Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Merendón, situado nos concellos de Oia e O Rosal da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/19-4).

Por Resolución do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, someteuse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Merendón, emprazado nos concellos de Oia e O Rosal da provincia de Pontevedra, promovido por Tiraventos, S.L. (expediente IN661A 2011/19-4).

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de outubro de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 25 de outubro de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Por este motivo, a citada información pública fíxose polo prazo de 15 días.

Vista a sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que a mesma non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, en base ao principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Merendón.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Tiraventos, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Merendón.

Concellos afectados: Oia e O Rosal (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 21 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 5.

Produción neta anual estimada: 75.485 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 15.125.749,74 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

511.074,60

4.648.234,40

2

510.740,00

4.648.222,00

3

510.628,80

4.647.204,10

4

510.603,40

4.646.945,40

5

510.834,80

4.645.741,30

6

511.156,70

4.645.714,50

7

511.387,50

4.646.247,30

8

511.958,00

4.646.008,00

9

510.935,00

4.643.903,00

10

510.312,30

4.643.903,00

11

510.294,50

4.643.712,00

12

511.325,00

4.643.651,00

13

512.549,00

4.646.329,00

14

512.995,00

4.646.318,00

15

513.203,00

4.646.640,00

16

512.711,60

4.647.021,30

17

512.574,60

4.646.884,30

18

512.224,60

4.646.934,30

19

512.209,10

4.647.026,80

20

512.006,00

4.647.029,10

21

511.088,00

4.646.871,00

22

511.174,60

4.647.534,40

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

510.905,20

4.647.877,50

2

510.839,00

4.646.900,00

3

511.021,30

4.645.943,40

4

511.711,20

4.646.763,40

5

512.902,50

4.646.577,40

Coordenadas da subestación de manobra:

Envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

511.852,50

4.646.625,20

2

511.872,70

4.646.659,70

3

511.915,90

4.646.634,50

4

511.895,70

4.646.600,00

5

511.874,30

4.646.612,20

6

511.869,60

4.646.615,00

Coordenadas da subestación elevadora:

Envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

512.521,80

4.641.801,60

2

512.556,40

4.641.775,70

3

512.575,00

4.641.761,80

4

512.584,10

4.641.754,20

5

512.578,20

4.641.745,80

6

512.595,20

4.641.731,80

7

512.577,50

4.641.711,40

8

512.503,80

4.641.765,60

9

512.509,20

4.641.788,70

10

512.510,60

4.641.808,50

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Cinco (5) aeroxeradores modelo Vestas V136 de 4.200 kW de potencia nominal unitaria, de 112 m de altura de buxeiro e 136 m de diámetro de rotor.

– Cinco (5) centros de transformación de potencia aparente 4.700 kVA e tensión 0,72/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por dous (2) circuítos con cables RHZ1 H-16 18/30kV 2×Al de 95 mm2 e 400 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación de manobra.

– Subestación de manobra e centro de mando e control do parque. A subestación estará composta das seguintes posicións: unha (1) posición de liña para o circuíto 1 do parque eólico. Unha (1) posición de liña para o circuíto 2 do parque eólico. Unha (1) posición de interruptor automático. Unha (1) posición de transformador de servizos auxiliares. Unha (1) posición de medida de facturación e proteccións. Unha (1) posición de liña para a saída a liña de evacuación. Un (1) transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA. Así mesmo, para realizar as funcións de control, mando e protección da instalación montaranse os seguintes cadros: servizos auxiliares; baterías de corrente continua de 125 Vcc; proteccións eléctricas, e sistema de control e SCADA.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, con cables RHZ1 H-16 18/30 kV 1×Al de 400 mm2, de interconexión entre a subestación de manobra e a subestación de transformación 30/132 kV.

– Subestación de transformación 30/132 kV, que contará coas seguintes instalacións: unha (1) posición de transformador de 132 kV cos equipos necesarios de protección e medida. Un (1) transformador de 25 MVA, de tensións nominais 30/132 kV. Unha (1) posición de liña de 30 kV para a liña procedente do parque cos equipos necesarios de protección e medida. Unha (1) posición de 30 kV para o transformador de potencia cos equipos necesarios de protección e medida. Unha (1) posición para transformador de servizos auxiliares. Un (1) transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 40 kVA. Un (1) grupo electróxeno de 40 kVA, 400/230 V, 50 Hz. Así mesmo, para realizar as funcións de control, mando e protección da instalación montaranse os seguintes cadros: servizos auxiliares; baterías de corrente continúa 48 Vcc; proteccións eléctricas e sistema de control e SCADA. En 132 kV o transformador está directamente conectado á posición de 132 kV da subestación O Rosal mediante barras.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, a relación de bens e dereitos afectados, a cal figura no anexo que se inserta nesta resolución e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

De acordo co artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consérvase a validez de todas as alegacións xa presentadas que obran no expediente.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias dos concellos de Oia (Vista Alegre, s/n, 36794 Oia) e O Rosal (praza do Calvario, 1, 36770 O Rosal).

Pontevedra, 8 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Oia

Ref. catastral

Polg.

Parc.

Propietario

Pleno dominio

Serv. de paso (vía e gabia)

Serv.
de voo

Pleno dominio subest.

Serv. de paso (gabia)

Cultivo

Lugar

36036A03901230

39

1230

MVMC de Loureza Oia

11.793,80

14.911,17

18.389,94

-

-

MM Piñeiral madeireiro

Tilleiros de Oia

36036A05000168

50

168

MVMC de Loureza Oia

-

5.786,21

2.492,09

-

-

MT Matogueira

Tou Morto

Concello do Rosal

Ref. catastral

Polg.

Parc.

Propietario

Pleno dominio

Serv. de paso

Serv.
de voo

Pleno dominio subest.

Serv. de liña

Cultivo

Lugar

36048A00600163

6

163

MVMC de Santa Mariña do Rosal

5.408,93

16.191,79

8.751,41

-

1.512,97

MT Matogueira/MM Piñeiral madeireiro

Río Rigueiro

36048A00700820

7

820

MVMC de Santa Mariña do Rosal

-

2.061,47

-

-

1.195,10

MM Piñeiral madeireiro

Crestos

36048A00800044

8

44

MVMC de Santa Mariña do Rosal

-

2.620,49

-

-

3.969,07

MM Piñeiral madeireiro/MT Matogueira

Balordena

36048A00900324

9

324

MVMC de Santa Mariña do Rosal

-

7.177,53

-

-

-

MM Piñeiral madeireiro

Olla Marin

36048A01000001

10

1

MVMC de Santa Mariña do Rosal

11.509,04

37.294,66

8.082,56

-

5.646,17

MT Matogueira/EU Eucaliptus/MM Piñeiral madeireiro

Sen paraxe

36048A01100001

11

1

MVMC de Santa Mariña do Rosal

6.998,33

8.314,70

4.646,20

-

3.521,70

MM Piñeiral madeireiro

Sen paraxe

36048C51002216

510

2216

Grupo Ecoener

-

-

-

2.835,36

-

C-Labor ou labradío secaño

Estrada

36048C51002218

510

2218

José Ramón Cerqueira

-

-

-

893

-

C-Labor ou labradío secaño

Estrada