Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, emprazado nos concellos da Cañiza e Covelo da provincia de Pontevedra (IN661A 2011/3-4).

Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, someteuse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, emprazado nos concellos da Cañiza e Covelo da provincia de Pontevedra, promovido por Alto da Telleira, S.L. (expediente IN661A 2011/3-4).

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 27 de xullo de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Por este motivo, a citada información pública fíxose polo prazo de 15 días.

Vista a sentenza número 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

– Solicitante: Alto da Telleira, S.L.

– Denominación do proxecto: parque eólico Alto da Telleira.

– Concellos afectados: A Cañiza e Covelo (Pontevedra).

– Potencia que se vai instalar: 48 MW.

– Número de aeroxeradores que se van instalar: 9.

– Produción neta anual estimada: 137.329 (MWh/ano).

– Orzamento total (execución material): 35.365.747 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

555.875,00

4.679.651,00

Covelo

2

557.875,00

4.679.651,00

Covelo

3

557.875,00

4.677.785,00

A Cañiza

4

557.375,00

4.674.785,00

A Cañiza

5

553.875,00

4.674.785,00

Covelo

6

553.875,00

4.678.285,00

Covelo

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

1

554.842,00

4.677.300,00

Covelo

2

554.970,00

4.676.868,00

Covelo

3

555.680,00

4.677.547,00

Covelo

4

555.906,00

4.677.061,00

Covelo

5

556.172,00

4.678.922,00

Covelo

6

556.370,00

4.678.569,00

Covelo

7

556.730,00

4.676.951,00

A Cañiza

8

557.087,00

4.678.354,00

Covelo

9

557.397,00

4.679.165,00

Covelo

Subestación colectora Alto da Telleira:

Centro

xeométrico

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

Centroide

556.163,00

4.677.975,00

Covelo

Envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Termo municipal

A

556.207,00

4.678.039,00

Covelo

B

556.157,00

4.678.026,00

Covelo

C

556.164,00

4.678.001,00

Covelo

D

556.152,00

4.677.997,00

Covelo

E

556.166,00

4.677.947,00

Covelo

F

556.227,00

4.677.963,00

Covelo

Liña soterrada interconexión SET Alto da Telleira e SE Fontefría:

Arqueta receptora

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Inicio liña 220 kV SET Alto da Telleira

556.191,00

4.678.030,00

Fin liña 220 kV SE Fontefría

556.396,00

4.678.130,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Nove (9) aeroxeradores: os aeroxeradores identificados cos números 1, 2, 4, 5, 6 e 8 serán do modelo V162-5,6 MW de Vestas, cunha altura de buxeiro de 119 metros e un diámetro de rotor de 162 metros. Os aeroxeradores identificados como 3 e 7 serán do modelo V162-4,8 MW de Vestas, coa mesma altura e o mesmo diámetro de rotor e, por último, o identificado como número 9 será do modelo V150-4,8 MW de Vestas con altura de buxeiro de 105 metros e un diámetro de rotor de 150 metros.

– Nove (9) centros de transformación de potencia aparente 7.000 kVA e tensión 0,720/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede soterrada de media tensión (30 kV), de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación Alto da Telleira 30/220 kV, formada por cinco (5) circuítos con cables RHZ1 18/30 kV de seccións de 240 e 400 mm² segundo o tramo. A mesma gabia incluirá cablaxe de terra de Cu de 50 mm² e condutores de fibra óptica.

– Subestación colectora Alto da Telleira 30/220 kV. A aparellaxe de 220 kV situarase no parque de intemperie e será de tecnoloxía convencional (AIS) para as posicións de liña e de tecnoloxía híbrida (HIS) para as posicións de transformador. No referente á aparellaxe de 30 kV, esta situarase no edificio da subestación e será de tecnoloxía baseada en celas metálicas prefabricadas de illamento en hexafluoruro de xofre.

A subestación obxecto deste proxecto estará composta dos seguintes elementos:

– Dúas (2) posicións de liña de 220 kV cos equipos necesarios de protección e medida.

– Dous (2) módulos de embarrado con medida de tensión en 220 kV.

– Dúas (2) posicións de transformador de potencia de 220/30 kV cos equipos necesarios de protección e medida.

– Dous (2) transformadores de potencia de relación 220/30 kV de tipo intemperie e con potencias aparentes de 70/80 MVA (ONAN/ONAF) e 105/120 MVA (ONAN/ONAF).

– Un (1) transformador de servizos auxiliares de 100 kVA.

– Nove (9) posicións de liña de 30 kV, equipadas cos equipos necesarios de protección e medida.

– Sete (7) posicións de corte e medida de 30 kV.

– Dúas (2) posicións de transformador de potencia e dúas (2) de transformador de servizos auxiliares de 30 kV, equipadas cos equipos necesarios de protección e medida.

– Dúas (2) posicións de batería de condensadores.

– O parque de intemperie contará ademais con dúas (2) reactancias de posta a terra e dúas (2) baterías de condensadores.

– Rede soterrada de alta tensión (220 kV) de 270 m, de interconexión entre a subestación Alto da Telleira e a subestación de Fontefría 400/220 kV, formada por cables tipo RHE-RA+2 OL 127/220 kV 1×2.000 mm2 Cu + T375 mm2 Al, enterrados en gabia dispostos en triángulo, cable de comunicacións PKP e de conexión equipotencial RV 0,6/1 kV 1×Cu300 mm2.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

De acordo co artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consérvase a validez de todas as alegacións xa presentadas que constan no expediente.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello da Cañiza (rúa Oriente, 11, 36888 A Cañiza, Pontevedra) e de Covelo (praza do Mestre Cerviño, 2, 36872 Covelo).

Pontevedra, 8 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra