Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 23 de marzo de 2022 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2021001417 e vinte máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de
expediente

Predio

01967-Itinerario peonil e ciclista na AC-163 en Fontán (p.q. 1,280 a 1,840) e na AC-182, treito Mandín-As Torres (p.q. 2,460 a 2,860). Clave: AC/16/094.06

Hrdos. María Lourdes Siso Deus

27.1.2022

2021001417

7

02015-Mellora do saneamento de Tenorio. Termo municipal de Cerdedo-Cotobade

Delmira Sieiro Fernández

23.2.2022

2021001176

57

Obdulia Martínez

27.1.2022

2021001180

83

José Ventín Pais

27.1.2022

2021001181

88

José Manuel González González

27.1.2022

2021001182

89

Constantina Peleteiro Palmeiro

27.1.2022

2021001188

119

María Palmeiro Troitiño

27.1.2022

2021001194

162

María Martínez Pazos

27.1.2022

2021001196

172

02034-LAT 220 kV subestación Serra das Penas-subestación Chantada. Expediente 001/2007 AT. Termos municipais de Paradela, O Saviñao e Chantada

Gloria González López

16.12.2021

2021000902

104

Ramiro López Juiz

16.12.2021

2021000917

169

Hrdas. José Ramón López López (Rpte. María López López)

16.12.2021

2021000932

231

Herminia Quiroga Rodríguez

16.12.2021

2021000968

292

Carmen González López

16.12.2021

2021001015

351-1

Ramón Delgado Pérez

José Delgado Pérez

16.12.2021

2021001064

476

02042-Reformulación do proxecto de acondicionamento da estrada AC-566. Clave: AC/18/040.10

Hrdos. José Fraga Bellón

27.1.2022

2021001213

75

Luis López Fonticoba

27.1.2022

2021001217

103

Hrdos. Ildefonso García Vega

27.1.2022

2021001220

108

Hrdos. José Fraga Bellón

27.1.2022

2021001361

73

Hrdos. Mª Delfina López Rodríguez

27.1.2022

2021001365

112

02057-Itinerario peonil e ciclista na AC-552, treito Carballo-Coristanco, p.q. 32+620-34+400. Clave: AC/16/082.06. Termo municipal de Carballo

Marcelino Rodríguez España

27.1.2022

2021001431

1

02074-Adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, p.q. 0+000-18+700 (enlace A-54) ao plan de baixa IMD mellorada, treito 0+000-9+400. Termo municipal de Friol

Hrdos. Amelia Díaz Seren

23.2.2022

2021001684

15