Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22469

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 4 de abril de 2022 pola que se nomea a Presidencia do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia.

Mediante a Orde da Consellería do Mar do 17 de novembro de 2020 nomeáronse o presidente e os vicepresidentes do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, tras o proceso electoral convocado mediante a Orde do 8 de xullo de 2020.

Como consecuencia da fusión de sociedades por absorción extinguiuse a personalidade xurídica da Presidencia, o que supón a perda dun dos requisitos para ter a condición de vogal do Pleno de acordo co artigo 59.1.g) da Orde do 20 de marzo de 2019 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe protexida mexillón de Galicia e o seu Consello Regulador.

A perda da condición de vogal trae consigo tamén a perda da condición de presidente/a en aplicación do artigo 65.1.f) da devandita Orde do 20 de marzo de 2019.

O 23 de marzo de 2022 procedeuse á xuntanza dos vogais do Pleno do Consello para os efectos de elixir entre os seus membros a persoa que substitúa a actual Presidencia e foi elixido por unanimidade do Pleno a mercantil Calvo Conservas, S.L.U., representada por Manuel María Calvo García-Benavides, segundo certificación emitida polo secretario xeral do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia.

Polo tanto, de acordo coas atribucións que teño conferidas polo Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, e conforme o establecido na Orde do 20 de marzo de 2019 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe protexida mexillón de Galicia e o seu Consello Regulador,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a mercantil Calvo Conservas, S.L.U., representada por Manuel María Calvo García-Benavides no cargo da Presidencia do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia, cuxo mandato será só polo tempo que lle restase ao anterior.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar