De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e ao ser descoñecido o propietario do predio que se sinala no anexo, a seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia. Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2022/72-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 48.
O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).
Pontevedra, 21 de marzo de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Predio |
Localización |
Referencia catastral |
Municipio |
1 |
Rega |
36055A075003330000UE |
Tui |