728

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas para a elaboración dos informes técnicos correspondentes na fase de adxudicación e a dirección de execución do contrato de obra para a construción da terminal de autobuses e dos elementos comúns coa remodelación da estación ferroviaria integrados na área intermodal da Coruña-San Cristóbal e dos contratos de servizo complementarios á obra correspondente.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas, para a elaboración dos informes técnicos correspondentes na fase de adxudicación e a dirección de execución do contrato de obra para a construción da terminal de autobuses e dos elementos comúns coa remodelación da estación ferroviaria integrados na área intermodal da Coruña-San Cristóbal e dos contratos de servizo complementarios á obra correspondentes, que ten as seguintes características:

1.1. Obxecto: esta encomenda terá por obxecto a realización das seguintes actuacións:

• Respecto do contrato de obra:

A elaboración dos informes de carácter técnico que, en relación co procedemento de adxudicación deste contrato, sexan solicitados polo órgano encomendante.

A dirección de obra e as funcións de responsable do contrato nos termos do artigo 62 da LCSP do referido contrato.

• Respecto dos contratos de servizo complementarios do contrato de obra, en concreto, o contrato do servizo de control e vixilancia das obras e o contrato do servizo de coordinación de seguridade e saúde, as funcións de responsable do contrato nos termos do artigo 62 da LCSP do referido contrato.

1.2. Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao seren a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a AXI órganos pertencentes á mesma consellería con personalidade xurídica propia.

1.3. Prazo de vixencia: a presente encomenda está vinculada ao contrato de obra para a construción da terminal de autobuses e dos elementos comúns coa remodelación da estación ferroviaria integrados na área intermodal da Coruña-San Cristóbal, e aos seus contratos de servizo complementarios, polo que a súa duración finalizará cando remate a execución destes.

1.4. Supostos de finalización anticipada: por incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

1.5. Taxas: a encomenda non liquidará ningunha taxa a favor da AXI en concepto de custo polos servizos que se presten no seu desenvolvemento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade