Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22456

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal e de retirada de árbores.

O artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (en diante, LPDIFG), sinala a obrigación das persoas responsables de xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros desde as vivendas máis próximas no caso de redes de faixas secundarias. Neste sentido, a súa disposición adicional terceira determina as especies afectadas para os efectos de xestión de biomasa vexetal e ordenación das repoboacións forestais.

O artigo 22.3 da LPDIFG, así como o punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigacións de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, sinalan que «cando non puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Instruídos os correspondentes procedementos de acordo co previsto na normativa aplicable, non foi posible a práctica da notificación aos titulares das parcelas cuxas referencias catastrais se relacionan, por causas non imputables a esta administración. En consecuencia, por medio deste anuncio comunícaselles a súa obrigación de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas (sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril), para o cal son requiridas, concedéndolles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo para que leven a cabo as actuacións necesarias para o cumprimento das súas obrigas.

Expediente

Ref. catastral

12/2022-4

15077A50300167

12/2022-8

15077A04800016

12/2022-10

15077A10100014

12/2022-10

15077A101000560000HH

12/2022-17

000700700NJ71F

12/2022-22

6751401NJ7156N

12/2022-23

6851806NJ7156N0001TE

12/2022-35

15077A17600141

San Sadurniño, 18 de marzo de 2022

Secundino García Casal
Alcalde