Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 24 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANP-LU-0016/2020-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto da notificación foron adoptados pola instrutora do expediente sancionador de Lugo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, número 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 24 de marzo de 2022

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: ANP-LU-0016/2020-V.

DNI: 33558464-S.

Acto notificado: proposta de resolución.