A xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021021COVID-PO e catorce máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.
Tras intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lles notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.
Contra estas presente resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 22 de marzo de 2022
Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/NIE da persoa interesada |
Último enderezo coñecico |
|
2021021COVID-PO |
X7287150Z |
Rúa da Leira, 4, 36617 Vilagarcía de Arousa |
|
2021025COVID-PO |
11909703G |
Travesía de Vigo, 219, 2º, porta 21, 36207 Vigo |
|
2021725AE-PO |
77459361F |
Lampreeira, 7, 36157 Pontevedra |
|
2021777AE-PO |
52957350B |
Rúa Alfonso Trabazo, B23, 3ºB, 36540 Silleda |
|
2021968AE-PO |
44277267J |
Rúa Andrés Segovia, 35, 18199 Granada |
|
20211104AE-PO |
36101844D |
O Pomar de Suso, 4-B, 36460 Salceda de Caselas |
|
20211110AE-PO |
77402711Y |
Paradellas, 1, 36142 Vilaboa |
|
20211116AE-PO |
35430705X |
Rúa O Cruceiro de Galáns, 18, 36611 Vilagarcía de Arousa |
|
20211125AE-PO |
X6061364J |
Rúa Fabaloba-Berán, 23, 32420 Leiro |
|
20211146AE-PO |
10087923P |
A Devesa, 9, 36570 Silleda |
|
20211183AE-PO |
54226142P |
Rúa Frei Xoán Nieto, 3, 3º C, 15940 A Pobra do Caramiñal |
|
20211199AE-PO |
X7107987K |
Rúa Rexedor Xoán de Linares, 3, 15940 A Pobra do Carmiñal |
|
20211222AE-PO |
Y1278685Z |
Rúa Salamanca, 11, 5º esquerda, 36211 Vigo |
|
20211317AE-PO |
45159285G |
Estrada do Portal, 109, 36314 Vigo |
|
20211378AE-PO |
36039281Y |
Rúa Lugo, 1, 3º C, 36470 Salceda de Caselas |


