Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22596

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito territorial de Galicia (anexo I) que se ofrecen aos/as aspirantes aprobados/as nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro.

De conformidade co establecido na base décimo sétima da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 15 de marzo) pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios/as ao servizo da Administración de xustiza e na base 8.1.a) da Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado do 27 de xaneiro) pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza,

RESÓLVESE:

Primeiro. Facer pública a relación de prazas do ámbito territorial de Galicia (anexo I), que se lles ofrecen aos/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro.

Segundo. As solicitudes de destino dos/das aspirantes deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza de Galicia, na rúa Madrid 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de vinte días hábiles contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución, de acordo coas seguintes instrucións:

No modelo de instancia poderanse relacionar ata o máximo das prazas ofertadas, indicando o órgano, a localidade, a provincia e a función.

En caso de que non lle corresponda ningún dos destinos especificados desta forma, por non solicitar un número suficiente de prazas, seguirase a orde de preferencia por provincias que os/as interesados/as indiquen no modelo de solicitude.

Dentro de cada provincia, os destinos serán adxudicados pola seguinte orde:

1. Tribunal Supremo e órganos centrais.

2. Tribunais superiores de xustiza.

3. Audiencias provinciais.

4. Fiscalías.

5. Relacións de postos de traballo da oficina xudicial na capital de provincia onde estea implantada.

6. Institutos de medicina legal.

7. Decanatos e servizos comúns.

8. Xulgados de instrución.

9. Xulgados do penal.

10. Xulgados de vixilancia penal.

11. Xulgados de violencia sobre a muller.

12. Xulgados de primeira Instancia.

13. Xulgados do mercantil.

14. Xulgados do contencioso-administrativo.

15. Xulgados do social.

16. Xulgados de primeira instancia e instrución.

17. Xulgados de menores.

18. Xulgados de paz.

19. Relacións de postos de traballo da oficina xudicial na localidade onde estea implantada.

Cuarto. Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida en todo o proceso selectivo.

Quinto. Ningún aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo de presentación.

Sexto. De non formular solicitude de prazas ou non corresponderlle ningunha das solicitadas, será destinado/a, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas.

Sétimo. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso, de acordo coa orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito de Galicia.

Oitavo. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo, equivalente, para todos os efectos, aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste mentres non transcorresen dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos, observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente, no prazo de dous meses, segundo o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2022

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Corpo de auxilio xudicial, quenda libre

Descrición unidade

Función

Localidade

Provincia

Comunidade

Nº de prazas

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (Rex. Civil)

Auxilio xudicial

Ribeira

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Auxilio xudicial

Cambados

Pontevedra

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4

Auxilio xudicial

Cambados

Pontevedra

Galicia

1

ANEXO II

Solicitude de destino para os aspirantes aprobados nas probas selectivas convocadas pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro (BOE do 27.1.2020), quenda libre, para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza

Auxilio xudicial. Quenda libre

Primeiro apelido: ..............................................................................

Segundo apelido: .............................................................................

Nome: ............................................................................................... NIF: ………………………………

Número de orde proceso selectivo

Tfno.:

Correo eléctrónico:

Ámbito territorial en que realizou as probas selectivas:

Destino por orde de preferencia (véxase convocatoria de prazas)

Centro de traballo

orde

Descrición unidade

Función

Localidade

Provincia

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

32

33

34

35

36

37

38

39

40

41

42

43

44

45

46

47

48

49

50

51

52

53

54

55

56

57

58

59

60

61

62

63

64

65

66

67

68

69

70

71

72

73

74

75

76

77

78

79

80

81

82

83

84

85

86

87

88

89

90

91

92

93

94

95

96

97

98

99

100

orde

Órgano

Localidade

Provincia

Función

(Se necesita máis páxinas, faga copia desta)

Provincias por orde de preferencia (véxase a convocatoria de prazas)

1

11

21

2

12

22

3

13

23

4

14

24

5

15

25

6

16

26

7

17

27

8

18

28

9

19

29

10

20

30

O solicitante CONSENTE que o centro xestor do proceso de adxudicación de destino acceda ás bases de datos das administracións, con garantía de confidencialidade e para os exclusivos efectos de facilitar a verificación dos datos de identificación persoal, número de orde obtida na oposición e ámbito territorial de realización das probas selectivas, consignados nesta instancia.

 En caso de non consentir, marque o recadro; neste caso, deberá achegar a documentación acreditativa, todo iso nos termos e prazos previstos nas bases da convocatoria e no resto de normativa vixente.

..........................................., ....... de .............................. de 2022

Servizo de Persoal

Dirección Xeral de Xustiza

R/ Madrid, 2-4 planta 2ª.

15781 Santiago de Compostela