Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de marzo de 2022 polo que se somete a información pública a aprobación inicial da modificación número 2 do proxecto sectorial da Central de Transportes e Terminal Intermodal Ferroviaria en San Cibrao das Viñas, Ourense.

De conformidade co establecido no artigo 57 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a aprobación inicial da modificación número 2 do proxecto sectorial da Central de Transportes e Terminal Intermodal Ferroviaria en San Cibrao das Viñas, Ourense.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo