Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21952

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a modificación das bases específicas para a selección de catro (4) prazas de persoal.

O director xerente do Cesga, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a modificación/emenda da titulación requirida para a selección de catro (4) prazas de persoal, a xornada completa e por duración determinada, asociadas á execución do proxecto financiado pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular, pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.

As novas bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia