Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), dentro da súa función de establecemento, desenvolvemento e xestión de plans e programas en materia de vivenda e solo e, máis concretamente, coa finalidade de dar resposta á demanda social de vivendas de protección oficial de promoción pública mediante a mellora, conservación e recuperación do patrimonio en barrios históricos de poboacións, tramitou nos anos 2018, 2019, 2020 e 2021 ofertas públicas para adquirir inmobles abandonados ou en estado de semiabandono nos núcleos históricos dos concellos da Coruña, Ferrol, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ribadavia, Ourense e Tui. As devanditas actuacións enmarcábanse no desenvolvemento do programa Rexurbe, implantado no 2017 nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, co que a Xunta de Galicia intervén na recuperación de núcleos históricos de diferentes vilas e cidades galegas.

Os resultados positivos obtidos nesas primeiras ofertas públicas de adquisición determinan a necesidade de realizar unha nova oferta, mantendo, en esencia, a mesma estrutura, pero introducindo os cambios necesarios para poder implantar as actuacións no marco das áreas de rexeneración urbanas previstas na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

Segundo. A oferta pública deste ano vai dirixida a concellos que xa teñen declarada unha área de rexeneración urbana de interese autonómico ou están en tramitación para a súa declaración, con zonas onde existe un maior número de edificacións ou soares en estado de abandono ou semiabandono.

Con esta oferta pública preténdese, ademais, reforzar aqueles ámbitos onde o IGVS non adquiriu inmobles suficientes en convocatorias anteriores, concentrando, deste xeito, as intervencións necesarias para conseguir un maior impacto na rexeneración urbana. Por estes motivos, os ámbitos en que se formulará a oferta pública sitúanse nos concellos de Tui, Ribadeo, Ourense, Ferrol e A Coruña, concellos que contan, para os seus cascos históricos, coa declaración de ben de interese cultural.

Terceiro. Para os efectos indicados, o IGVS acorda facer unha oferta pública de adquisición de inmobles, mediante compra, de conformidade cos criterios establecidos nesta resolución.

Consideracións legais.

Primeira. A Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, cita no seu artigo 4, liñas f) e m), como funcións propias do citado organismo, a adquisición de solo, por calquera título, incluso por expropiación forzosa, para, entre outras finalidades, o fomento da vivenda, así coma a rehabilitación e construción de todo tipo de vivendas.

Segunda. De conformidade co establecido na disposición adicional primeira da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, o IGVS poderá adquirir bens e dereitos por calquera título, podendo concluír calquera contrato, típico ou atípico. A adquisición terá lugar mediante uns procedementos que garantan o respecto dos principios de igualdade, publicidade e concorrencia; poderase, non obstante, acudir á adquisición directa sen publicidade, entre outros supostos, cando así o requiran as peculiaridades dos bens, as necesidades do servizo ou a función que se vai satisfacer, a afectación ou as limitacións do mercado inmobiliario na localidade onde estean situados, a urxencia extrema da adquisición ou a importancia ou singularidade do ben para a consecución da recuperación do ámbito que se vai rexenerar.

Terceira. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o órgano competente para asinar a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.2.k) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do citado organismo.

De conformidade con todo o indicado,

ACÓRDASE:

Primeiro. Realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles (edificios ou soares) situados nos ámbitos delimitados no anexo I desta resolución, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.

Segundo. A oferta e, se é o caso, a adquisición do inmoble, está suxeita ás seguintes condicións:

I. Condicións dos inmobles.

1. A oferta vai dirixida exclusivamente á adquisición, en pleno dominio e libre de cargas e gravames, de inmobles de titularidade privada que, estando inscritos no Rexistro da Propiedade, se sitúen nos ámbitos delimitados no anexo I desta resolución. Malia o anterior, poderanse aceptar de xeito condicional ofertas referidas a inmobles que, non estando debidamente inscritos no momento da resolución deste procedemento, se acreditase no momento da presentación da documentación ter solicitado a correspondente inscrición rexistral. Nestes casos, entenderase rexeitada a oferta no caso de que, dentro dos 4 meses seguintes á notificación da resolución que poña fin ao procedemento, non se xustifique a correspondente regularización.

Así mesmo, poderanse aceptar de xeito condicional ofertas referidas a inmobles sobre os cales recaesen sancións pendentes de pagamento, ordes de execución ou derruba, e/ou calquera outra carga ou gravame que impida a construción, a rehabilitación ou, de ser o caso, a renovación do inmoble, sempre que se acredite dentro dos 4 meses seguintes á notificación da resolución que poña fin ao procedemento ter aboado a sanción, ter executado a corresponde orde ou, de ser o caso, ter liberado o inmoble da carga ou gravame. Noutro caso, entenderase rexeitada a oferta.

Non se realizarán adquisicións parciais de inmobles ou suxeitas a condicións impostas polo seu titular ou por terceiros.

2. Os ditos inmobles deberán cumprir, ademais, os seguintes requisitos:

2.1. O inmoble deberá permitir a construción, rehabilitación ou renovación de, polo menos, unha vivenda por planta, a cal debe ter, como mínimo, dúas estancias que cumpran as condicións dimensionais establecidas nas normas de habitabilidade de vivendas de Galicia. A configuración da planta deberá permitir unha axeitada distribución interior; poderanse descartar as ofertas que obriguen a distribucións en que sexa preciso dispoñer dunha superficie desproporcionada para elementos de distribución e comunicación ou en que abunden espazos mortos ou de difícil utilización. A altura libre mínima das estancias deberá poder acadar os 2,35 metros de alto no 80 % da súa superficie. Non obstante o anterior, no caso de inmobles de tipoloxía unifamiliar, a vivenda poderase distribuír en dúas plantas.

2.2. O longo do inmoble deberá ser de, como mínimo, 4 metros. Poderase admitir a presenza de zonas da planta en que non se cumpra esta condición, sempre que os ditos espazos non comprometan a distribución interior ou a iluminación das vivendas.

2.3. As condicións do inmoble deberán permitir unha iluminación axeitada das estancias das vivendas que resulten da actuación. Agás que se poida xustificar doutro xeito, entenderase que as condicións de iluminación son axeitadas cando a superficie iluminable do inmoble sexa, como mínimo, do 80 % do resultado de descontar á superficie da planta a correspondente ao espazo previsto para elementos comúns, que se estimará en 13,20 metros cadrados construídos.

Para estes efectos, defínese a superficie iluminable como a menor destes valores:

– A superficie do espazo constituído polo lugar xeométrico dos puntos da planta cuxa distancia sexa igual ou inferior a 5,50 metros dunha fachada con fronte á rúa, un espazo libre ou un patio de rueiro aos cales se poidan abrir ocos de iluminación e ventilación. O longo mínimo das rúas ou patios aos cales dean acceso as ditas fachadas deberá ser igual ou maior a 3 metros.

– A que resulte de dividir a superficie máxima dos ocos que se poidan abrir á fachada por 0,07.

2.4. Ter garantido o acceso a través de espazos de dominio e uso público; o longo mínimo destes espazos non poderá ser inferior a 2 metros.

2.5. Non poderán estar suxeitos a servidumes ou outras cargas, legais ou voluntarias, que constitúan un obstáculo físico ou xurídico para a súa construción ou rehabilitación. Concretamente, non se aceptarán:

– Inmobles onde existan titulares de dereitos de uso que impidan a súa plena disposición.

– Inmobles que estean sometidos a cargas ou servidumes debidas á existencia de elementos construtivos que poidan ser comúns con outras edificacións ou propiedades contiguas. Exceptúase o caso de que se trate de muros medianeiros.

– Inmobles contiguos a outros edificios ou construcións que, debido ao seu estado de conservación ou ás súas características, poidan poñer en perigo a estanquidade da auga ou comprometan a seguridade dos elementos construtivos, a propia estabilidade do inmoble que se vai adquirir ou a do edificio que se poida construír no soar.

– Inmobles en que as características da súa contorna se atopen en niveis de notable degradación, agás que, como resultado do proceso de adquisición e/ou rehabilitación dos inmobles da zona por parte do IGVS, se considere esencial a súa adquisición para a rexeneración do ámbito.

Cando a proposta englobe máis dun inmoble, o cumprimento das condicións anteriores analizarase de forma conxunta.

II. Condicións económicas da oferta.

A) Prezo do inmoble:

O prezo de adquisición do inmoble non superará o valor límite da oferta (Vlti), que será o menor dos dous seguintes:

– O valor máximo admisible de adquisición do inmoble.

– O valor de mercado do inmoble.

Para estes efectos:

Entenderase como valor máximo admisible de adquisición (Vmx) o valor máximo que o IGVS poderá aboar polo inmoble, calculado segundo a seguinte fórmula:

Vmxi = (Svi × VSvi €/m2 + Sli × VSli €/m2) × 1,15 + Vci

Onde:

– Svi e Sli son as superficies edificables destinadas a vivendas e locais, respectivamente.

– VSvi e VSli son os valores de repercusión do solo, por metro cadrado edificable, de vivenda e locais, respectivamente, calculados segundo a norma 2 do artigo 12 da Orde do 28 de decembro de 2015, da Consellería de Facenda, pola que se regulan os medios de comprobación do valor dos bens inmobles que se utilizarán, dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral. Para o cálculo do VS adoptaranse os valores e coeficientes recollidos na Resolución do 6 de marzo de 2020 pola que se actualizan os anexos da citada orde, e na Orde de 20 de decembro de 2021 da Consellería de Facenda e Administración Pública. Estes valores recóllense nas táboas que constitúen o anexo II desta resolución.

– Vc é o valor da construción; calcúlase multiplicando por 160 o número de metros cadrados de superficie de fachada con muro de pedra labrada que se poida manter.

Entenderase como valor de mercado do inmoble o valor que resulte da taxación encargada polo IGVS respecto a cada unha das propostas admitidas.

B) Importe da oferta:

O importe máximo da oferta será de 2.000.000,00 euros, con cargo á aplicación 08.81.451A.618.1, proxecto 2017 0007, do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. Non obstante, a citada contía poderá ser ampliada en virtude das dispoñibilidades orzamentarias do IGVS, mediante resolución da persoa titular da súa dirección xeral, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

O citado importe será distribuído do seguinte xeito:

– Para o termo municipal da Coruña: 1.000.000,00 euros.

– Para o termo municipal de Ourense: 400.000,00 euros.

– Para o termo municipal de Ribadeo: 200.000,00 euros.

– Para o termo municipal de Ferrol: 200.000,00 euros.

– Para o termo municipal de Tui: 200.000,00 euros.

No caso en que por falta de ofertas non se esgotase o crédito previsto para un determinado concello e, ao mesmo tempo, o crédito inicial previsto para os demais resultase insuficiente para adquirir inmobles propostos neles, a persoa titular do IGVS, sobre a base dos informes recadados ao respecto, poderá acordar a disposición de todo ou parte daquel para adquirir os citados inmobles.

III. Condicións formais da oferta.

As persoas interesadas na oferta deberán presentar ante a Dirección Xeral do IGVS un escrito en que figuren os seus datos persoais (nome e apelidos, enderezo para os efectos das notificacións, teléfono de contacto e, de ser o caso, enderezo de correo electrónico), as características do inmoble, con indicación da súa superficie e da rúa ou praza onde estea situado, así como unha proposta do prezo exixido para a súa adquisición, o cal deberá estar especificado en letra. O citado prezo non poderá estar condicionado nin incluír variantes ou alternativas. Poderanse presentar tantos escritos como inmobles se pretendan vender ao IGVS; non obstante, se se trata de inmobles lindeiros, a citada proposta de todos eles deberá realizarse de forma conxunta.

Os escritos deberán presentarse ante o Rexistro Xeral do IGVS, sito no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, de Santiago de Compostela. Malia iso, tamén se poderán presentar nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación da documentación remata o 15 de xullo de 2022.

Co escrito deberase xuntar a seguinte documentación:

– Documento nacional de identidade ou, de ser o caso, número de identificación de estranxeiro, cando o propietario sexa unha persoa física. Se se trata de persoa xurídica, deberá presentar copia do número de identificación fiscal, a escritura de constitución e, se é o caso, de modificación, inscritas no rexistro público correspondente, así como os documentos identificativos da persoa habilitada para actuar no seu nome.

Cando a propiedade do inmoble recaia en máis dunha persoa, física ou xurídica, deberanse achegar os documentos acreditativos da identidade de todos eles, a súa cota de participación, un compromiso de venda da totalidade do inmoble, así como un poder ou autorización asinada en que se designe a persoa que os represente para os efectos da venda ante o IGVS.

– Documento xustificativo da titularidade do inmoble.

– Certificación rexistral de dominio e cargas do inmoble (sen que serva, para estes efectos, unha mera nota informativa) e, no seu caso, acreditación de ter solicitada a regularización da súa inscrición nos supostos recollidos no ordinal segundo.I.1 desta resolución.

– Declaración responsable do titular do ben de que non existen cargas ou gravames sobre o inmoble. No caso de existir cargas ou gravames, deberanse describir cales.

– Certificación descritiva e gráfica da Dirección Xeral do Catastro relativa ao inmoble.

– Certificación de que se atopa ao día do pagamento do imposto de bens inmobles e de calquera outro tributo ao cal estea suxeito o inmoble. No caso de existir pagamentos pendentes, deberanse mencionar coas súas contías correspondentes.

– Memoria descritiva do inmoble, que deberá contar, polo menos, cos seguintes datos:

a) Superficie da parcela onde se sitúa o inmoble.

b) De ser o caso, superficie construída e a superficie útil de cada un dos locais e vivendas existentes na edificación.

c) Superficie edificable do inmoble.

d) Fotografías do interior e do exterior do inmoble que posibiliten identificalo claramente e realizar unha avaliación inicial do seu estado de conservación.

e) Plano da situación do inmoble.

No caso de que a documentación catastral non coincida coa realidade do inmoble, a persoa propietaria deberá achegar planos da parcela, axustados á dita realidade. Opcionalmente, a persoa titular poderá achegar planos de planta e alzados da edificación existente sobre a parcela.

– Autorización de acceso ao inmoble a favor das persoas que determine o IGVS, para que se poidan realizar cantas inspeccións se consideren oportunas, sempre logo do correspondente aviso.

– Certificado expedido polo concello, emitido con data non superior a tres meses, contado desde a presentación da documentación, en que se indique:

a) As condicións urbanísticas aplicables ao inmoble.

b) Que non pesa sobre esta orde de execución ou derruba, nin sancións pendentes de pagamento. Non obstante, terase en conta o establecido no parágrafo segundo do ordinal 1º, punto I (condicións dos inmobles).

Para os efectos anteriores, as copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que estean debidamente compulsadas. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

As certificacións, memorias e demais documentos que se xunten á solicitude deberán ser emitidos en datas próximas á da presentación da solicitude, co fin de facilitar a comprobación da realidade física e/ou xurídica do inmoble.

Os datos persoais recollidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, polo IGVS, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión do procedemento.

Terceiro. Procedemento de admisión das ofertas e establecemento da orde de prioridade da adquisición

Para determinar a relación das solicitudes admitidas e a orde de prelación na adquisición destas, seguirase o seguinte procedemento:

1. Unha vez rematado o prazo fixado para a presentación dos escritos, a Dirección Técnica de Solo e Calidade (en diante, DTSEC) examinará a documentación presentada. Se como resultado de tal exame observa defectos ou omisións susceptibles de emenda no escrito e/ou na documentación, concederase á persoa interesada un prazo improrrogable de 20 días naturais para que emende as deficiencias ou achegue os documentos omitidos. Transcorrido o dito prazo sen emendar ou achegar os documentos requiridos, entenderase que se rexeita a oferta. Non obstante, nestes supostos entenderase rexeitada a oferta, sen necesidade de requirimento previo, cando a proposta presentada vaia referida a un inmoble que non cumpre as condicións exixidas nesta oferta.

2. Corrixidas, de ser o caso, as deficiencias atopadas, a DTSEC emitirá un informe en que se relacionarán os escritos presentados, así como os que, na súa consideración, deben ser rexeitados, ben por non estar o inmoble dentro do ámbito previsto nesta resolución ben por non presentar toda a documentación exixida nesta resolución, mesmo despois de ser requirida para a súa achega. O citado informe elevarase á Comisión de Valoración, a cal estará composta polas seguintes persoas:

– Persoa titular da DTSEC, que exercerá as funcións de presidente da Comisión.

– Persoa titular do Servizo de Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo da DTSEC, que actuará como secretario da Comisión.

– Persoa titular da Oficina Técnica do IGVS.

– Persoa titular do Servizo de Planificación e Ordenación do Solo do IGVS.

– Persoa titular do Servizo Técnico do IGVS na Coruña.

– Persoa titular do Servizo Técnico do IGVS en Lugo.

– Persoa titular do Servizo Técnico do IGVS en Ourense.

– Persoa titular do Servizo Técnico do IGVS en Pontevedra.

– Persoa titular da Asesoría Xurídica do IGVS.

3. Á vista do informe da DTSEC, a Comisión de Valoración determinará os escritos que se axustan aos requisitos desta resolución, con pronunciamento expreso sobre os admitidos e os rexeitados, con indicación das causas de tal rexeitamento.

4. Unha vez recibida a acta da Comisión de Valoración, a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS resolverá o rexeitamento daquelas propostas en que o inmoble estea situado fóra do ámbito previsto nesta resolución, así como daquelas outras que non presentasen toda a documentación exixida nesta resolución, mesmo despois de ser requirida para a súa achega. Así mesmo, encargará a unha empresa inscrita no Rexistro de Sociedades de Taxación do Banco de España unha taxación para cada un dos inmobles cuxas propostas fosen admitidas.

O informe da taxación deberase pronunciar sobre as seguintes cuestións:

– O estado do inmoble.

– As súas características físicas.

– A concordancia entre a realidade física e a documentación achegada.

– A súa valoración, con indicación dos parámetros en que se fundamenta.

5. Á vista da taxación e da documentación achegada coas propostas, así como das comprobacións que se consideren oportunas, a Oficina Técnica do IGVS elaborará un informe por cada unha das propostas admitidas en que se establecerá o valor límite da oferta. No dito informe analizarase:

a) Se os inmobles cumpren os requisitos de admisión establecidos nesta resolución e, de ser o caso, se malia non cumprir algún dos requisitos establecidos no ordinal 2º do punto I do acordo segundo, referido ás condicións dos inmobles, se considera conveniente aceptar a proposta por concorrer algunha das seguintes circunstancias:

– Que existen motivos xustificados para considerar que o dito incumprimento non supón un impedimento para conseguir unha distribución axeitada das vivendas que garanta a súa funcionalidade e, ao mesmo tempo, que a construción, rehabilitación ou renovación do edificio non vaia supoñer custos extraordinarios. A avaliación desta circunstancia terá en conta as características singulares do parcelario existente.

– Que a construción, rehabilitación ou renovación do inmoble se considere necesaria para conseguir o obxectivo de mellorar o ámbito de actuación previsto nesta resolución.

– Que a adquisición do edificio facilite notablemente ou faga viable a construción, rehabilitación ou renovación doutros inmobles propiedade do IGVS.

b) Se coa rehabilitación ou renovación do inmoble se garante a rehabilitación ou renovación de rueiros completos de máis de tres inmobles ou se facilita notablemente a rehabilitación ou renovación doutros inmobles propostos nesta oferta ou que xa sexan propiedade do IGVS.

c) Se o inmoble ten valores singulares arquitectónicos ou ambientais que aconsellen a súa adquisición con carácter prioritario.

Cuarto. Para determinar a orde de prioridade na adquisición dos inmobles, seguirase o seguinte procedemento:

En primeiro lugar, determinarase o valor aplicable de cada proposta (Vap), que será o menor dos seguintes valores:

– O importe proposto polo interesado no seu escrito.

– O valor límite da oferta, segundo o antes definido.

A seguir, determinarase a baixa de cada proposta (Bi), que virá determinada pola diferenza entre o valor límite da oferta e o valor aplicable da proposta:

Bi = VIti-Vapi

Acto seguido, calcularase a puntuación correspondente a cada proposta (Pi):

A puntuación inicial da proposta será o resultado de aplicar a seguinte fórmula:

Pi = 100 × (Bi/VIti) + Psi

Onde:

Bi é a baixa aplicable da proposta.

Psi é a compensación por superficie, que terá o seguinte valor:

– Psi = 0, cando Svi é menor o igual a 200 m2.

– Psi = (15 × Svi/1.200), cando Sp estea comprendido entre 200 e 1.200 m2.

– Psi = 15, cando Svi sexa maior de 1.200 m2.

Onde Svi é a superficie edificable de vivendas.

Aquelas propostas que fosen consideradas merecedoras de adquisición polos seus valores arquitectónicos ou ambientais, así como calquera outras que, segundo o informe da Oficina Técnica do IGVS, a súa adquisición garanta a rehabilitación ou a renovación de rueiros completos de máis de tres inmobles ou facilite notablemente a rehabilitación ou a renovación doutros inmobles propostos na presente oferta ou que xa sexan propiedade do IGVS, asignaráselles a puntuación da oferta que acade o maior valor, máis un punto.

Ao resto das propostas asignaráselles a puntuación que resulte da fórmula indicada anteriormente.

Finalmente, realizarase unha listaxe das propostas presentadas en cada concello, ordenada conforme os seguintes criterios:

– Aquelas ofertas que cumpran a totalidade dos requisitos exixidos nesta resolución, con achega de toda a documentación preceptiva, ben sexa no momento de ser realizadas ou, de ser o caso, ao cubrir posteriormente no prazo de emenda a que se refire a alínea terceira.1, gozarán de prioridade na orde de prelación da adquisición, con respecto a aquelas outras que sexan aceptadas de xeito condicional, por ter feito as persoas que as presentaron uso da ampliación de prazo prevista no punto segundo I desta resolución (para obter a inmatriculación do inmoble ou o levantamento da orde de execución ou gravame que pesen sobre este), excepto no suposto de que, a xuízo da Comisión de Valoración, o inmoble teña valores singulares arquitectónicos ou ambientais que aconsellen a súa adquisición con carácter prioritario.

– As ofertas ordenaranse en orde decrecente, en función da puntuación obtida na fase de valoración.

– En caso de igualdade de puntuación, terá prioridade aquela proposta cuxa superficie destinada a vivendas (Svi) resulte maior.

A Comisión de Valoración, en vista do informe da Oficina Técnica do IGVS e, de ser o caso, recibidas as aclaracións ou informes complementarios que se considerasen necesarios, proporalle á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, respecto a cada concello:

– A admisión das propostas que, á vista dos informes técnicos achegados, reúnan os requisitos sinalados no ordinal 2º do punto I do acordo segundo desta resolución, así como daqueloutras que, en virtude dos informes que figuren no expediente, aínda sen cumprir os ditos requisitos, existan razóns técnicas que permitan considerar que se pode obter unha distribución axeitada das vivendas, ou que a rehabilitación ou renovación do inmoble non suporá custos extraordinarios.

– A exclusión do resto das propostas.

– A aprobación da listaxe das propostas admitidas, ordenada de modo decrecente, segundo a puntuación obtida, con indicación da citada puntuación e do valor asignado.

Quinto. Procedemento de aceptación das ofertas

Vista a proposta da Comisión de Valoración, a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, mediante resolución que se deberá ditar antes do 16 de decembro de 2022, acordará:

– Excluír as propostas que non reúnan os requisitos exixibles nesta oferta, pese a ser inicialmente admitidas.

– Aprobar a listaxe das propostas admitidas, ordenadas por orde de prioridade e con indicación do seu valor de adquisición.

– Aceptar as propostas, de conformidade cos criterios sinalados, e realizar, se é o caso, unha oferta contraditoria, polo importe do valor aplicable, segundo o indicado anteriormente, todo iso ata esgotar o orzamento dispoñible para cada concello. Nestes casos, o titular do inmoble disporá dun prazo de 15 días naturais para comunicar a súa aceptación; transcorrido o dito prazo sen comunicar a aceptación, entenderase que rexeita a oferta contraditoria realizada.

A admisión das ofertas do IGVS en que o importe adoptado para a valoración sexa inferior ao importe da proposta presentada, quedará condicionada á aceptación por parte da persoa interesada do importe recollido na valoración contraditoria.

Sexto. Honorarios e pagamentos de impostos

Os honorarios notariais e rexistrais das escrituras de compravenda serán por conta do IGVS. A determinación do notario farase de conformidade co artigo 127 do Regulamento da organización e réxime do notariado, aprobado con carácter definitivo polo Decreto do 2 de xuño de 1944.

Os demais gastos e impostos que se orixinen ou se ocasionen como consecuencia da compravenda aboaranse conforme o disposto na lexislación vixente.

Sétimo. Anexos

Nos anexos desta resolución delimítanse os ámbitos de localización dos inmobles que se pretenden adquirir (anexo I) e indícanse os valores de repercusión do solo por metro cadrado edificable sinalados no punto II do acordo segundo (anexo II).

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO I

Ámbitos de localización dos inmobles para adquirir

Casco vello da Coruña

Casco vello de Ferrol

Casco vello de Ourense

Casco vello de Ribadeo

Casco vello de Tui

ANEXO II

Valores de repercusión do solo por m2 edificable

Casco vello da Coruña

Residencial

Comercial

A Coruña: eixe Orzán-Panadeiras
(512-525-531)

Valor de repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice intrazonal Ct

VSvi = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSvi × Cm

«€/m2»

Valor de

repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice

intrazonal Ct

VSli = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSli × Cm «€/m2»

Rúa Cordelería (nº 1-37 e 2-38)

880,00

0,87

765,60

1,15

880,44

660,00

1,37

904,20

1,15

1.039,83

Rúa Cordelería (resto)

880,00

0,49

431,20

1,15

495,88

660,00

0,62

409,20

1,15

470,58

Rúa Cancela

880,00

0,87

765,60

1,15

880,44

660,00

1,24

818,40

1,15

941,16

Rúa Orzán (nº 1-55 e 2-78)

880,00

0,87

765,60

1,15

880,44

660,00

1,62

1.069,20

1,15

1.229,58

Rúa Orzán (nº 57-61 e 80-94)

880,00

1,00

880,00

1,15

1.012,00

660,00

1,62

1.069,20

1,15

1.229,58

Rúa Orzán (nº 63-163 e 96-208)

880,00

0,49

431,20

1,15

495,88

660,00

0,62

409,20

1,15

470,58

Rúa Orzán (nº 165-169)

880,00

0,37

325,60

1,15

374,44

660,00

0,49

323,40

1,15

371,91

Rúa Perillana

880,00

0,37

325,60

1,15

374,44

660,00

0,37

244,20

1,15

280,83

Rúa Picos

880,00

0,50

440,00

1,15

506,00

660,00

0,50

330,00

1,15

379,50

Rúa San Andrés (nº 1-35 e 2-28)

880,00

1,49

1.311,20

1,15

1.507,88

660,00

3,23

2.131,80

1,15

2.451,57

Rúa San Andrés (nº 37-119 e 30-118)

880,00

1,62

1.425,60

1,15

1.639,44

660,00

3,23

2.131,80

1,15

2.451,57

Rúa San Andrés (nº 121-155 e 120-160)

880,00

1,62

1.425,60

1,15

1.639,44

660,00

3,98

2.626,80

1,15

3.020,82

Rúa San Andrés (nº 159-161 e 162)

880,00

1,99

1.751,20

1,15

2.013,88

660,00

3,98

2.626,80

1,15

3.020,82

Rúa Pastoriza

880,00

0,37

325,60

1,15

374,44

660,00

0,37

244,20

1,15

280,83

Praza Josep Sellier

880,00

0,37

325,60

1,15

374,44

660,00

0,37

244,20

1,15

280,83

Rúa Mariñas

880,00

0,25

220,00

1,15

253,00

660,00

0,25

165,00

1,15

189,75

Tr. Mariñas

880,00

0,25

220,00

1,15

253,00

660,00

0,25

165,00

1,15

189,75

Rúa Vista

880,00

0,50

440,00

1,15

506,00

660,00

0,50

330,00

1,15

379,50

Tr. San Andrés

880,00

0,25

220,00

1,15

253,00

660,00

0,25

165,00

1,15

189,75

Tr. Vista

880,00

0,25

220,00

1,15

253,00

660,00

0,25

165,00

1,15

189,75

Calexón Vista

880,00

0,25

220,00

1,15

253,00

660,00

0,25

165,00

1,15

189,75

Travesía Cordelería

880,00

0,37

325,60

1,15

374,44

660,00

0,37

244,20

1,15

280,83

Rúa Alta (Juan Canalejo-Cordelería)

880,00

1,24

1.091,20

1,15

1.254,88

660,00

2,24

1.478,40

1,15

1.700,16

Rúa Alta (resto)

880,00

0,62

545,60

1,15

627,44

660,00

1,62

1.069,20

1,15

1.229,58

Calexón Africano

880,00

0,25

220,00

1,15

253,00

660,00

0,25

165,00

1,15

189,75

Praza Africano

880,00

0,25

220,00

1,15

253,00

660,00

0,25

165,00

1,15

189,75

Rúa Pórtico de San Andrés

880,00

1,49

1.311,20

1,15

1.507,88

660,00

2,48

1.636,80

1,15

1.882,32

Rúa Boquete de San Andrés

880,00

1,00

880,00

1,15

1.012,00

660,00

1,49

983,40

1,15

1.130,91

Rúa Sol (nº 1-23 e 2-16)

880,00

1,00

880,00

1,15

1.012,00

660,00

1,86

1.227,60

1,15

1.411,74

Rúa Sol (nº 20 Zalaeta)

810,00

1,27

1.028,70

1,15

1.183,01

607,50

1,46

886,95

1,15

1.019,99

Rúa Sol (nº 25-37)

880,00

1,37

1.205,60

1,15

1.386,44

660,00

2,24

1.478,40

1,15

1.700,16

Rúa Herrador

880,00

0,62

545,60

1,15

627,44

660,00

0,62

409,20

1,15

470,58

Rúa Ciega

880,00

0,75

660,00

1,15

759,00

660,00

0,75

495,00

1,15

569,25

Rúa Argudín Bolivar

880,00

0,49

431,20

1,15

495,88

660,00

0,49

323,40

1,15

371,91

Rúa Fita

880,00

0,62

545,60

1,15

627,44

660,00

0,62

409,20

1,15

470,58

Praza Fuente Luisa

880,00

1,37

1.205,60

1,15

1.386,44

660,00

1,99

1.313,40

1,15

1.510,41

Rúa Cordonería

880,00

0,87

765,60

1,15

880,44

660,00

1,00

660,00

1,15

759,00

Rúa Estreita de San Andrés

880,00

0,87

765,60

1,15

880,44

660,00

1,74

1.148,40

1,15

1.320,66

Tr. Estreita de San Andrés

880,00

0,75

660,00

1,15

759,00

660,00

0,87

574,20

1,15

660,33

Tr. Cordonería

880,00

0,75

660,00

1,15

759,00

660,00

0,87

574,20

1,15

660,33

Tr. Orzán

880,00

0,49

431,20

1,15

495,88

660,00

0,49

323,40

1,15

371,91

Rúa Corralón

880,00

1,37

1.205,60

1,15

1.386,44

660,00

1,86

1.227,60

1,15

1.411,74

Rúa Barrera

880,00

0,87

765,60

1,15

880,44

660,00

1,99

1.313,40

1,15

1.510,41

Rúa San Nicolás (nº 1-9 e 2-20)

880,00

1,24

1.091,20

1,15

1.254,88

660,00

3,23

2.131,80

1,15

2.451,57

Rúa San Nicolás (nº 11-21)

880,00

1,62

1.425,60

1,15

1.639,44

660,00

3,23

2.131,80

1,15

2.451,57

Rúa San Nicolás (nº 23-39 e 22-38)

880,00

0,87

765,60

1,15

880,44

660,00

2,24

1.478,40

1,15

1.700,16

Praza Pintor Álvarez Sotomayor

880,00

1,24

1.091,20

1,15

1.254,88

660,00

1,62

1.069,20

1,15

1.229,58

Rúa Panaderas

880,00

1,12

985,60

1,15

1.133,44

660,00

1,62

1.069,20

1,15

1.229,58

Rúa Valera Silvari

880,00

0,49

431,20

1,15

495,88

660,00

0,49

323,40

1,15

371,91

Praza de España (nº 1-27)

880,00

1,24

1.091,20

1,15

1.254,88

660,00

1,49

983,40

1,15

1.130,91

Praza de España (resto)

700,00

2,02

1.414,00

1,15

1.626,10

350,00

2,25

787,50

1,15

905,63

Rúa Pío XII (mercado)

880,00

1,00

880,00

1,15

1.012,00

660,00

1,12

739,20

1,15

850,08

Rúa Pío XII (resto)

880,00

1,12

985,60

1,15

1.133,44

660,00

1,49

983,40

1,15

1.130,91

Residencial

Comercial

A Coruña: cidade vella
(501-502)

Valor de repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice intrazonal Ct

VSvi = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSvi × Cm

«€/m2»

Valor de

repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice

intrazonal Ct

VSli = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSli × Cm «€/m2»

Rúa Veeduría

1.200,00

0,62

744,00

1,15

855,60

1.020,00

0,62

632,40

1,15

727,26

Rúa Damas (nº 25)

1.200,00

1,37

1.644,00

1,15

1.890,60

1.020,00

1,37

1.397,40

1,15

1.607,01

Rúa Damas (resto)

1.200,00

0,87

1.044,00

1,15

1.200,60

1.020,00

0,87

887,40

1,15

1.020,51

Rúa Puerta de Aires (nº 15-19)

1.200,00

1,00

1.200,00

1,15

1.380,00

1.020,00

1,00

1.020,00

1,15

1.173,00

Rúa Puerta de Aires (resto)

1.200,00

0,62

744,00

1,15

855,60

1.020,00

0,62

632,40

1,15

727,26

Tr. Puerta de Aires

1.200,00

0,62

744,00

1,15

855,60

1.020,00

0,62

632,40

1,15

727,26

Tr. Herrerías

1.200,00

0,49

588,00

1,15

676,20

1.020,00

0,49

499,80

1,15

574,77

Rúa Herrerías (nº 2-10)

1.200,00

0,75

900,00

1,15

1.035,00

1.020,00

0,75

765,00

1,15

879,75

Rúa Herrerías (resto)

1.200,00

0,49

588,00

1,15

676,20

1.020,00

0,49

499,80

1,15

574,77

Rúa Zapatería

1.200,00

0,62

744,00

1,15

855,60

1.020,00

0,62

632,40

1,15

727,26

Rúa Santa María (nº 2)

1.200,00

1,00

1.200,00

1,15

1.380,00

1.020,00

1,00

1.020,00

1,15

1.173,00

Rúa Santa María (resto)

1.200,00

0,62

744,00

1,15

855,60

1.020,00

0,62

632,40

1,15

727,26

Rúa Santo Domingo

1.200,00

0,75

900,00

1,15

1.035,00

1.020,00

0,75

765,00

1,15

879,75

Rúa Sinagoga

1.200,00

0,49

588,00

1,15

676,20

1.020,00

0,49

499,80

1,15

574,77

Rúa Cortaduría

1.200,00

0,49

588,00

1,15

676,20

1.020,00

0,49

499,80

1,15

574,77

Praza das Bárbaras

1.200,00

1,10

1.320,00

1,15

1.518,00

1.020,00

1,10

1.122,00

1,15

1.290,30

Praza de Santa Bárbara

1.200,00

0,75

900,00

1,15

1.035,00

1.020,00

0,75

765,00

1,15

879,75

Casco vello de Ferrol

Residencial

Comercial

Casco vello de Ferrol

Valor de repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice intrazonal Ct

VSvi = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSvi × Cm

«€/m2»

Valor de

repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice

intrazonal Ct

VSli = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSli × Cm «€/m2»

Paseo da Mariña (parcialmente)

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

Rúa Espírito Santo

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

Rúa Rastro (parcialmente)

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

Rúa Castro

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Cristo

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Benito Vicetto

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Carme Curuxeiras

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Mártires

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Merced (parcialmente)

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa San Francisco (parcialmente)

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Virxe

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Argüelles

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Murillo

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Río Novo

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Rúa Cruz (parcialmente)

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

250,00

0,80

200,00

1,15

230,00

Praza Juan Sebastián el Cano

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

Praza Vella (parcialmente)

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

Rúa Rastro (parcialmente)

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

250,00

1,00

250,00

1,15

287,50

Casco vello de Ourense

Residencial

Comercial

Casco vello de Ourense

Valor de repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice intrazonal Ct

VSvi = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSvi × Cm

«€/m2»

Valor de

repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice

intrazonal Ct

VSli = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSli × Cm «€/m2»

Rúa do Vilar (parcialmente)

460,00

0,87

400,20

1,15

460,23

230,00

2,65

609,50

1,15

700,93

Rúa Cervantes

460,00

0,77

354,20

1,15

407,33

230,00

2,45

563,50

1,15

648,03

Rúa Colón

460,00

0,71

326,60

1,15

375,59

230,00

2,24

515,20

1,15

592,48

Rúa Liberdade

460,00

0,51

234,60

1,15

269,79

230,00

0,61

140,30

1,15

161,35

Rúa Xulio Prieto Nespereira

(parcialmente)

460,00

0,92

423,20

1,15

486,68

230,00

1,22

280,60

1,15

322,69

Rúa Dous de Maio

460,00

0,66

303,60

1,15

349,14

230,00

0,77

177,10

1,15

203,67

Praza do Sal

460,00

0,56

257,60

1,15

296,24

230,00

0,77

177,10

1,15

203,67

Praza Saco e Arce

460,00

0,56

257,60

1,15

296,24

230,00

0,77

177,10

1,15

203,67

Praza Manuel Sueiro

460,00

0,56

257,60

1,15

296,24

230,00

0,66

151,80

1,15

174,57

Rúa Pelaio

460,00

0,66

303,60

1,15

349,14

230,00

1,84

423,20

1,15

486,68

Praza Imprenta

460,00

0,61

280,60

1,15

322,69

230,00

0,77

177,10

1,15

203,67

Rúa Padilla (parcialmente)

460,00

0,71

326,60

1,15

375,59

230,00

1,12

257,60

1,15

296,24

Praza da Ferrería

460,00

0,77

354,20

1,15

407,33

230,00

1,94

446,20

1,15

513,13

Rúa Bailén

460,00

0,77

354,20

1,15

407,33

230,00

0,82

188,60

1,15

216,89

Rúa Triunfo

460,00

0,29

133,40

1,15

153,41

230,00

0,29

66,70

1,15

76,71

Rúa do Perigo

460,00

0,51

234,60

1,15

269,79

230,00

0,82

188,60

1,15

216,89

Rúa Moratín (parcialmente)

460,00

0,77

354,20

1,15

407,33

230,00

2,24

515,20

1,15

592,48

Praza da Victoria (parcialmente)

460,00

0,82

377,20

1,15

433,78

230,00

2,04

469,20

1,15

539,58

Rúa Xerónimo Feijóo (parcialmente)

460,00

1,12

515,20

1,15

592,48

230,00

2,45

563,50

1,15

648,03

Praza Pena Vixía

460,00

0,87

400,20

1,15

460,23

230,00

1,12

257,60

1,15

296,24

Rúa das Burgas

(parcialmente, nº 1, 3)

460,00

0,77

354,20

1,15

407,33

230,00

1,84

423,20

1,15

486,68

Casco vello de Ribadeo

Residencial

Comercial

Casco vello de Ribadeo

Valor de repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice intrazonal Ct

VSvi = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSvi × Cm

«€/m2»

Valor de

repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice

intrazonal Ct

VSli = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSli × Cm «€/m2»

Praza de Abaixo

320,00

1,20

384,00

1,15

441,60

320,00

1,80

576,00

1,15

662,40

Rúa Acevedo Rodríguez

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Praza Álvarez Miranda

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Calle Amando Pérez

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

Rúa Antonio Otero

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

Rúa Atalaia

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Baixada a Cabanela

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

Rolda do Cárcere

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

Baixada a Ceano (parcialmente)

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Clemente Martínez Pasarón

320,00

1,20

384,00

1,15

441,60

320,00

1,80

576,00

1,15

662,40

Praza Concepción Arenal

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

Praza de España (parcialmente)

320,00

1,20

384,00

1,15

441,60

320,00

1,80

576,00

1,15

662,40

Canellón Fernando Santo

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Fonte Nova

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Praza de Guimarán

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Paso de Guimarán

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Baixada a Guimarán

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Travesía Guimarán

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Fornos

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Ibáñez (parcialmente)

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

Rúa Ingeniero Shultz

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

Praza José María López

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

Rúa Juan Suárez Acevedo

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

Avenida Leopoldo Calvo Sotelo

(nº pares: 12, 42)

320,00

1,10

352,00

1,15

404,80

320,00

1,10

352,00

1,15

404,80

Canellón Manubrio

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Baixada ao Paseo Marítimo

(parcialmente)

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Méndez San Xulián

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Muralla

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Nova (parcialmente)

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Bispo Veres

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Padre Feijoo

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Padre Sarmiento

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Pasarón y Lastra

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

Travesía A Paz

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Pedreira

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

Canellón Perigos (parcialmente)

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Perigos

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Baixada a Porcillán (parcialmente)

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Pipelo

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Reinante (nº impares)

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

Rúa Rodríguez Murias

320,00

1,40

448,00

1,15

515,20

320,00

2,80

896,00

1,15

1.030,40

Rúa San Francisco (parcialmente)

320,00

1,40

448,00

1,15

515,20

320,00

2,10

672,00

1,15

772,80

Rúa San Miguel

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

Rúa San Roque

320,00

1,20

384,00

1,15

441,60

320,00

1,80

576,00

1,15

662,40

Canellón de San Sebastián

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa Trinidade

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

320,00

0,90

288,00

1,15

331,20

Rúa Viejo Pancho

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

320,00

0,80

256,00

1,15

294,40

Rúa de Vilalba (nº 8)

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

320,00

1,50

480,00

1,15

552,00

Rúa Villafranca del Bierzo

320,00

1,20

384,00

1,15

441,60

320,00

1,80

576,00

1,15

662,40

Rúa Villandrando

320,00

1,10

352,00

1,15

404,80

320,00

1,10

352,00

1,15

404,80

Rúa Virxe do Camiño (nº 1, 3, 5)

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

320,00

1,00

320,00

1,15

368,00

Casco vello de Tui

Residencial

Comercial

Tui núcleo vello

Valor de repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice intrazonal Ct

VSvi = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSvi × Cm

«€/m2»

Valor de

repercusión «€/m2 const.», Vr

Índice

intrazonal Ct

VSli = Vr × Ct «€/m2»

Coeficiente de maioración Cm

VSli × Cm «€/m2»

Rúa do Bispo Lago (casco vello)

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa do Bispo Lago (unifamiliares)

260,00

1,83

475,80

1,15

547,17

195,00

1,83

356,85

1,15

410,38

Rúa Antero Rubín

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa Lorenzo Cuenca ou de Abaixo

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa Piñeiro

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa Sanz

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Praza San Fernando

260,00

1,55

403,00

1,15

463,45

195,00

1,55

302,25

1,15

347,59

Praza Pracer

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa Pracer

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa Bispo Castañón

260,00

0,80

208,00

1,15

239,20

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Canellón As Monxas

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa Porta da Pía

260,00

1,55

403,00

1,15

463,45

195,00

1,55

302,25

1,15

347,59

Rúa Ordóñez

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

2,00

390,00

1,15

448,50

Rúa Seixas

260,00

1,55

403,00

1,15

463,45

195,00

1,55

302,25

1,15

347,59

Rúa Párroco Rodríguez Vázquez

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Praza do Concello

260,00

1,55

403,00

1,15

463,45

195,00

1,55

302,25

1,15

347,59

Camiño entre Fornos

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa San Telmo

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Canellón Tyde

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa Tyde

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Praza Armada Española

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Rúa Ouro

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

Canellón Ouro

260,00

1,00

260,00

1,15

299,00

195,00

1,00

195,00

1,15

224,25

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file